"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Mamífero que pertence aos xéneros Manis e Phataginus, da familia dos mánidos e que presenta a cabeza, o lombo, a cola e a cara externa das patas recubertos de escamas epidérmicas colocadas a xeito de tellas. A cabeza é pequena e a lingua longa, estreita e protráctil, coa que captura formigas e térmites, e carece de orellas e de dentes. É un animal lento, con potentes garras nas patas anteriores e que se despraza sobre as patas traseiras empregando a cola como contrapeso e pode envolverse sobre si mesmo formando unha bóla. Comprende 7 especies de distribución africana (zona tropical) e asiática (zona suroriental).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles e vehículos militares, unha das máis antigas e importantes de Europa. Foi fundada polos enxeñeiros René Panhard e Emile Levassor en 1889. Fabricou o seu primeiro automóbil en 1891 e foi absorbida por Citroën en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou petencente ao panhelenismo.

    2. Relativo ou pertencente a Grecia e aos seus habitantes.

    3. Catro festas nacionais dos gregos (os xogos olímpicos, píticos, ístmicos e nemeos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político grego que, despois da Guerra de Independencia (1829), pretendía estender o dominio territorial grego ás antigas colonias de Asia Menor e da rexión balcánica. Este propósito converteuse nunha realidade ao rematar a Primeira Guerra Mundial durante o goberno de E. Venizelos, pero a resposta de Turquía provocou a derrota grega en 1922. Ao ano seguinte o Tratado de Lausanne puxo fin aos anhelos panhelenistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panhelenismo.

    2. Seguidor do panhelenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome fisiopatolóxica que se caracteriza por un conxunto de signos e síntomas que revelan o fracaso na secreción das hormonas elaboradas na adenohipófise, con atrofia e hipofunción consecutiva das glándulas endócrinas que están baixo a súa influencia. As súas causas máis importantes son a necrose isquémica hipofisaria por shock hemorráxico posterior ao parto e a destrución hipofisaria producida por tumores cromófobos, por craniofarinxiomas, por granulomas infecciosos e por traumatismos craniais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Simmonds ou síndrome de Sheehan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao deus Pan.

    2. Aplícase ao medo irracional e extremo que invade a unha persoa ante unha situación de perigo, real ou imaxinaria, e que a miúdo é de carácter colectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   cincografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia composta en forma de acio, que está constituída por un eixe con ramas que se ramifican de novo en acios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está disposto en panícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á panícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante a unha panícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación do panículo adiposo.

    2. enfermidade de Weber-Christian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido adiposo que se acumula no conxuntivo subcutáneo. Ten unha grande importancia como illante e como reserva. Nalgúns animais (mamíferos mariños, por exemplo) está especialmente desenvolvido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das poáceas, que presentan rizoma e talo ergueito, follas dísticas, planas e cunha lígula membranosa, e inflorescencia disposta en panícula con dúas flores. En Galicia está presente en solos húmidos e areosos, especialmente preto do mar a especie P. repens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • panificable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser panificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos físicos, químicos e bioquímicos que teñen lugar na transformación en pan dunha mestura de fariña, auga, sal e lévedo, e en determinados casos outros ingredientes, cando é sometida a unha combinación de traballo mecánico e repouso, a unha temperatura de 25-27°C e durante un tempo previsto, ata a saída do forno ao rematar a súa cocción. Tras deixar fermentar a masa comeza a división, a amasadura e a formación das pezas. Cando estas están xa maduras e ben esponxosas entran no forno, a uns 230-250°C, segundo o tipo de pan. Sucesivamente, e mentres se expande o gas carbónico producido pola fermentación, morre o lévedo, xelatiniza o amidón, destrúense os enzimas, coagulan as proteínas e queda fixada definitivamente a textura do miolo, sen que chegue a exceder os 100°C. O vapor de auga inxectado no forno no momento oportuno axuda ao dextrinado da superficie do pan e á reacción de Maillard entre os azucres e as proteínas, o que dá lugar á cor dourada da codia. Ao cabo de 30-40...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de instalacións totalmente mecanizadas que se destinan á fabricación de pan en grandes cantidades.

    VER O DETALLE DO TERMO