"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Teólogo. Coñecido como Ernest Engels e Hilaire Bourdon, procedía do calvinismo, pero despois dunha etapa anglicana converteuse ao catolicismo (1879). Ingresou na orde xesuíta en 1880 e saíu sacerdote en 1891, pero o rexeitamento da encíclica Pascendi ocasionoulle a excomuñón e a expulsión da orde (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Naturalizado estadounidense, foi profesor en Utrecht e Michigan. Fixo investigacións en física nuclear, mecánica cuántica ou estrutura atómica. Creou, xunto con Goudsmit, a teoría do spin do electrón. Recibiu a medalla nacional de ciencia en 1977 e compartiu o premio Wolf en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina rusa. Foi primeira bailarina (1944-1960) e profesora do teatro Bolšoj de Moscova. Caracterizada pola súa excelente técnica e habilidade interpretativa, destacou como bailarina clásica nos ballets Romeo e Xulieta, Crebanoces e A Bela Durminte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sueco de Oulun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Württemberg (1498-1519 e 1534-1550). A súa política fiscal provocou unha revolta campesiña, que concluíu co Acordo de Tübingen (1514), polo que concedeu franquías aos rebelados. Formou parte da Liga de Esmalcalda contra Carlos V pero, vencido, tivo que aceptar o Ínterim de Augsburgo (1548).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a certas manifestacións artísticas e literarias que se apartan dun xeito consciente e voluntario das normas tradicionais e das estruturas establecidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista austríaco. Profesor das universidades de Tübingen e de Colonia, especializouse en lingüística indoeuropea (Die venetischen Personennamen, 1961, Trümmersprachen, 1980) e estudou principalmente as linguas prerrománicas hispánicas, con obras coo Sprachräume und Sprachbewegungen im vorrömischen Hispanien (1961) e Monumenta Linguarum Hispanicarum (1975-1980-1990-1997). Tamén publicou Einführung in die Sprache Homers (1987). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de goberno dos realistas revoltos contra o réxime constitucional, instituído en Urgell en 1822 polo arcebispo de Tarragona Jaume Creus, Bernardo Mozo de Rosales, marqués de Mataflorida e por Joaquín de Ibáñez-Cuevas, barón de Eroles. Proclamaban a volta ao absolutismo, pero o desacordo doutrinal e a falta de apoio de Francia e do Congreso de Verona, así como o triunfo da campaña constitucional de Espoz y Mina en Catalunya, provocaron a súa disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ de Corasmia, Uzbeskistán (139.100 h [1999]), atravesada polo río Amudarja. Foi fundada a mediados do s XVII ao trasladarse, ao territorio que ocupa actualmente, os habitantes da antiga cidade homónima situada a uns 130 km ao NO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e empresario editorial. Director xeral da Papelera Española, fundou a Editorial Calpe e os xornais El Sol (1917) e La Voz, ademais do Instituto Ibis (1919) e a axencia Febus, entre outras iniciativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse en decoración e en cerámica na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Destacan as súas esculturas públicas como a Cigarrera, na praza da Palloza da Coruña (1989); Pescadora, no paseo de Cariño; Sirena de San Amaro, no paseo marítimo da Coruña; ou Maternidad (1988). Foi premiada no I Certamen de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Corgo. A súa orixe relaciónase coa familia López do Corgo (s XVI), aínda que o edificio que se conserva, de estilo barroco, débese ás intervencións dos Valcárcel, sucesores na liñaxe do pazo. O conxunto está formado por un edificio residencial de planta rectangular que tiña unido unha pequena capela empregada como vivenda e que dá acceso a un patio interior ao que se abren o resto das dependencias anexas. Destaca a presenza señorial da fachada moi ornamentada con arcadas, pilastras pegadas e un corpo central cun frontón co escudo de armas dos Neira, Balboa, Miranda e Saavedra e os Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Margrave de Brandeburgo (1308-1319). Ascanio da rama de Stendal-Tangermünde, en 1317 reuniu todo o territorio de Brandeburgo ao se extinguir a rama de Salzwedel-Stargard, e mesmo ampliou os seus dominios cara ao L e o N ao obter, en 1317, o condado palatino de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como madame de Caylus, escribiu Mes Souvenirs (1770), sobre a Corte de Luís XIV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado a 6 km ao L da capital provincial, na comarca de El Páramo (4.400 h [2001]). Destacan na súa economía o cultivo de viñedos e patacas. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta belga. Considerado como un dos máximos representantes do movemento simbolista no seu país, publicou Entrevisions (1897) e La chanson d’Eve (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Formou parte de dúas das expedicións de Cook (1772-1775 e 1776-1780). Escribiu A Voyage of Discovery to the North Pacific and round the World (1798), relato da viaxe que fixo entre 1791 a 1794.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Senador desde 1928, impulsou a creación da ONU (1945), do Plan Marshall (1948) e da OTAN (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Treito, dunha costa ou dun val, con maior pendente.

    2. Arte de pesca que se emprega para a pesca da solla na desembocadura do río Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO