"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Coñecido como Andrés Colombo, foi militante de Izquierda Comunista e dirixente do Sindicato de Oficios Varios (UGT) de Padrón durante a Segunda República. Antes da Guerra Civil colaborou cos seus deseños no xornal El Pueblo Gallego e na revista madrileña Nosotros. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao termo da Guerra Civil pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en 1945. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está, entre outros, no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Traballou en Salamanca dende 1729, onde continuou as obras iniciadas por Alberto Churriguera e outros. Dirixiu a construción do patio do colexio da Clerecía dende 1745, ano no que comezou a capela da Orden Tercera. Trazou e dirixiu a construción das torres da Clerecía (1750) e nos anos cincuenta comezou as obras da casa do concello de Salamanca, que continuou o seu irmán Jerónimo García de Quiñones. Regresou a Santiago de Compostela en 1760. Foi autor do Arquivo Xeral do Reino de Galicia en Betanzos (1763). Realizou un recoñecemento da fachada da Acibechería da catedral de Santiago de Compostela (1764) e un proxecto para o pazo de Raxoi (1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en distintas publicacións (El País, Faro de Vigo), traballou así mesmo en diversos medios audiovisuais. Da súa produción, entre outras obras, destacan Proceso de adivinaciones (1981), Ciertas personas (1989), Háblame de ti (1993), Cambio de tiempo (1994), Autobiografía del hijo (1995), La mirada del otro (Premio Planeta, 1995), No estabas en el cielo (1996), Escrito por Luzbel (1998), Sobre el amor y sus contrarios (2000) e Presencias de ceniza (2001). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Benito Pérez Armas (1973), o Premio Pérez Galdós (1979) e o Premio Europa (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Constructor e director de teatro de monicreques, foi fundador das compañías Viravolta e Títeres Seisdedos de Lalín, nas que desenvolveu o seu traballo en espectáculos como As ventureiras fazañas de Don Florete de Rocamonte (1982), Contos para ratos mortos (1983), Un conto sin nome (1984), Jasón (1985), Kabaret (1986), Historias con demo (1988), As aventuras do doctor Sabañón (1989), Bosque Piramidón (1990), Historia negra (1991), As olivas (1992), Candil Marabilloso (1993), Guillermo Tell (1996), Barriga Verde (1997) e Hip-Hip Hurra! (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou Maxisterio e traballou como inspector de primeiro ensino. Foi deputado polo distritos de Xinzo (1865-1866 e 1872-1873), Bande (1871-1872) e Verín (1879-1881) e pola provincia de Ourense (1876-1877), e senador por esta provincia nas lexislaturas 1884-1888 e 1891-1893.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma universidade. A súa relación co cine comezou no sector da exhibición, xa que os seus pais tiñan un cine na súa vila natal, e levou a cabo unha serie de proxectos creativos como Ribadavia unha historia de pedra (1980) ou Laxeiro en Madrid (1980). Como investigador, colaborou na prensa diaria e en revistas especializadas en temas audiovisuais. Dirixiu a edición española da Historia Universal del Cine e escribiu Historia del cine en Galicia (1896-1984) (1985), Historia ilustrada del cine español (1985), El cine español: una propuesta didáctica (1992), El cine español contemporáneo (1992), Dicionario filmográfico de Galicia (1993), Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía (1995). Ademais, é coautor da primeira Enciclopedia del Cine español editada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou dereito e colaborou en varios xornais arxentinos. Escribiu as pezas teatrais La novia del hereje e Venganza de un alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquiveiro e escritor. Licenciado en Xeografía e Historia. Director do Arxiu Històric Municipal e responsable de patrimonio histórico do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Instalado en Barcelona, en 1972 creou IDGA (Irmandade Democrática Galega), na que creou a revista O Mallo. Foi vicepresidente da Asociación de Amigos de la ONU e en 1972 presentou un informe sobre a situación das nacionalidades de España. Foi autor dos ensaios Castelao i Catalunya (1979), Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental (1980), Castelao dende Catalunya (1988) e Os trobadores das terras de Chantada (2001). Publicou, entre outros libros de poesía, Do Faro ao Miño (1978), Memoria doutros corpos (1979), Aquarium: 1976-1981 (1982), Tempo precario (1972-1987) (1988), Paixón e rito (1993), Círculo de luz e xisto (1994), Rosto incompleto (1996), a obra teatral A proclama (1996)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico e fotógrafo. