Pena Grande, A

Pena Grande, A

Xacemento prehistórico situado en Santaballa (Vilalba). Localízase nunha pequena crista de cuarcita onde se abre un buraco na base dunha pena. Entre os achados destacan unha punta de proxectil triangular e diferentes obxectos da industria lítica, que encaixan na tipoloxía do Madalenense Final-Azilense.