nome
(
-
s
m
Palabra ou grupo de palabras que representa ou designa a unha persoa, un animal, unha idea, unha cousa en particular ou como pertencente a unha determinada categoría.
Ex: Descoñezo o nome desa ferramenta.
-
-
s
m
Palabra coa que se designa a un só individuo, animal, cousa ou lugar.
Ex: Pon o nome da rúa no remite.
-
s
m
Palabra que precede aos apelidos no nome completo dunha persoa. OBS: Tamén se denomina nome propio.
Ex: O seu nome é Mario.
-
nome de guerra
Nome que adopta unha persoa para realizar algunha actividade, sobre todo se é clandestina.
-
nome de pía
Nome que se lle dá a unha persoa no seu bautizo ou co que se inscribe unha persoa no rexistro civil.
-
s
m
-
-
s
m
Palabra ou grupo de palabras que se empregan para designar seres ou cousas de maneira individual dentro da súa especie.
Ex: Descoñecemos o nome da especie desta planta.
-
nome científico
[BIOL]
Nome latino dun taxon que se establece segundo as normas da nomenclatura biolóxica.
-
nome comercial
[ECON]
Nome distintivo dun produto ou establecemento que serve para diferencialo doutro.
-
nome utilizable
[BIOL]
Nome latino dun taxon que se pode empregar na nomenclatura biolóxica porque responde ás regras establecidas.
-
nome válido
[BIOL]
Nome utilizable dunha especie que se axusta mellor aos criterios taxonómicos.
-
nome vulgar
[BIOL]
Nome popular que se lle dá a un xénero ou a unha especie na lingua do lugar onde se atopa.
-
s
m
-
s
m
-
Persoa notable nunha determinada actividade.
Ex: Ao congreso asistiron os principais nomes da cirurxía.
-
Prestixio dunha persoa ou cousa debido ás súas calidades. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo nome vale máis que toda a riqueza para un home. O nome dura máis ca o home”.
Ex: Era un avogado con moito nome na cidade.
Sinónimos: fama, renome.
-
-
s
m
[LING]
Palabra léxica que está formada por un lexema e por morfemas gramaticais. Desde o punto de vista funcional divídense en substantivos e adxectivos que se diferencian sintáctica e semanticamente
Frases feitas
-
1 En representación de alguén.
-
A nome de Dirixido a unha determinada persoa.
-
En/No nome de loc prep
-
Non ter nome. Ser unha cousa tan indignante que non se pode nomear.
-
2 En atención a.
Refráns
- Chámanlle ao gancho cousa torta.
- Dous Xans e un Pedro fan un home enteiro.
- Non hai home sen nome nin nome sen renome.
- Non hai mellor home có que corresponde ao nome.
- Pouco gaña o home que fía no nome.