"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Capela situada en Pontevedra, dedicada á Virxe Peregrina, patroa da cidade. Foi construída a partir de 1778 por iniciativa de Bernardo José de Mier e seguindo as trazas do arquitecto portugués António Souto. Está vinculada ao Camiño Portugués de Peregrinación a Santiago. Iniciado en estilo barroco, combina formas rococós e neoclásicas, cunha superposición de distintas ordes artísticas na decoración. A planta é circular e adopta a forma de vieira, símbolo do Camiño de Santiago, e dentro dela insírese unha cruz. No seu interior destaca o retablo neoclásico, obra de Melchor de Prado (1789), coa imaxe da Virxe vestida cos elementos característicos dos peregrinos, e a pía de auga bendita, cunha cuncha traída desde o Océano Pacífico polo almirante Casto Méndez Núñez. A fachada principal cúrvase cara a fóra; está precedida por un pequeno adro con escaleiras, pechado con balaústres, e presenta dous corpos separados por cornixas, portada alintelada e tres ocos con arcos en forma de cuncha no segundo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso da orde dos servitas. Parece que foi curado dunha úlcera nun pé orando diante dun crucifixo. Represéntase co hábito negro da súa orde, amosando unha chaga da perna mentres Xesús Cristo se descrava da cruz para abrazalo, sostido por anxos. A súa festividade celébrase o 1 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Perito industrial e político. Emigrou a Uruguay en 1956, onde desenvolveu actividades galeguistas no Patronato da Cultura Galega de Montevideo, do que foi directivo. Nesta mesma cidade colaborou como locutor da emisión radial en lingua galega Sempre en Galicia, emitido por Radio Carve. De volta a Galicia, en 1977, fundou a libraría Castelao, en Vigo, e fixou a súa residencia na casa familiar que tiña en Soutomaior. Foi alcalde desa vila entre os anos 1979 e 1991 -o primeiro elixido democraticamente-, e converteu o concello nun dos primeiros de Galicia en galeguizar a súa actividade administrativa. Colaborador de diversas publicacións das colectividades galegas no exterior, escribiu diferentes artigos, como “A prolongada peregrinación riopratense” publicado en A Galicia exterior (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, fillo de Ignacio Manuel Pereira. Pediu asilo político en Portugal polas súas ideas revolucionarias (1842) aínda que, en 1843, reapareceu en Vigo apoiando o pronunciamento militar de B. Espartero. Foi deputado a Cortes, electo por Ponteareas (1848-1850) e acusárono de dirixir unha proclama aos habitantes de Galicia e ao exército instándoos a revelarse contra o goberno, polo que foi xulgado e condenado. Fuxiu de novo a Portugal e, amnistiado polo goberno, presentouse no Congreso para tomar cargo de deputado (1854-1856). Responsable do pronunciamento liberal en Pontevedra, foi nomeado gobernador civil (1854), cargo que ocupou por pouco tempo polo descontento e presións dos habitantes de Vigo. Durante a Revolución de Setembro de 1868 foi proclamado presidente da xunta de goberno. Asinou un manifiesto para que as Cortes concedesen a coroa a un monarca portugués e acadar deste xeito a reunificación peninsular. En 1871 foi nomeado embaixador e ministro plenipotenciario no Imperio de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritor e político. Militou en diferentes partidos federalistas, defendeu o proxecto de constitución do estado galego, o laicismo e o federalismo, e foi un dos promotores da primeira Asemblea Federal de Galicia celebrada na Coruña (1886). Iniciou a súa andaina xornalística en Diario de Lugo, que dirixiu entre 1879 e 1884; nese último ano fundou o xornal El Regional e, posteriormente, en Madrid, colaborou en Revista de España e La Ilustración Española y Americana, entre outras publicacións, ademais de dirixir Nuevo Mundo. Escribiu varias obras con influencias de Zorrilla, Bécquer, Campoamor e do estilo costumista de V. Lamas Carvajal. Destacan Impresiones y recuerdos (1877), Otoñales (1889), Cousas da aldea (1891), onde se inclúen diversos cadros de costumes do mundo rural; Romancero de la ciudad de Lugo (1892), a lenda romántica A cova da serpe (1892) e o ensaio El regionalismo y la...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Cadaval (1648-1727?). Durante o alzamento portugués contra Castela favoreceu a causa do oitavo duque de Bragança, Xoán II, quen, ao se converter en rei como Xoán IV de Portugal, lle outorgou varios cargos e o título de duque de Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Orixinalmente foi unha capela do s XVII, que se ampliou durante o s XX. No seu interior conserva o retablo maior do s XVIII coas imaxes de san Bertomeu e da Virxe co neno, de comezos do s XVII. Na fachada destaca a espadana, datada en 1861.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixiosa. Coñecida como María Antonia de Xesús, tomou o hábito das carmelitas descalzas en 1733. A mediados do s XVIII fundou o convento das Carmelitas Descalzas en Santiago de Compostela, obra á que dedicou gran parte da súa vida. Destacou como escritora de obras relixiosas e místicas, como Autobiografía (1754-1755), Edificio espiritual (1756) e Epistolario, onde se recolleron un bo número de cartas manuscritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Próximo ao neorrealismo italiano, que tivo unha grande influencia en membros da súa xeración, os seus filmes caracterízanse pola descrición da realidade social e a busca das raíces culturais do seu país. Marcou o comezo do Cinema Novo brasileiro con Rio 40 Graus (1955), Rio Zona Norte (1957) e Vidas secas (1963). Da súa produción tamén destacan O amuleto de Ogum (1974), Na Estrada da Vida (1980), Jubiabá (1987), Cinema de Lágrimas (1995) e Guerra e Liberdade-Castro Alves em São Paulo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Profesor de dereito constitucional e da cátedra Jean Monnet na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na constitución europea e en teoría constitucional. Da súa produción destacan Against positive rights (1988), El Ejemplo constitucional de Inglaterra (1992), Invitación al estudo de la Constitución de los Estados Unidos (1998) e Doce tesis sobre la Política (2000). Foi membro da Political Studies Association.