"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático. De influencia simbolista e decadentista, colaborou posteriormente no grupo modernista Orpheu e nas revistas Atlântida e Águia. Da súa obra destacan os contos de Serão inquieto (1910) e o libro de poemas Poesias (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Considerado tradicionalmente como o apóstolo e patrón de Irlanda, aos 16 anos foi capturado por piratas e levado a Irlanda. Tras seis anos de cativerio, fuxiu e regresou a Francia, onde pasou algúns anos e se ordenou sacerdote antes de emprender a evanxelización de Irlanda, á que dedicou o resto da súa vida. Participou na loita antipelaxiana e para defenderse das acusacións destes, escribiu Confessio. Na súa iconografía represéntase con vestiduras episcopais, coa mitra e a cruz. Como atributos leva unha cruz de dobre traveseiro e serpes baixo os seus pés ou enroscadas na base da súa cruz. A súa festividade celébrase o 17 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 16 de xullo de 1809. Cesou o 29 de xaneiro de 1812. Continuador de Diario de Santiago, suspendido tras a invasión francesa, comezou sendo un diario de información xeral en que primaba a información lexislativa. A partir de 1810 comezou a defender as ideas liberais e foi suspendido entre maio e xullo de 1810.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen segue o modalismo segundo Tertuliano. Negaban a Trindade, e facían de Xesús Cristo e o Pai unha soa persoa: o Pai, entón, sufrira tamén a Paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1903 polas Escuelas Populares Gratuítas, baixo a presidencia de Alfredo Bermúdez de Castro. As súas actividades abarcaron os campos relixioso, instrutivo, económico e recreativo, e dirixíronse tanto ao persoal da clase obreira, como a membros da burguesía e da nobreza. Os seus fins eran a protección dos obreiros cunha base relixiosa católica, e abranguían actividades culturais e recreativas. Desapareceu na década de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (1.940 km2; 594.367 h [2000]). A súa capital é Pattani (43.444 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Adelina Patti e filla do tenor italiano Salvattore Patti e da soprano Caterina Chiesa Barilli-Patti, percorreu os principais escenarios musicais do mundo, sobre todo os de Londres, Madrid, Milán, Nova York e París, onde interpretou papeis de óperas de G. Donizetti, G. Verdi e G. Rossini. Especialmente brillante nos papeis de coloratura, está considerada como unha das sopranos máis importantes do s XIX. Tras a súa retirada (1906), no seu castelo de Craig-y-Nos construíu un teatro para realizar actuacións privadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Militante comunista desde 1921, refuxiouse na antiga Rusia. En 1944 foi secretaria xeral do Partido Comunista Romanés e en 1947 ministra de Asuntos Exteriores, ata que en 1952 foi destituída de todos os seus cargos, acusada de desviacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na Revolución de 1868 e foi elixido deputado en 1869, pero uniuse ao grupo de republicanos descontentos e dirixiu unha partida republicana en Andalucía (1869). Acusado de instigador do asasinato do xeneral Prim i Prats, exiliouse a América e Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. Foi discípulo en Leipzig de G. Curtius e de A. Leskien. Membro do grupo dos neogramáticos, sintetizou o ideario do movemento. Unha boa parte da súa obra, tanto a xermanística como a de lingüística xeral, segue vixente. Publicou Principien der Sprachgeschichte (Principios de historia da lingua, 1880), Deutsches Wörterbuch (Dicionario alemán, 1897) e Deutsche Grammatik (Gramática alemá, 1916-1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudou nas universidades de Berlín e de Kiel. Na década de 1950 desenvolveu unha técnica para atrapar ións nunha trampa electromagnética durante longos períodos de tempo, que permitiu abrir novos campos de investigación na espectroscopia atómica. Esta técnica permite illar átomos, excitalos con feixes de láser e estudar o seu espectro de enerxía. Foi director da división nuclear de física da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN, 1965-1967). Recibiu o Premio Nobel de Física (1989) xunto a H. G. Dehmelt e N. F. Ramsey, por estas investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi lapidada en Málaga, xunto con san Ciríaco. Iconograficamente represéntase vestida con túnica e manto (virxe), coa palma do martirio e varias pedras recollidas no seu manto, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 3 ou o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Patricia romana, foi monxa en Palestina unha vez viúva. Fundou en Belén un mosteiro feminino. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Rascafría (Madrid). Fundado en 1390 por Xoán I, foi incorporado á orde cartuxa e contribuíu coas súas fundacións á difusión desta en Castela e Andalucía. Doado aos monxes de Valvanera (Logroño) en 1954 e 1957, chegou a ser priorado beneditino independente. Desde entón tivo unha relación intensa con Montserrat. Foi declarado BIC en 1876.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e ensaísta francés. En 1920 converteuse en secretario de La Nouvelle Revue Française, da que foi director (1925-1940, 1953). Fundou a publicación clandestina Les lettres françaises (1941) e foi un dos activistas máis importantes da Resistencia francesa. A súa obra caracterízase polo paradoxo e a análise da linguaxe, con certos trazos irónicos. Escribiu ensaios críticos e contos enigmáticos, dos que destacan Le guerrier appliqué (1915), Clef de la poésie (1944) e Les paroles transparentes (1955). Membro da Académie Française (1963), recibiu a Légion d’Honneur e o Grand Prix de Littérature de l’Académie Française (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Múnic, foi axudante nas universidades de Göttingen (1921) e Copenhaguen (1922), e profesor de física teórica no Eidgenössische Technische Hochschule de Zúric (1928), despois en Princeton (1940) e novamente en Zúric (1946). Especializouse en física atómica. Xunto con Heisenberg creou a teoría cuántica dos campos, e con Fermi emitiu a hipótese da existencia dos neutrinos. É coñecido sobre todo polo seu principio de exclusión (1925), polo que recibiu o Premio Nobel de Física (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade que a lei outorga ao acredor para solicitar que se declare ineficaz o acto que o debedor realice e que pon en perigo o cumprimento da obriga por parte do debedor. Esta acción xa estaba contemplada no dereito romano e facultaba aos acredores para poder anular os actos de transmisión de bens feitos maliciosamente polos debedores, en prexuízo deles. Os glosadores déronlle este nome porque figuraba nun fragmento do xurisconsulto Paulo nas Pandectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paulicianos.

    2. Membro dunha seita do Imperio Bizantino que era orixinaria de Mannali, Asia Menor, e cuxa primeira comunidade se estableceu en Armenia (s VII). Perseguidos, algúns pasaron ao Islam e outros, refuxiados en Bulgaria, confundíronse cos bogomilos. A doutrina, dualista, atribúe a creación a un deus malvado. Negaban tamén a realidade do corpo de Xesús Cristo e, con Marción, refusaban todo o Antigo Testamento. Exerceron influencia nos cátaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Gramático na escola da corte de Carlomagno, participou na loita contra o adopcionismo e escribiu un Libellus sacrosyllabus contra Elipandum, dirixido contra Elipando de Toledo e os adopcionistas; tres libros Contra Felicem Urgellitanum episcopum e un Liber exhortatorius. A súa festividade celébrase o 9 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO