"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Aplícase ao volcán que se caracteriza por erupcións de tipo explosivo moi violentas, acompañadas a miúdo pola emisión de nubes ardentes. A lava, que é moi viscosa, tende a solidificarse na boca do cráter e orixina unha agulla de paredes verticais que o obstrúe. Esta obstrución pode ser causa de violentas explosións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelecánidos.

    2. Ave da familia dos pelecánidos.

    3. Familia de aves, da orde dos pelecaniformes, que miden entre 120 e 175 cm, e que se caracterizan por seren palmípedes, coas patas curtas, o pescozo longo e o peteiro grande, alongado e cunha bolsa amarela membranosa moi desenvolvida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pelecaniformes.

    2. Ave da orde dos pelecaniformes.

    3. Orde de aves palmípedes, caracterizadas por presentar patas curtas, cos dedos das patas unidos mediante unha membrana interdixital, e ventas pouco desenvolvidas ou ausentes. Son aves piscívoras e boas voadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos pelecánidos, que carecen de dimorfismo sexual, agás polo tamaño. Teñen a plumaxe de cor branca, coas ás moi desenvolvidas, longas e anchas, e flexibles nos extremos, e mantéñenas impermeables grazas ao aceite da glándula do uropixio situada preto da cola. Tamén posúen unha bolsa flexible no peteiro onde depositan os peixes que pescan, e as patas curtas e fortes. Son voadoras e boas nadadoras. Existen especies sedentarias, e outras migratorias, en función das chuvias e da abundancia de alimento. Das principais especies deste xénero destaca P onocrotalus, que habita nas marismas, nos lagos e nas ribeiras mariñas do SL de Europa ata China e África oriental. P. rufescens e P. roseus habitan en África, e P. erythorhynvhos e. P occidentalis en América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e escritor. Coñecido como Raimon, deuse a coñecer como cantautor en 1962 coa canción “Al vent”. En 1963 gañou o Festival de la Cançó Mediterrània de Barcelona con “Se’n va anar”. Parte fundamental do movemento da Nova Cançó, musicou e interpretou poemas alleos, de escritores modernos e clásicos. Da súa discografía destacan Cançons de la roda del temps (1966), Diguem no (1971), Entre la nota i el so (1984), Integral (1993), Cançons de mai (1997) e Le cançons d’amor (1999). Como escritor publicou obras como Poemes i cançons (1974) ou Les paraules del meu cant (1993). Recibiu o Premio Nacional de Música (1993), a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (1995) e a medalla de ouro da Generalitat de Catalunya (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico francés da arte. Coñecido como le Viateur ou Peregrinus Viator, foi cóengo e escribiu De Artificiali Perspectiva (1505), unha obra desde a que difundiu os principios de perspectiva italianos enriquecidos cos procedementos empíricos da tradición nórdica. Supuxo a primeira exposición do método dos puntos de distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía hereditaria consistente nunha alteración da forma do núcleo dos leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pelecánido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pelecaniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave pertencente ao xénero Pelecanus, da familia dos pelecánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en cinco actos, de Claude Debussy, baseada na obra homónima de M. Maeterlinck, sobre quen influíron os principios literarios de Mallarmé e P. Verlaine. A obra de Debussy adapta a liña melódica á prosodia do texto, separando o que se di do que se percibe do son orquestral. Estreada na Opéra-Comique de París (1902), centra a acción na lendaria terra de Allemonde, en época medieval, e conta a historia de amor prohibido e atormentado que viven os dous personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Profesor das universidades de Palermo, Trieste e Padua, o seu campo de investigación centrouse nas variedades véneta, friulana e ladina. Dirixiu o Atlante storico-linguistico-etnografico friulano (1972-1984) e das súas obras destacan Appunti di grammatica storica del provenzale (1965), Gli arabisme nelle lingue neolatine con speciale riguardo all’Italia (1972), Saggi di linguistica italiana (1975), Studi di dialettologia e filologia veneta (1977) e diversos artigos de balcanística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Dedicouse ao ensino das ciencias físico-naturais aplicadas á agricultura e á industria e foi deputado antes e despois da revolución de 1868, ademais de ministro do Tribunal de Contas de Filipinas. Publicou, entre outras obras, Memoria descriptiva de la colonia española de Fernando Poo y sus dependencias (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudou a termoelectricidade e a meteoroloxía. Descubriu o efecto que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Coñecido como Johannes Linnankoski, cultivou a novela, a oratoria, o drama e o xornalismo. En 1906 fundou a liga da causa finesa, que contribuíu ao renacemento nacional do país coa defensa dos principios étnicos da súa cultura. Da súa obra destacan as novelas Laulu tulipunaisesta kukasta (O canto da flor vermella, 1905) e Pakolaisia (Fuxitivos, 1908), e os dramas Kirot (1907), Simson ja Delila (1911) e Jeftan Tÿtar (A filla de Jephta, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pelve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Observador meteorolóxico. Foi instrutor de voo de Aviación Civil e instrutor e inspector de Mercancías Perigosas da Federal Aviation Administration en EE UU. Desde 1986 realiza as predicións meteorolóxicas na TVG. Escribiu Guía meteorológica del Camino de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dalgúns libros de poemas de estilo neopopularista, coa Segunda República converteuse en propagandista literario da ideoloxía tradicionalista e monárquica. Durante a Guerra Civil presidiu en Burgos a Comisión de Cultura y Enseñanza de la Junta Técnica (1936-1938). Con Poema de la bestia y el ángel (1938) continuou a tarefa propagandística. Despois de 1939 continuou activo en política, como presidente do consello privado de Xoán de Borbón, conde de Barcelona (1957-1969), e no mundo literario. Publicou Antígona (1954) e El horizonte y la esperanza (1970). Presidiu a Real Academia Española (1939-1940, 1944-1947) e recibiu o Toisón de Oro (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Sumatra Setentrional, Indonesia, situada a 80 km de Medan (203.056 h [1995]). É o centro da obra de evanxelización realizada entre os bataks.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carne secada, pulverizada e mesturada con graxa. Preparábana os indios americanos e empregouse como alimento concentrado en expedicións.

    VER O DETALLE DO TERMO