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Especializada no estudo dos pazos galegos, pertence ao Instituto de Estudios Vigueses. Escribiu Memoria sobre los restos visigodos de la villa de Panjón (1976), La arquitectura del Pazo en Vigo y su comarca (1979) e a tese doutoral La Arquitectura civil y religiosa en la Diócesis de Tui, siglos XVII y XVIII (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou obras de poesía, novela e libros de viaxes. Coordinador do volume poético En tránsito: poesía galega en Madrid (2001), xunto con Vicente Araguas, participou nos volumes colectivos Intifada (1989) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001). Colaborador de Encrucillada, Luzes de Galiza e O Correo Galego, da súa produción destacan Poemas da cinza (1990), onde amosa sobre todo sinceridade nun marco de continuas referencias á realidade cotiá; Todo morte (1998), Sobremesa (1999), Rosa íntima (2000), Inventario de fragmentos (2001, Premio Rosalía de Castro) e Libro das viaxes (2002). Gañou a IX edición do premio de relatos Casa de Galicia de León con “Día de inverno” (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra inscríbese na estética barroca, en 1696 realizou seis lenzos para decorar o intradorso do arco de acceso ao camarín do Santo Cristo de Ourense con escenas da Paxión de Cristo, inspirados nos gravados de orixe nórdica. Destacan A oración no horto de Xetsemaní e O prendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborou nas revistas Espadaña e Alba, onde publicou parte da súa produción poética. A súa obra reflicte elementos autóctonos mesturados con algúns trazos exóticos. É autor dos libros de poesía El regreso (1964) e Poemas de ciudades (1994); das novelas Un sitio para Soledad (1969) e Las ciudades de poniente (1994, Premio Torrente Ballester); dos libros de contos Una ventana a la carretera (1967, Premio Leopoldo Alas 1966), El síndrome de Estocolomo (1988, Premio Fastenrath) e Recuento de invenciones (2004); e dos ensaios Reseñas y confidencias (1985) e Crónicas de Villafranca (1997). Doutor honoris causa pola Universidad de León, foi galardoado co Premio Castilla y León de las Letras (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Noceda (As Nogais) e Vilaspasantes (Cervantes). O seu cumio acada os 1.168 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, pai de Xoán Manuel Pereira de Castro. Foi un activo militar contrarrevolucionario durante o Trienio Liberal, vicepresidente da Xunta Apostólica de Galicia e xefe principal dos voluntarios realistas galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Instalado en Castela, recibiu a influencia de A. Cano e de Gregorio Hernández. De estilo barroco, a súa obra destacou pola expresividade e a sobriedade ao mesmo tempo. Destaca San Bruno para a Cartuja de Miraflores (Burgos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Entrimo. De gran sobriedade construtiva, no seu interior destaca un retablo dun só corpo con dobre fornela e organizado por columnas salomónicas, ademais dun ático, que acolle as imaxes de san Facundo, san Brais e santo Antón. Na fachada conta cun arco rebaixado na portada e remate con espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e crítico de arte. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1956), ampliou estudos en Madrid e París e especializouse en anatomía patolóxica e análises clínicas. Vinculado desde moi novo á arte e á cultura, foi membro fundador do colectivo Atlántica, promotor e dinamizador das citas Bayona Horizonte Atlántico, comisario de múltiples exposicións, director da sección de arte da revista Galicia Moda (1985-1992) e editor de Futura (1987-1988), director da colección Aguatinta e editor de carpetas de gravados. Foi asesor de diversas institucións, director dos Museos do Real Club Celta de Vigo, membro do Patronato do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, asesor do grupo que puxo en marcha a Mostra Unión Fenosa e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Colaborador en diversos medios e publicacións, publicou A batalla de Rande (2002). Recibiu a medalla de honra da Mostra Unión Fenosa (2001) e a Llave do Museo Massó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Traballou nas obras do ferrocarril en Madrid, Iruña e Zaragoza ata que en 1872 se instalou definitivamente en Santiago de Compostela, onde foi arquitecto municipal en 1873. Introduciu na arquitectura compostelá o emprego do ferro e do cristal. Das numerosas obras que realizou no centro histórico da cidade, destacan a sede do Casino de Santiago, a ampliación do Banco Simeón (1876), a sede da Banca Olimpio Pérez (1886) e os edificos hoxe sede de El Correo Gallego (1885), da Fundación Torrente Ballester (1890) e da Fundación Caixa Galicia (1895), así como o derrubado asilo de anciáns do Camiño Novo (1900). Foi nomeado comendador da Real Orden de Isabel la Católica (1880) e cabaleiro da Real Orden de Carlos III (1882)

    VER O DETALLE DO TERMO