Normandie, Desembarco de

Normandie, Desembarco de

Ofensiva da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), iniciada polos aliados o 6 de xuño de 1944, que lles permitiu ocupar unha parte da costa normanda e preparar o avance que desfixo a fronte occidental alemá. Dirixida polo xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower, no asalto participaron 156.000 homes, entre estadounidenses, ingleses e canadenses.