peleano -na
peleano -na
(< topónimo Montagne Pelée,volcán de Martinica)
adx
[XEOL]
Aplícase ao volcán que se caracteriza por erupcións de tipo explosivo moi violentas, acompañadas a miúdo pola emisión de nubes ardentes. A lava, que é moi viscosa, tende a solidificarse na boca do cráter e orixina unha agulla de paredes verticais que o obstrúe. Esta obstrución pode ser causa de violentas explosións.