"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Mariño e político. Delegado territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990), participou na redacción da Lei de Pesca de Galicia e foi director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Foi vicepresidente do consello de administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) e do Patronato do Museo de Pontevedra. Alcalde de Pontevedra polo PP (1995-1999), foi vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Despois de proclamarse campión de España de minimotos (1998), debutou no campionato do mundo en 125cc no GP de Xapón (2001). Converteuse no piloto máis novo en conseguir dous títulos mundiais ao gañar o título de 125cc (2003) e o de 250cc (2004) con 19 anos, malia as graves lesións sufridas nunha caída da moto. No 2005 volveu proclamarse campión do mundo, tamén lesionado. Ese mesmo ano comeza a súa etapa en MotoGP co equipo Repsol Honda. A primeira vitoria nesta categoría conséguea no Gran Premio de China (2006), chegando a quedar quinto na clasificación xeral desa tempada. Na tempada 2007 sube ao segundo posto, e nos anos 2008 e 2009 remata terceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Foi delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Pontevedra (1993-1994), deputado no Parlamento de Galicia na V lexislatura (1993-1997), director xeral de Relacións Laborais (1994-1997) e secretario executivo da organización do PP en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Especialista en salto de lonxitude, gañou en cinco ocasións o Campionato do Mundo en pista cuberta (Toronto 1993, Barcelona 1995, París 1997, Maebashi 1999 e Lisboa 2001) e en catro o Campionato do Mundo ao aire libre (Göteborg 1995, Atenas 1997, Sevilla 1999 e Edmonton 2001). Ademais, obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Narón. No lugar houbo un mosteiro fundado por Munia Fróilaz en 1111. Ten planta rectangular cunha única nave. Realizada en cachotaría e con pedra nos esquinais e nos vans, destaca a fachada principal, onde se concentra a ornamentación. Está dividida en tres panos e conta cunha torre campanario central rematada con cúpula e pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rodeiro. De época románica aínda que con reformas posteriores, ten planta rectangular e ábsida máis reducida. Na parte sur do presbiterio engadíuselle unha sancristía acaroada. Na fachada destaca a porta con arco de medio punto con decoración e capiteis decorados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador de probable orixe galega. As súas cantigas de escarnio non conteñen datos históricos suficientes para saber onde desenvolveu a súa actividade, agás unha referencia nunha cantiga de amigo ao mosteiro de Nogueira, na provincia de Pontevedra. Algúns estudosos identificárono co xograr que se menciona na documentación sobre unha persoa, Urraca, muller dun xograr coñecido como Pedro Anes e tamén porque interpretan o seu apelido Solaz como un alcume xograresco. Aínda así, para outros o apelido poderá derivar do toponimo galego do mesmo nome e xunto co lugar que ocupan os seus textos no que constitúe un vestixio do Cancioneiro Aristocrático levan a pensar que foi un trobador. Da súa obra, repartida entre os tres principais cancioneiros, consérvanse sete composicións, divididas en catro cantigas de amor, localizadas no Cancioneiro da Ajuda, e reducidas a dúas nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana e Biblioteca Nacional de Lisboa, e tres de amigo. Das primeiras...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
apegañar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
apegañoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
apegañoso.
-
FILOSOFOS
Filósofo e científico estadounidense, fillo de Benjamin Peirce. Editou e ampliou a obra de seu pai, Linear Associative Algebra (1882), e tamén Studies in Logic, de diversos membros da John’s Hopkins University. Está considerado como un dos fundadores do pragmatismo e a súa obra recolleuse no libro Collected Papers of Charles Sanders Peirce (1931-1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarcosindicalista. Encargouse da secretaría do comité nacional da CNT para reorganizar o sindicato (1922 e 1928-1929). Entre 1924 e 1925 traballou a prol da definición do contido ideolóxico da CNT, cunha nova concepción da acción directa e do federalismo, e, neste sentido, publicou Trayectoria de la Confederación Nacional del Trabajo (1925). Foi o principal inspirador ideolóxico do trentismo e dos sindicatos da oposición e un dos fundadores da Federación Sindicalista Libertaria. Foi ministro de Industria (1936) no goberno de Largo Caballero. En 1939 exiliouse, pero foi detido pola Gestapo e encarcerado en Valéncia, onde foi condenado a morte e fusilado. En Galicia, as súas teses favorables aos sindicatos de industria estendéronse amplamente. O seu vínculo co anarcosindicalismo galego comezou en 1928, cando, con Ángel Pestaña Núñez, integrou a Xosé Villaverde no grupo libertario Solidaridad e acordaron editar en Vigo o semanario Despertad!
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. De orixe románica (s XII), foi reconstruída no s XVIII. Ten planta de cruz latina á que se engadiu outro corpo para a sancristía e a torre. A portada é románica con tres arquivoltas, apoiadas sobre columnas de capiteis decorados, que rodean o tímpano con altorrelevos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Xava, Indonesia, situada na parte N da illa (301.504 h [1995]). É un porto importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista finlandés. A súa obra reflicte os problemas do proletariado finlandés e denuncia a súa explotación. Destacan as novelas Tehtaan verjossa (Á sombra da fábrica, 1932), Ihmisten kevät (Homes en primavera, 1935) e Lapsuuteni (A miña nenez, 1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, ocultista e crítico de cine francés. Coñecido como Sâr Mérodack, fundou a Ordre du Temple de la Rose-Croix. Experimentou coas doutrinas cabalísticas, que expuxo nas súas novelas, unhas traxedias ben estruturadas de prosa poética. Nas súas críticas de arte combateu o naturalismo. Das súas obras destacan Oedipe et le Sphinx e Seramis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen presenta un aspecto sucio e descoidado que denota pobreza.
-
PERSOEIRO
Artista de teatro. Arrepentida da súa profesión, marchou disfrazada de home a Xerusalén, onde levou unha vida austera e de penitencia. Represéntase ricamente vestida con túnica e manto ou con traxe medieval, e cun luxoso colar. Como atributos persoais porta un botafumeiro e a máscara dos comediantes. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina do monxe Pelaxio que parte dun optimismo natural en canto á capacidade absoluta da vontade para evitar o mal e facer o ben. Afirma que a graza é unha axuda extrínseca para obrar o ben, máis facilmente, pero de ningún xeito é necesaria para a salvación. Nega o pecado orixinal e, en consecuencia, nega tamén a necesidade do bautismo dos nenos e a eficacia da penitencia.
-
-
Relativo ou pertencente a Pelaxio ou ás súas doutrinas.
-
Partidario de Pelaxio ou do pelaxianismo.
-