nomarca

nomarca

(

s m [HIST]

Xefe dun nomós ou provincia no antigo Exipto. Ao principio era un simple funcionario da coroa que se encargaba de manter as canles, censar os rabaños e cobrar as taxas, pero a situación mudou a partir da dinastía V, época en que o cargo se converteu en hereditario. Ao final da dinastía VI iniciouse o fraccionamento do país, que desembocou no Primeiro Período Intermedio (2182-2040 a C), a idade de ouro dos nomarcas, cando se independizaron da coroa. Esta situación prolongouse en parte durante as dinastías XI e XII, ata o reinado de Sesostris III. Durante o Segundo Período Intermedio (1786-1567 a C), época igualmente de fragmentación territorial, parece documentarse a existencia dalgún nomarca, como tamén durante as dinastías XXII e XXIII (945-730 a C), cando a división do Delta favoreceu de novo a aparición de gobernadores semiindependentes.

Palabras veciñas

Noma, Hiroshi | nómade | nomadismo | nomarca | nomarquía | Nombredas | nome