Papiria, gens

Papiria, gens

Familia romana coñecida polas súas achegas ao corpus lexislativo. Dos seus membros destacan Sexto ou Publio Papirio , contemporáneo de Tarquinio o Soberbio; Caio Papirio Carbo , tribuno da plebe (131 a C) e cónsul (120 a C); Cneo Papirio Carbo , tribuno da plebe (92 a C), cónsul con Cinna (85-84 a C) e con Mario o Novo, loitou contra Metelo e Pompeio nun intento de liberar a Mario. Capturado por Pompeio en Sicilia, foi axustizado. Tamén cabe mencionar o cónsul Lucio Papirio Cursor , probablemente autor da Lex Poetelia-Papiria, a favor dos debedores.

Palabras veciñas

Papio | Papiol, El | papión | Papiria, gens | papiro | papiroflexia | papirólogo -ga