"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • PERSOEIRO

    Músico. Coñecido como Vangelis, comezou a súa carreira musical no grupo pop Formynx para logo pasar a formar parte de Aphrodite’s Child, xunto a Demis Roussos e Loukas Sideras. Xa en solitario, desenvolveu un estilo moi persoal e próximo á new age, feito que lle valeu o recoñecemento internacional. Os seus contactos co mundo do cine foron continuos, e destacou a súa participación en filmes como Chariots of Fire (1981, Oscar á mellor banda sonora orixinal), Blade Runner (1982), 1492: Conquest of Paradise (1992) e Alexandre (2004). Da súa discografía destacan Earth (1973), Direct (1988) e Mythodea (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa lírica, unha viva experiencia mística do catolicismo, pode considerarse como un dos fitos da moderna literatura neogrega. A súa obra recompilouse en Escolma I (1934) e Escolma II (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoguete infantil feito de papel ou tea e suxeito a unha armazón lixeira, que se eleva no aire aproveitando a acción do vento e que se dirixe cunha corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das papaveráceas, ao que pertencen as especies P. rhoeas (papoula) e P. somniferum (durmideira ou herba de cura).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á corola dialipétala con catro pétalos sen unlla e dispostos en dous verticilos dímeros.

      1. Relativo ou pertencente ás papaveráceas.

      2. Planta da familia das papaveráceas.

      3. Familia de plantas herbáceas laticíferas, que presentan follas alternas, divididas ou profundamente lobuladas, flores hermafroditas, actinomorfas e habitualmente hipóxinas, con dous sépalos e catro pétalos, e froitos en cápsula. Son propias sobre todo das rexións temperadas boreais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se extrae do opio, cunha estrutura que foi establecida por Goldschmidt en 1888. É altamente tóxico e emprégase en medicina como antiespasmódico musculotrópico e como vasodilatador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagoga francesa. Seguidora da obra de F. W. Fröbel, foi pioneira da escola maternal francesa, dirixiu un asilo para nenos e a École Normale Maternelle de París. A súa pedagoxía baseábase na educación dos sentidos, o amor e a educación moral, e propugnaba que os centros de beneficencia deberían transformarse en centros de educación. Escribiu Conseils sur la direction des salles d’asile (1846), Enseignement pratique dans les écoles maternelles ou premières leçons à donner aux petits enfants (1849), Histoire et leçons de choses pour les enfants (1860) e Cours d’éducation et d’instrution primaire (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Polinesia Francesa, situada en Tahiti (25.553 h [1996]). É un centro turístico, administrativo, comercial e porto moi activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. papada.

    2. parotidite.

    3. bocio.

    4. Tumor do gando, principalmente do vacún.

    5. Enfermidade da pita pola que se lle enche de auga o bucho.

    6. herba do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle gustan moito as papas.

    2. Recipiente en que se fan as papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de periodicidade irregular aparecido na Coruña a partir de agosto de 1988. Editado pola asociación ANABAD-Galicia, tentou converterse na canle de comunicación de todos os seus asociados e profesionais dedicados á defensa e conservación do patrimonio histórico. Ademais de información relacionada con congresos e actividades de ANABAD, incluíu novas sobre diversos arquivos, bibliotecas e museos da Comunidade Autonóma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Documento escrito que proba a identidade dunha persoa, a validez dunha cousa ou unha autorización.

      2. papel de oficio

        Papel timbrado que o estado facilita a tribunais e procuradores para empregalo en determinadas actuacións.

      3. papel timbrado/selado

        Papel impreso co selo do Estado, que se usa na redacción dalgúns documentos oficiais.

      1. Documento negociable que representa un valor en diñeiro.

      2. Conxunto de valores mobiliarios que se negocia nun mercado.

      3. papel de pagos

        Papel timbrado polo Ministerio de Facenda para facer pagamentos ao Estado.

      4. papel do Estado

        Documentos que emite o Estado recoñecendo créditos a favor dos seus posuidores.

      5. papel moeda

        Billete de banco utilizado como medio de pagamento.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla de poesía publicada en Mondoñedo entre 1933 e 1935 (nº5). Subtitulouse “Oficina lírica do Leste galego” e estivo promovida por Álvaro Cunqueiro. Cunha tiraxe mínima, apenas 30 ou 40 exemplares distribuídos como agasallo, pretendeu dar a coñecer mostras da lírica da nova xeración. Impresa nun obradoiro de Ribadeo con follas de distintas cores, recolleu poesías de carácter tradicional de diferentes autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1829. Cesou en 1839. Impresa por Pascual Arza nos seus obradoiros, foi un xornal sen periodicidade fixa, pois a súa saída estaba motivada polas circunstancias. Incluíu as informacións máis relevantes do momento. A partir de 1837 editouno Francisco Arza, fillo de Pascual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de papeis, documentos e trámites que hai que presentar para resolver un determinado asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tenda onde se vende papel e obxectos de escribir e debuxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente que se emprega para botar nel os papeis que non serven.

    2. Fábrica de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao papel.

    2. Persoa que fai ou vende papel.

    VER O DETALLE DO TERMO