palangre
palangre
(
s
m
[PESCA]
Aparello que consiste esencialmente nunha corda longa que pode acadar varios quilómetros, da que colgan outras cordas máis finas, denominadas ramais, cada unha delas provista dun anzol no extremo libre. Sitúanse a diversas profundidades segundo a especie obxecto de pesca e deste xeito poden calarse no fondo (como na pesca da pescada) ou ben na superficie (atún).