"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que paraliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Foi decano do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1988-1996 e desde 2000) e presidente da Autoridade Portuaria da Coruña (1982 e 1996-1999). Presidiu o Partido Demócrata Liberal en Galicia e foi membro do comité executivo nacional (1982-1989). Foi deputado no Parlamento de Galicia por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños (1986-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo, coa dignidade de cardeal, da catedral de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como fabriqueiro, capelán maior e xuíz privativo eclesiástico do Hospital Real e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago de Compostela e das escolas de Artes e Oficios e Debuxo (1784) e restaurou o antigo Colexio de Fonseca. Carlos III presentouno para o bispado de Lugo en 1785, aínda que morreu antes de tomar posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Val do Dubra. Realizada en granito durante o s XIII, ten unha nave e ábsida rectangulares. Destaca a ventá da cabeceira, de estilo románico e enmarcada por un arco de medio punto, cunha arquivolta axadrezada, e dúas columnas con capiteis vexetais. A sancristía, pegada ao muro meridional, é da época da restauración da igrexa (1646).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de América do Sur, que en parte sinala o límite entre Brasil e Paraguay, e entre Paraguay e Arxentina. Fórmase pola unión dos ríos Grande e Paranaíba, que se orixinan no altiplano de Brasil. No tramo brasileiro presenta as características dun río de altiplano, con dúas series de cataratas: o salto do Urubupungá e o salto de Sete Quedas. Os afluentes pola esquerda (Tietê, Paranapanema, Ivaí, Iguaçú) presentan tamén numerosas cataratas, das que destacan as do Iguaçú. En Corrientes, recibe as augas do seu grande afluente, o Paraguay. Entre Santa Fe e Rosario o río modifica a súa dirección e atravesa La Pampa, antes de chegar a unha especie de delta interior que precede ao esteiro de Río de La Plata, onde desemboca, tras un percorrido de 3.700 km. É unha importante vía navegable; os barcos oceánicos de tonelaxe regular poden chegar a Rosario e Santa Fe, os de rexistro inferior chegan a Corrientes e os máis pequenos poden chegar ata Paraguay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Entre Ríos, Arxentina, na rexión Litoral, situada na beira esquerda do Paraná (256.602 h [1999]). É un porto de exportación de cereais, gando bovino e produtos de gandaría ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do S de Brasil, comprendido entre os de São Paulo ao N e Santa Catarina ao S (199.709 km2; 9.563.458 h [2000]). A súa capital é Curitiba. O territorio comprende unha pequena rexión costeira no Atlántico, coas baías de Paranaguá e de Guaratuba. A serra do Mar separa esta zona do altiplano interior. Cómpre diferenciar varios sectores no altiplano: un sector oriental, inmediato á serra do Mar; a plataforma de Curitiba, a parte máis habitada e máis antigamente colonizada; a plataforma dos Campos Gerais, ao N do val do río Itararé; e a plataforma de Guarapuava, a máis extensa e atrasada do territorio. A actividade agrícola é o principal recurso económico do estado. O predominio do café ocasiona unha submisión da economía do estado ás variacións do curso do mercado mundial. A industria concéntrase arredor dos principais núcleos urbanos e nela predominan os sectores alimentario e químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Brasil que baixa da serra da Canastra e que, xunto co río Grande, forma o Paraná, despois dun percorrido de 800 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada na costa sudoriental da baía de Manila (308.000 h [1990]). A expansión urbana de Manila converteuna nun suburbio meridional desta cidade. Son tradicionais os bordados a man. O aeroporto internacional de Manila está nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira dereita da ría de Muros e Noia, situada na parroquia de Esteiro (Muros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. Nas súas novelas e ensaios exaltou o humanismo e os valores da civilización occidental. Destacan as súas novelas Dysk olimpijski (O disco olímpico, 1932) e Niebo w plomieniach (O ceo en chamas, 1935), así como os ensaios Godzina śvódziemnomorska (Horas mediterráneas, 1949), Zegar slonenczwy (As horas do sol, 1953) e Petrarka (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feluxe ou capa negra que o fume e a graxa van formando na cheminea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás manifestacións sistémicas que aparecen en enfermos cancerosos, que teñen unha evolución relacionada coa do cancro, pero sen ningunha clase de relación anatómica directa con este nin coa metástase. Unha vez extirpada a neoplasia, adoitan desaparecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barreira que se constrúe á beira dunha vía de montaña, para impedir ou limitar a invasión da plataforma pola neve impulsada polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comparación ou semellanza que se establece entre dúas cousas ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter tipográfico de 20 puntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer comparación dunha cousa con outra.

    2. Xustificar nunha liña as letras, adornos, signos, etc, de corpos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa, amiga do noivo, que na Antigüidade ía buscar a noiva á casa de seus pais para levarlla ao noivo.

      2. Persoa que apadriñaba un casamento.

      1. Persoa que anunciaba o comezo do curso nas universidades e que estimulaba ao estudo cunha oración retórica.

      2. Salón dalgunhas universidades ou doutros centros de ensino en que se inaugura o novo curso ou se realizan outros actos que revisten carácter solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra da lareira que se emprega para tornar a borralla.

    2. Estante aberto da cociña sobre o que se poñen cousas.

    3. Pedra, en forma de viseira, que leva o forno na boca ou na porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Regueiro (Boborás). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO