nome

nome

(

  1. s m

    Palabra ou grupo de palabras que representa ou designa a unha persoa, un animal, unha idea, unha cousa en particular ou como pertencente a unha determinada categoría.

    Ex: Descoñezo o nome desa ferramenta. 

    1. s m

      Palabra coa que se designa a un só individuo, animal, cousa ou lugar.

      Ex: Pon o nome da rúa no remite.

    2. s m

      Palabra que precede aos apelidos no nome completo dunha persoa. OBS: Tamén se denomina nome propio.

      Ex: O seu nome é Mario.

    3. nome de guerra

      Nome que adopta unha persoa para realizar algunha actividade, sobre todo se é clandestina.

    4. nome de pía

      Nome que se lle dá a unha persoa no seu bautizo ou co que se inscribe unha persoa no rexistro civil.

    1. s m

      Palabra ou grupo de palabras que se empregan para designar seres ou cousas de maneira individual dentro da súa especie.

      Ex: Descoñecemos o nome da especie desta planta.

    2. nome científico [BIOL]

      Nome latino dun taxon que se establece segundo as normas da nomenclatura biolóxica.

    3. nome comercial [ECON]

      Nome distintivo dun produto ou establecemento que serve para diferencialo doutro.

    4. nome utilizable [BIOL]

      Nome latino dun taxon que se pode empregar na nomenclatura biolóxica porque responde ás regras establecidas.

    5. nome válido [BIOL]

      Nome utilizable dunha especie que se axusta mellor aos criterios taxonómicos.

    6. nome vulgar [BIOL]

      Nome popular que se lle dá a un xénero ou a unha especie na lingua do lugar onde se atopa.

  2. s m
    1. Persoa notable nunha determinada actividade.

      Ex: Ao congreso asistiron os principais nomes da cirurxía.

    2. Prestixio dunha persoa ou cousa debido ás súas calidades. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo nome vale máis que toda a riqueza para un home. O nome dura máis ca o home”.

      Ex: Era un avogado con moito nome na cidade.

      Sinónimos: fama, renome.
  3. s m [LING]

    Palabra léxica que está formada por un lexema e por morfemas gramaticais. Desde o punto de vista funcional divídense en substantivos e adxectivos que se diferencian sintáctica e semanticamente

Frases feitas

  • 1 En representación de alguén.

  • A nome de Dirixido a unha determinada persoa.

  • En/No nome de loc prep

  • Non ter nome. Ser unha cousa tan indignante que non se pode nomear.

  • 2 En atención a.

Refráns

  • Chámanlle ao gancho cousa torta.
  • Dous Xans e un Pedro fan un home enteiro.
  • Non hai home sen nome nin nome sen renome.
  • Non hai mellor home có que corresponde ao nome.
  • Pouco gaña o home que fía no nome.

Palabras veciñas

nomarca | nomarquía | Nombredas | nome | Nome | nomeábel | nomeable