"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
papilionáceo.
-
-
Relativo ou pertencente aos papiliónidos.
-
Insecto da familia dos papiliónidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polas súas grandes dimensións e as súas cores relucentes. A esta familia pertencen os xéneros Papilio, Iphiclides, Parnassius e Zerynthia, que se poden atopar en Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da papila óptica ou porción do nervio óptico visible co oftalmoscopio. Pode afectar só a un ollo ou aos dous. Provoca cegueira que, segundo sexa a causa e a gravidade da doenza, se pode recuperar ou non. OBS: Tamén se denomina neurite óptica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se forma pola hipertrofia das papilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de abundantes papilomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da papila óptica e da retina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten papilas.
-
PERSOEIRO
Físico e inventor francés. Foi axudante de Huygens desde 1673 e posteriormente de Boyle, en Inglaterra, onde perfeccionou a máquina pneumática (1676-1679) e ideou o dixestor, coñecido como marmita de Papin. En Alemaña residiu en Marburg e Kassel, onde inventou diversos aparatos. A súa máxima preocupación, non obstante, foi a máquina de vapor, da que foi, de feito, un precursor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. De personalidade controvertida, colaborou desde 1900 ata 1915 nas revistas Leonardo (1903-1907), La voce (1903-1907) e Lacerba (1913). Entre 1900 e 1915 escribiu os seus libros máis significativos de filosofía, poesía, literatura e crítica literaria, dos que destaca a autobiografía Un uomo finito (1912). Convertido ao catolicismo, compuxo obras ascético-morais, como Storia di Cristo (1921) e Il diavolo (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto romano. Exerceu a avogacía e a maxistratura. Foi considerado príncipe dos xurisconsultos romanos, e a denominada lei de citas de Teodosio e Valentiniano III (426) confirmou a autoridade da fonte de dereito da súa doutrina. Das súas obras destacan as Responsa e as Quaestiones.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates cinomorfos, da familia dos cercopitécidos, ao que pertencen os babuínos ou papións. Son de dimensións grandes, co morro longo e calvo, mandíbulas fortes e cairos moi potentes. Teñen o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. O pelame é longo e abundante.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Comunitat Autónoma de Catalunya (3.314 h [2001]). Os principais cultivos de regadío son as hortalizas e as árbores froiteiras. No secaño destacan a viña, as cerdeiras e as amendoeiras. A industria ten como principais sectores o da construción, o químico e o téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome que reciben os primates do xénero Papio.
-
Primate surafricano, o máis grande dos papións, que ten o pelame marrón agrisado, cun ton verde nas costas. Os machos adultos poden pesar máis de 40 kg.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia romana coñecida polas súas achegas ao corpus lexislativo. Dos seus membros destacan Sexto ou Publio Papirio , contemporáneo de Tarquinio o Soberbio; Caio Papirio Carbo , tribuno da plebe (131 a C) e cónsul (120 a C); Cneo Papirio Carbo , tribuno da plebe (92 a C), cónsul con Cinna (85-84 a C) e con Mario o Novo, loitou contra Metelo e Pompeio nun intento de liberar a Mario. Capturado por Pompeio en Sicilia, foi axustizado. Tamén cabe mencionar o cónsul Lucio Papirio Cursor , probablemente autor da Lex Poetelia-Papiria, a favor dos debedores.
-
-
Planta herbácea perenne que presenta talos dereitos e triangulares que chegan a medir 2,5 m de altura, coroados por unha umbela de follas cintiformes. Dáse en augas fluviais, en Exipto e nos países próximos.
-
-
Folla artificialmente composta por tiras extraídas do tronco da planta de papiro e enganchadas, que empregaban os antigos para escribir. Inicialmente escribíase todo seguido na dirección das fibras, na parte denominada recto, mentres que na outra banda, verso, as fibras mantíñanse perpendiculares. Cando o rolo era xa inservible, aproveitábase o reverso en branco para escribir outros textos. O uso de papiros en Exipto remóntase ao s XXX a C, mentres que os gregos máis antigos son do s IV a C. Arredor do s I, para aforrar, introduciuse o costume de cortar o papiro en fascículos ou quinternos, o que deu orixe ao codex, precursor do libro. O papiro escrito máis recente foi unha bula papal de 1017.
-
Manuscrito antigo feito sobre estas follas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de facer figuras dobrando o papel. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en papiroloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os papiros escritos. Forma parte da codicoloxía e da paleografía. Inclúe tamén os óstrakon e mesmo os pergameos atopados en escavacións. A papiroloxía divídese en antiga e medieval. A antiga máis relevante foi a grecorromana, especialmente a grega, que é a mellor representada, con miles de manuscritos. Ademais desta, comprende tamén os manuscritos xeroglíficos, hieráticos, demóticos, coptos e arameos, entre os que sobresaen os de Elefantina (s V a C). Da papiroloxía medieval, ademais dalgúns códigos e documentos merovinxios, os papiros máis importantes son os papais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á papiroloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que exerceu de papa, referido ao personaxe lendario da papisa Xoana.