"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que pertence ao filo dos anélidos.

    2. Invertebrado do filo dos anélidos.

    3. Filo de animais que comprende unhas 15.000 especies agrupadas nas clases dos oligoquetos (miñocas), dos poliquetos (bichocas, buxacas e xorras) e dos hirudíneos (sambesugas). Son animais segmentados, de simetría bilateral, triploblásticos, celomados e protóstomos, de forma cilíndrica ou aplanada dorsiventralmente. Carecen de apéndices articulados e divídense en metámeros. Cada metámero consta dunha capa epidérmica que segrega unha cutícula quitinoide que recobre o corpo e dunha capa muscular que os axuda a desprazarse por contraccións peristálticas do corpo. Presentan, en xeral, tres rexións corporais máis ou menos diferenciadas segundo os grupos: unha rexión cefálica ou prostomio, unha rexión media ou metasoma e unha rexión posterior ou pixidio. Algúns grupos presentan no prostomio apéndices sensoriais (palpos, antenas, tentáculos, ollos e órganos quimioreceptores). No metasoma, algúns teñen apéndices metaméricos non articulados ou parápodos que axudan á locomoción. Son animais hiponeuros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político italiano. En 1848 opúxose á unión co Piemonte como delegado de Lodi no goberno provisional de Lombardía. Escribiu: Storia d’Italia dal 1815 al 1867 (Historia de Italia dende 1815 a 1867), de tendencia republicana, e Storia della Chiesa per un vecchio cattolico italiano (Historia da Igrexa para un vello católico italiano, 1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitos anos.

    2. Elaborado polo paso dos anos.

    3. Que ten un ano de idade, especialmente dito dos animais.

      1. Leite da vaca que acadou a máxima calidade despois de varios meses do parto.

      2. Leite da vaca que se obtén ao muxila unha soa vez ao día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación patolóxica común a moitas enfermidades na que normalmente se constata unha diminución do número de eritrocitos, da cantidade da hemoglobina ou do valor do hematocrito. En xeral acéptase que hai anemia cando a concentración de hemoglobina é inferior a 14 g/dl no home e a 12 g/dl na muller. Dende un punto de vista clínico, as anemias poden ser agudas ou crónicas. A anemia aguda preséntase sobre todo en casos de hemorraxias e de hemólises intensas e pode provocar unha conmoción e mesmo a morte do paciente se non se toman medidas de urxencia. Segundo a súa patoxenia, as anemias poden clasificarse en rexenerativas ou de causa periférica (non relacionadas coa médula) e non rexenerativas ou de causa central (na médula). No que atinxe ás anemias rexenerativas, as anemias hemorráxicas poden producirse por unha hemorraxia aguda ou un segregamento de sangue no interior do organismo, por hemosiderose pulmonar idiopática ou por outras hemorraxias pulmonares; as anemias hemolíticas...

      1. anemia dos cans

        Tipo de anquilostomiase que afecta os cans.

      2. anemia dos leitóns

        Diminución da hemoglobina dos leitóns causada pola falta de ferro e sales cúpricas no leite que maman.

      3. anemia infecciosa dos cabalos

        malaria equina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anemia.

    2. Que padece anemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘vento’. Pode aparecer tamén como sufixo -anemo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de anemócoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que diseminan os seus xermes a través do vento. As diásporas destas plantas ou ben son pequenas ou ben presentan apéndices (ás e vilanos) que retardan a caída e facilitan o transporte polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade das plantas anemófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma primaria de polinización na que o pole é transportado polo vento. As especies anemófilas producen en gran cantidade un pole de pequeno tamaño, moi lixeiro e de superficie lisa co fin de impedir a aglomeración dos grans, ou con sacos aeríferos que aumentan a súa flotabilidade. Son plantas anemófilas as coníferas e as gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade das plantas que non resisten a acción do vento ou daquelas que posúen dispositivos que as protexen contra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade das plantas anemógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anemómetro instantáneo conectado a un rexistrador para obter o gráfico de evolución da velocidade do vento. Se se orienta cara ao vento permite tamén rexistrar a súa dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico realizado cun anemógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de estalactita de forma diferente da típica e que pode ser moi variable: excéntrica, ganchuda, arborescente, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos ventos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao estudo do vento como forma de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procedementos e técnicas de medición para determinar as características dinámicas do aire.

    VER O DETALLE DO TERMO