"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Relativo ou pertencente ao neolamarckismo.

    2. Seguidor do neolamarckismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (96-98). Membro da aristocracia senatorial, foi cónsul entre o 71 e o 90. Xa septuaxenario, sucedeu a Domiciano e tentou substituír o goberno militar e ditatorial por un principado aristocrático. Non puido evitar o pacto e o compromiso co elemento militar, afecto á memoria de Domiciano. Conseguiu consolidar a súa posición e deixar a Traxano, o seu herdeiro, nunha boa situación política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos xempílidos, ao que pertence o sabre mouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno de tipo pigmentario que aparece na pel e se orixina a partir dun nevo que dexenera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • melanoma maligno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Coñecido como Nicolò da Bari, traballou en Boloña, onde fixo unha Pietà para Santa Maria della Vita, a Madonna di Piazza e a Arca di San Domenico (1569).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi presidente da Academia Médico Cirúrxica de Vigo e coordinador nacional do Grupo Uro-oncolóxico da Asociación Española de Uroloxía. Escribiu Problemas técnicos de las reimplantaciones uretero-vesicales y complicaciones derivadas de esta nueva fisiología (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no extremo centro-occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, no SO da provincia da Coruña. Limita ao N coas comarcas de Xallas (concello de Mazaricos) e A Barcala (concello de Negreira); ao S coa de Barbanza (concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo); ao O coa de Muros (concello de Muros), coa ría de Muros e Noia e co Océano Atlántico, e ao L coas de Santiago (concello de Brión) e O Sar (concello de Rois). Abrangue unha superficie de 325,1 km2en que acolle unha poboación de 36.628 h (2001), distribuídos entre os concellos de Lousame (93,6 km2; 4.077 h), Noia (37,2 km2; 14.217 h), Outes (99,7 km2; 8.202 h) e Porto do Son (94,6 km2; 10.132 h). Historicamente, a vila de Noia, cabeceira comarcal situada a 49° 46’ 42” de latitude N e 8° 53’ de lonxitude O, foi un importante centro urbano desde a Idade Media ao funcionar como porto de Santiago de Compostela antes da sedimentación do fondo da ría. Aínda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe dun nomós ou provincia no antigo Exipto. Ao principio era un simple funcionario da coroa que se encargaba de manter as canles, censar os rabaños e cobrar as taxas, pero a situación mudou a partir da dinastía V, época en que o cargo se converteu en hereditario. Ao final da dinastía VI iniciouse o fraccionamento do país, que desembocou no Primeiro Período Intermedio (2182-2040 a C), a idade de ouro dos nomarcas, cando se independizaron da coroa. Esta situación prolongouse en parte durante as dinastías XI e XII, ata o reinado de Sesostris III. Durante o Segundo Período Intermedio (1786-1567 a C), época igualmente de fragmentación territorial, parece documentarse a existencia dalgún nomarca, como tamén durante as dinastías XXII e XXIII (945-730 a C), cando a división do Delta favoreceu de novo a aparición de gobernadores semiindependentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á República Democrática Popular de Corea ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de República Democrática Popular de Corea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ofensiva da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), iniciada polos aliados o 6 de xuño de 1944, que lles permitiu ocupar unha parte da costa normanda e preparar o avance que desfixo a fronte occidental alemá. Dirixida polo xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower, no asalto participaron 156.000 homes, entre estadounidenses, ingleses e canadenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Negreira a partir de 1971. Voceiro do consello interparroquial de Cáritas e do Centro Comarcal do Desenvolvemento Comunitario de Negreira, desde as súas páxinas abordou os problemas económicos e sociais dos membros da parroquia desde un punto de vista cristián-progresista e de compromiso con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. De novo emigrou a Cuba onde dirixiu o xornal Las Hijas de Eva e cando volveu a Galicia foi nomeado o primeiro director de El Correo Gallego. Foi deputado provincial pola Coruña e director do Gran Hospital de Compostela. Escribiu o prólogo de Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón, El capricho de mi esposa (1875) e o poemario Romancero de Galicia (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi catedrático de Dereito, maxistrado da Audiencia e coronel do Batallón de Voluntarios de Jesús del Monte en La Habana. Escribiu Idea del Estado, como sujeto de la Hacienda pública, Legislación de Bolsa, Estudio sobre el fundamento y sobre las fuentes del Derecho internacional e Por Galicia: cuartillas y apuntes (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e psicóloga. Foi deputada nas Cortes por Ourense polo PSdeG-PSOE entre a III e a VI lexislaturas (1986-2000) e senadora pola mesma cidade na VII lexislatura (2000-2004). Pertenceu á comisión executiva galega do PSdeG-PSOE e foi coordinadora provincial do partido en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Emigrou coa súa familia en 1938 a Uruguay, onde estudou arquitectura. En 1942 iniciouse na arte coa cerámica e cofundou a revista Apex, onde publicou contos, e a que lle permitiu coñecer ao pintor J. Torres García, clave para a súa formación intelectual. A súa obra caracterizouse por unha figuración construtivista de cores planas e carácter costumista en escenas urbanas, rurais ou naturezas mortas. Pouco despois achegouse á abstracción en que lle deu moita importancia ao material ata que evolucionou cara á plenitude da súa obra coa incorporación do espazo e a luz. Trasladouse a Bos Aires (1947) e desde 1953 comezou a expoñer coa axuda de Luís Seoane. Colaborou coa revista Galicia Emigrante, regresou a Montevideo (1957) e traballou en xornalismo. Destacou polos seus murais de grandes dimensións como o do estadio de Montevideo, Mural del Cerro (1962-1964), onde apareceron de forma explícita as características construtivas do artista, cun emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en neuroloxía, doutorouse en 1971 na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático e xefe do servizo de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Publicou máis dun centenar de traballos en diversas revistas como Revista clínica Española, Revista Médica de Galicia, Revista de Psiquiatría y Psicología Médica, Medicina clínica ou Gaceta Clínica de Bilbao, Revista clínica de geriatría y gerontologia. Algúns dos artigos publicados nestas revistas son “Síndrome de Turner con coartación de aorta y hemorragia subaracnoidea” (1971), “Atrofía cerebral idiopática” (1972), “Hipertensión intracraneal benigna” (1977) ou “El diagnóstico de las hemorragias cerebelosas” (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Roma (283-284), fillo do Emperador Marco Aurelio Caro. Foi nomeado césar xunto co seu irmán Marco Aurelio Carino. Converteuse en augusto despois da morte do seu pai. Foi asasinado no Bósforo, cando regresaba dunha campaña contra os persas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político. Ingresou na Unión Liberal de L. O’Donnell, foi gobernador de Logroño e Barcelona (1868) e, co partido de Sagasta, ministro de Ultramar (1883). Autor de diversas pezas dramáticas, a súa obra poética é a expresión do seu ideario político. Destacan os seus libros Un idilio (1879), El vértigo (1879) e Sursum corda (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e profesor. Foi director xeral de ensino medio da Consellería de Educación (1987-1988) e, en 1988, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Promoveu a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) pola que se crearon as universidades da Coruña e Vigo. Desde 1990 ocupou diversos cargos directivos no Grupo San José.

    VER O DETALLE DO TERMO