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1988), cursou estudios na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo. Profesor de fotografía na Escuela de Arte de Huesca. A súa pintura encádrase no informalismo de grandes superficies monocromas. Participou, entre outras mostras, na Bienal de Fotografía de Tenerife (1997). Recibiu entre outros galardóns, o Primeiro Premio de Gravado no II Certame Galego de Artes Plásticas (1985) e o Primeiro Premio no Certame de Artes Plásticas Díaz Pardo (1989) e, no eido da fotografía, o Primeiro Premio de Fotografía no Certame Fotográfico Internacional sobre o Camiño de Santiago e o Segundo Premio no Canon World Cup USA 94.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa produción destaca Latidos (1973), Crónicas de un mayordomo (1977) e Pontevedra mágica (Premio Daniel de la Sota 1977). Entre outros galardóns, recibiu o Premio anual de Periodismo da Deputación de Pontevedra (1974, 1976 e 1977), dúas medallas de ouro nos Xogos Florais de Guimarães (1976 e 1977) e o Premio Valentín de Lillo (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou nos anos setenta no grupo SISGA. Colabororou, entre outras publicacións, en Tintimán, Valium 10, Das capital e Animal+. O álbum Papagayo Spray (1993), publicado por Frente Comixario recolle varios dos seus traballos, entre outros, Orgullo e Prexuicio en Manhattan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das publicacións Grial e Encrucillada, publicou Miro (1987), O globo máxico (Premio Barco de Vapor 1987), O deus desaparecido (1991), O segredo do novicio (1992), O lagarto Paco (1993) e O crocodilo na habitación (1994). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político. Dirixente agrarista, participou na constitución da Federación Agraria de Negreira e colaborou na redacción de La Zarpa, diario dos agraristas galegos. Publicou Páginas de mi vida (1925), Nubes y sombras (1927) e Hojas del corazón (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Dirixe Boente Arquitectura y GestiónUrbanística S. L. Foi arquitecto municipal en diversos concellos e presidente da delegación en Lugo do Colegio Oficial de Arquitectos de León, Asturias y Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Iniciou o seu traballo no mundo gráfico no periódico Sentinel de Glasgow, onde foi director. En 1856 trasladouse a Nova York para colaborar con Matthew Brady. Posteriormente, reuníronse con outros fotógrafos para obter imaxes da Guerra de Secesión norteamericana. Ao remate foi nomeado fotógrafo oficial da Armada do Potomac e a partir de 1867 traballou na compañía do ferrocarril da Union Pacific. As imaxes que obtivo expúxoas na súa galería de Washington dende 1873. Publicou Gardner’s Photographic Sketch Book of the War (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, EE UU, ao NL da aglomeración de Dallas (180.650 h [1990]). É un centro industrial con industria electrónica, química e de instrumentos de precisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frances Gumm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, avogado e político. Dirixiu en 1895 o Boletín de la Liga para la Defensa de la Higiene e foi un dos fundadores de El Tea, editado en Ponteareas entre 1908 e 1936. Establecido en Vigo, onde rexentaba unha imprenta, presidiu o Ateneo da cidade e foi elixido alcalde. Gobernou entre decembro de 1931 e decembro de 1932, e conseguiu que o exército lle cedese definitivamente ao concello o monte do Castro. Foi apartado da corporación en 1934, pola súa adhesión aos sucesos revolucionarios de Asturias, e reposto no cargo en febreiro de 1936, trala vitoria do Frente Popular. Membro da Liga de Defensores de Vigo, apoiou o Directorio Antiforal de Teis nas súas reivindicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO