"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de aplicar o pantógrafo.
-
-
Instrumento que serve para copiar, ampliando ou reducindo a vontade, un plano, un mapa, ou en xeral un debuxo calquera. Está constituído por catro regras articuladas formando unha reixa. Unha das regras ten un punto que permanece fixo, outra está provista dun estilete con que se segue o debuxo orixinal que se quere copiar, e unha terceira ten un lapis que vai debuxando a copia do orixinal.
-
Estrutura metálica articulada, con forma de paralelepípedo, que sostén o arco de catenaria nalgúns sistemas de tracción eléctrica e asegura o contacto permanente co cable de contacto da catenaria mediante un sistema de resortes.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado na comarca de La Sagra, ao NL de Toledo (2.773 h [2001]). A elaboración de aceites e fariña, xunto coa fabricación de materiais de construción, son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Alonso Sánchez Coello, substituíuno como pintor de cámara do rei (1596) e especializouse nos retratos reais. O seu estilo, na liña de Antonio Moro, influíu na arte da corte de Filipe IV. Cultivou tamén a pintura relixiosa, dentro da corrente manierista derivada de Navarrete e Tiziano. Pintou Fray Hernando de Rojas, El caballero santiaguista, numerosos retratos de Filipe II e San Agustín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Debutou con sete anos nun tablao flamenco e dedicouse por completo ao mundo da copla e do folclore. Da súa discografía destacan Que dile y dile (1975), Marinero de luces (1985), Se me enamora el alma (1989), Amor eterno (1996) e Buena suerte (2004). Ademais, protagonizou as películas Yo soy esa (1990) e El día que nací yo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Isabel Pantoja Martín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se utiliza en topografía para medir ángulos horizontais. Está formado por un cilindro vertical dividido en dúas partes, segundo un plano horizontal, que poden xirar unha respecto da outra, con cadansúa parella de fendas que serven para orientalas nunha dirección determinada. O ángulo que forman as direccións en que están orientadas ambas as dúas partes vén dado por unha escala graduada situada na xunta entre esas partes.
-
-
Representación escénica muda que se basea no xesto e na expresión corporal, frecuentemente acompañada de música. En Grecia era un simple accesorio da danza, e entre os romanos, malia que o mimo era famoso grazas ao tráxico Pílades de Cilicia e ao cómico Batilo de Alexandría, non se estableceu na súa forma definitiva ata a época de Augusto. Ocupou un lugar preeminente na Commedia dell’Arte, sobre todo con Arlequín e Colombina. A ópera cómica do s XVIII tomou dela moitos elementos, e foi J. G. Noverre (1727-1810), director das festas na corte francesa, quen lle devolveu a súa rigorosa natureza de espectáculo sen canto e sen fala. Máis tarde chegaron as formas estilizadas e decorativas de I. Stravinskij, S. Prokof’ev e O. Respighi. Pantomimas famosas son a Petruska de I. Stravinskij ou El sombrero de tres picos de Falla. Xa ben entrada a segunda metade do s XX recuperou as súas características, diferenciándose claramente da danza e do ballet, e centrándose rigorosamente no...
-
Representación que se fai con ánimo de enganar.
-
Acción ou actitude finxida para enganar a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pantomima ou ao pantomimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que representa unha pantomima.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Pantón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Terra de Lemos, situado na provincia de Lugo no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 30’ 40’’ de latitude N e 7° 37’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello do Saviñao (comarca de Terra de Lemos), ao L cos de Monforte de Lemos e Sober (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos), ao S cos de Sober e Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense) e ao O cos de Carballedo e Chantada (ambos os dous na comarca de Chantada). Abrangue unha superficie de 143,2 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.073 h (2007) distribuídos nas parroquias de Acedre, Atán, Cangas, Castillón, Deade, Eiré, Espasantes, Ferreira de Pantón, Frontón, Mañente, Moreda, Pantón, Pombeiro, Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Següín, Serode, Siós, Toiriz, Toldaos, Tribás, Vilamelle e Vilar de Ortelle. A súa capital está no lugar do Castro de Ferreira, na parroquia de Ferreira de Pantón, a 138 km de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto que contén, en forma de clorhidratos, todos os alcaloides do opio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte exterior do fondo dun buque, comprendida entre a quilla e os costados verticais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo pecizal que presenta un carpóforo de cabeza oval, acuminada e oca con pregaduras lonxitudinais anastomosadas que forman alvéolos, semellantes aos dunha colmea, de cor parda escura. Ten un longo pé oco, duns 10-15 cm, de cor branca e aspecto graúdo fariñento.
-
-
Calquera sal ou éster do ácido pantoténico.
-
Substancia en forma de pos brancos, higroscópica, inodora, amarga e soluble na auga. É termolábil e un compoñente do coenzima A.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente do complexo vitamínico B. É o factor antidermatítico do polo e un factor de crecemento de lévedos e bacterias. É compoñente do coenzima A e como tal intervén no proceso metabólico dos glícidos, e tamén é necesario para a síntese de ácidos graxos, esterois e hormonas esteroides. É un líquido aceitoso amarelo, soluble na auga e nos disolventes orgánicos. Emprégase en medicina e en nutrición en forma de sal cálcico.
-
-
Relativo ou pertencente aos pantoterios.
-
Mamífero da infraclase dos pantoterios.
-
Infraclase de mamíferos, da subclase dos terios, de dimensións pequenas ou medianas, que presentan dentes pequenos e incisivos. Son animais carnívoros ou insectívoros. Viviron durante o Mesozoico e probablemente eran moi próximos ao tronco que deu orixe a todos os terios vivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pan elaborado con fariña de trigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se encontra en todas as rexións tropicais do mundo.