"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Xornalista e poeta. Publicou diversos textos literarios en El Recreo Compostelano e noutras publicacións galegas antes de marchar para Nova York, onde dirixiu La Crónica. De regreso a España comezou a traballar no xornal madrileño La España, onde o seu artigo “Paralelo entre Espartero y Narváez” motivou disputas entre os seus respectivos partidarios. Escribiu Manual de Nueva York (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en sanidade ambiental e saúde pública, recibiu numerosos premios de investigación. Escribiu Salud ambiental (1989), Una política ambiental para Galicia (1993), Residuos ganaderos y medio ambiente (1996), Manual de saúde ambiental (1997) ou Medio ambiente y salud (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Dozón, no concello homónimo, e Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 914 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PICOS
Pico máis elevado da serra de Francia, na provincia de Salamanca, situado no Sistema Central da Península Ibérica. Acada os 1.723 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte pertencente á serra do Courel, situado no límite entre as parroquias de Santalla (Samos) e Vilamor (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.173 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Proxectou obras como as casas Entzus (Motrico, 1965), a praza do Tenis (Donostia, 1976) e, en colaboración con Francesc Rius, o parque da España Industrial (Barcelona, 1984-1985). Obtivo o VIII Premio Antonio Camuñas (1999) e recibiu a Medalla de Oro de la Arquitectura (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicógrafo e crítico musical. Opúxose á influencia da música italiana e defendeu a obra de Wagner e a zarzuela. Publicou La obra maestra de Verdi: Aida (1875), La ópera española y la música dramática en España en el siglo XIX (1881) e Iparraguirre y el árbol de Guernica (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Galgao (Abadín). O seu cumio acada os 664 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Árbol (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 569 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que forma parte da serra do Mirador e está situado no límite dos concellos de Castroverde, Pol e Baleira. O seu cumio acada os 935 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo NL da parroquia de San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 889 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santaballa (Vilalba). O seu cumio acada os 564 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Corzos (A Veiga) e Tabazoa de Hedroso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.228 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Miraz (Xermade). O seu cumio acada os 606 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento prehistórico situado en Santaballa (Vilalba). Localízase nunha pequena crista de cuarcita onde se abre un buraco na base dunha pena. Entre os achados destacan unha punta de proxectil triangular e diferentes obxectos da industria lítica, que encaixan na tipoloxía do Madalenense Final-Azilense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pediatra. Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e xefe do departamento de Pediatría e Puericultura do Hospital Xeral de Galicia, formouse cos profesores M. Suárez en España, M. Lust en Bruxelas, H. Hungerland en Giessen e M. Debre en París. Dentro do seu labor de investigación destaca a tipificación dun tipo de displasia denominada condrodisplasia metafisaria tipo Peña. Escribiu numerosos artigos para diversas publicacións, como Anales de Pediatría e Acta Pediátrica Española, dirixiu diversos traballos de investigación e colaborou co artigo “Le trataiment de la meningite tuberculose dans Clinique Universitaire de Saint-Jaques de Compostelle” na obra Les Antibiotiques dans l’enface (1952). É tamén autor dos artigos “Las Mucopolisacaridosis: un nuevo capítulo de la patología humana” (1966), “Enfermedad de Morquio y eliminación urinaria del queratrosulfato” (1966) e “Algunos estudios en la displasia ectodérmica congénita” (1966)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Catedrático de Francés en ensino medio e colaborador habitual en prensa, foi director e propietario de El Anunciador, en Xibraltar. Foi perseguido polas súas ideas carlistas. Dos seus poemas destacan “Almas y aves” e “Al laureado Orfeón Lucense”.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no N da parroquia da Medorra (Montederramo). O seu cumio acada os 860 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia dos Remedios (Mondoñedo). O seu cumio acada os 738 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, doutourouse en Filoloxía Hispánica e licenciouse en Filosofía e Filoloxía Galego-portuguesa. Comezou na poesía participando co grupo Alén (1977), actividade que alternou coa crítica literaria e o traballo xornalístico en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Colaborador habitual da prensa galega e director do suplemento de Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, coordinou o suplemento cultural “Galicia Literaria” de Diario 16 de Galicia e foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas. Especializado na obra de autores de vangarda, no terreo do ensaio e a edición de textos publicou A poesía de Manuel Antonio nas literaturas galegas de vangarda (1979), Manual de galego urxente (1987) e Galego século XXI (2004), en colaboración con M. Rosales; Eduardo Blanco-Amor: sempre en Auria (1993), en colaboración con varios autores; A literatura galega medieval...
VER O DETALLE DO TERMO