"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na composición de palabras co significado de ‘profundidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Colonizador, militar e político. Explorou o Missouri, estado que representou no Senado como demócrata dende 1820. Foi partidario do escravismo e promoveu o ferrocarril transcontinental. Publicou Thirty years view of the american history. 1820-1850 (A perspectiva de trinta anos de historia americana. 1820-1850, 1854-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor norteamericano. Pintou o Medio Oeste americano cun estilo realista aínda que expresivamente deformado. Foi o abandeirado da escola rexionalista do segundo cuarto de século (Boomtown, 1928; July May, 1943). Cultivou tamén a pintura mural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao bentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila nativa coloidal constituída principalmente por montmorillonita, con abundantes impurezas, procedente da meteorización de materiais volcánicos. É moi absorbente e emprégase como decolorante para emulsionar aceite e asfalto, como aditivo alimentario, como diluínte de produtos fitosanitarios, e como carga e abrasivo en diversos produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais peláxicos que se desprazan periodicamente polas proximidades dos fondos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organismos que habitan sobre os fondos das masas de auga tanto continentais como mariñas, fixos, soterrados no substrato ou desprazándose pola superficie. Comprende comunidades de estrutura complexa e moi estable, e que, en maior ou menor grao, dependen doutras comunidades menos estruturadas pero máis produtivas como o plancto. Divídese en tres zonas: o epibentos, que comprende dende o límite coa superficie ata os 180 m de profundidade; o mesobentos, entre os 180 e os 1.000 m; e o hipobentos por debaixo dos 1.000 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sedimentos mariños constituídos pola acumulación de animais ou vexetais bentónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido benzoico.

    2. Éster bencílico do ácido benzoico, compoñente principal dos bálsamos de Perú e de Tolú. Emprégase como axente plastificante, en perfumería e en medicina.

    3. benzonaftol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das designacións farmacéuticas do benzoato de β-naftilo. Emprégase como desinfectante do tubo dixestivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá do apelido Berbetouros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa orixe na freguesía de Berbetouros, concello de Palas de Rei, nome que colleron por apelido. Nos tratados heráldicos este apelido adoita aparecer coa forma correspondente castelá Berbetoros. Adquiriron gran patrimonio e poder en Portomarín, sobre todo trala decadencia dos Piñeiro e entroncaron cos marqueses de Bóveda de Limia. Levan como armas: en campo de ouro, un piñeiro arrincado de sinople e flanqueado por dous touros enfrontados en actitude de acometerse. Outra variante trae: en campo de ouro, unha árbore de sinople, terrazado do mesmo esmalte, acompañado de dous touros de sable, pasantes e enfrontados, un a cada lado e superado dunha ave da súa cor. Outros usan, en campo de goles, unha estacada de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Conde de Berchtold. Foi ministro de Asuntos Exteriores entre 1912 e 1915, dende onde promoveu a intervención austríaca nos Balcáns e o acordo co Imperio Alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista, compositor e editor. Foi promotor e fundador de orfeóns, do mesmo xeito que fixeron Xoán Montes, Pascual Veiga e Chané nesa época, co fin de defender e divulgar o noso folclore musical. En 1854 fundou o primeiro establecemento musical de Galicia. Foi o primeiro e segundo director do Teatro Principal da Coruña (1861-1862), e a partir de 1863 converteuse en protector dos músicos galegos, dedicándose á edición das súas obras; así, editou os Cantares viejos y nuevos de Marcial del Adalid, e obras de Pedrell e Montes. Na faceta de compositor podemos citar a muiñeira Alfonsina, a zarzuela nun acto La luna de hiel, a canción Un sospiro, inspirada nun texto poético de Manuel Martínez González, a peza O día en que saín da patria miña e numerosas melodías e himnos. Foi alcalde da Coruña, membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1879) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Estudiou xornalismo. Comezou no mundo do teatro e da televisión. Foi nominado ao Oscar pola súa interpretación como sarxento Barnes en Platoon (1986). Participou tamén nos filmes: The Sentinel (A sentinela, 1977), The Dogs of War (Os cans da guerra, 1980), Born on the Fourth of July (Nacido o catro de xullo, 1989), Shattered (A noite dos cristais rotos, 1991), Sliver (Acosada, 1992), The Substitute (O substituto, 1996) e Shadow of Doubt (Sombras de sospeita, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo francés. Aplicou as regras da Dialéctica á Teoloxía. Na doutrina da Eucaristía sostivo que na transubstanciación non desaparecía a substancia do pan e do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista, autor do atentado contra o Tsar Alexandre II na Exposición de París (1867). Foi condenado a vinte anos de traballos forzados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo francés. Como outros filósofos consideraba que o problema epistemolóxico complicaba o problema ontolóxico. A súa primeira obra importante foi o ensaio Les conditions de l’intelligibilité et le problème de Ia contingence (As condicións da intelixibilidade e o problema da continxencia, 1925). Preocupado pola caracteroloxía, destacou polos seus estudios sobre o carácter e sobre a noción de prospectiva, sobre os que publicou varias obras, entre as que destaca o Traité pratique de l’analyse du caractère (Tratado práctico de análise do carácter, 1950). Postumamente publicouse L’homme moderne et son éducation (O home moderno e a súa educación, 1962), onde expuña a súa teoría educativa.

    VER O DETALLE DO TERMO