"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Apelido de orixe toponímica que procede da voz latina ecclesia. Este apelido coa preposición de -neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a-, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicaba (Da Igrexa, Da Eirexa, Da Airexa ou Da Irexa), empregáronse como apelidos toponímicos ata o s XVII. Na actualidade, sen embargo, non se conservan na antroponimia formas galegas derivadas deste étimo debido ao proceso de castelanización ao que se viu sometida a onomástica galega desde finais do s XV. Documéntase no s XVI: “Maria d’Eygreja” (doc 1519 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 555). No s XIX atéstase por primeira vez a forma castelanizada en plural Iglesias, usada daquela como apelido administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Igrexa constituída institucionalmente ao redor do bispo de Roma, o papa, e que proclama manter a sucesión apostólica e a primacía e autoridade da sé de Roma sobre todas as outras sés apostólicas. A súa historia foi común, durante séculos, á das Igrexas de Oriente, e durante máis séculos aínda á das Igrexas xurdidas da Reforma.
    As orixes da Igrexa
    O primeiro campo de expansión da Igrexa foi a comunidade xudía e, a partir de   43, os xentís. A conversión de san Paulo, en 38, deulle á Igrexa un dos seus apóstolos máis militantes e activos. As ideas cristiás chocaban frontalmente co xudaísmo oficial, de xeito que a predicación do diácono Estevo rematou coa súa execución por lapidación en 37. En 44 foi executado o primeiro apóstolo, Santiago o Maior, decapitado por orde de Herodes Agripa I, feito que provocou a dispersión da comunidade dos apóstolos. Os primeiros centros coñecidos foron Damasco e Antioquía, onde se comezou a empregar a denominación “cristián”...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • adventista do sétimo día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Fornelos de Montes situada na parroquia homónima

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello das Somozas situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cela (Cambre). Realizado en cachotería de granito, ten planta rectangular con baixo e dúas alturas. O corpo superior foi engadido en época posterior. Na fachada destaca unha escaleira con patín e aos lados da porta dous escudos do s XVIII, un deles alude, entre outros, aos Castro, Figueroa e Salazar. Na fachada posterior atópase un balcón corrido na primeira planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Sadurniño baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das terras que pertencen a unha igrexa e que están a disposición do párroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inconguente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incoherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incongruencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • incoherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congreso Nacional Indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica que permite a exposición dunha información a través de palabras e debuxos, independentemente de que estes foran creados coa axuda da informática. Nos medios de prensa escrita, trátase dunha achega informativa, realizada con elementos icónicos tipográficos, que permite ou facilita a comprensión dos acontecementos, accións ou cousas da actualidade ou algúns dos seus aspectos máis significativos, e acompaña ou substitúe o texto informativo. Poden distinguirse dous grandes grupos: as individuais, nas que se trata un único tema, e as colectivas, que son infografías continente que serven para situar outras de menor tamaño. O traballo infográfico na prensa cumpre oito requisitos fundamentais: dá significado a unha información plena e independente; proporciona a información de actualidade suficiente; permite comprender o suceso acontecido; contén información escrita con formas tipográficas, así como elementos icónicos precisos; pode ter capacidade informativa suficiente...

    2. Imaxe obtida mediante esta técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada na realización de infografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de ingrato.

    2. Acción propia dunha persoa ingrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é gustoso nin agradable.

    2. Que non é satisfactorio nin recompensa o esforzo que require.

    3. Que ou quen non demostra agradecemento por un servizo ou afecto que alguén prestou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de ingrávido.

    2. Ausencia de peso dun corpo material como resultado do seu movemento libre e só baixo a influencia combinada de gravidade e inercia. Os tripulantes dunha astronave entran no estado de ingravidez ao final da fase propulsada e permanecen neste estado durante toda a traxectoria orbital ata o momento en que actúan de novo os propulsores, ou no que a nave queda sometida ao rozamento aerodinámico ao retornar á atmosfera. O estado de ingravidez é tolerado durante varios meses polo home debidamente adestrado, a quen lle produce alteracións fisiolóxicas non moi adversas. O estado de ingravidez en estacións orbitais chámase tamén cero-g, gravidade cero e, con máis rigor, ambiente de microgravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten peso ou que non está sometido ás leis da gravidade.

    2. Que é moi livián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento que entra na composición dunha substancia, medicina, comida, bebida ou calquera outro composto.

    2. Cousa que forma parte da composición doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO