Pelea, La
Pelea, La
Publicación editada na Coruña a partir de marzo de 1903. Subtitulouse “Periódico bisemanal contra caciques y otras alimañas del país”. Dirixido polo Centro Electoral Republicano, criticou a corrupción militar, civil, eclesiástica e xudicial, o caciquismo, a falta de liberdades políticas e a represión dos órganos de goberno, e saíu para apoiar a candidatura do deputado Xosé Rodríguez Martínez. Editouse todos os martes e venres nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego, en Ferrol. Incluíu tamén un “Catecismo das Eleuciós”, dirixido aos campesiños da provincia coruñesa.