"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende moi novo participou na cultura galega publicando artigos en diferentes xornais e traballos de Etnografía. É autor do poemario Canto en tres tempos de amor e esperanza. No 1996 publicou o artigo “Ferro Couselo, o seu tempo e o Ateneo do Ullán”, no volume coordinado por Xosé Ramón Fandiño Veiga Xesús Ferro Couselo. Día das Letras Galegas 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e polígrafo. Durante a súa etapa de estudante universitario implicouse nos movementos culturais e artísticos da época, conciliando desde o comezo a súa actividade como xurista e a súa vertente investigadora e artística. A súa formación viuse consolidada con dúas viaxes de estudios: en 1929 desprazouse á Bretaña, pensionado pola Universidade e pola Junta de Ampliación de Estudios, e en 1933 a Portugal, xunto con Florentino López Cuevillas, con quen mantivo unha intensa relación de amizade e colaboración, especialmente nos ámbitos da Prehistoria e a Arqueoloxía. As relacións entre Galicia e Portugal serán un referente importante nalgúns dos seus traballos que, en moitos casos viron a luz en publicacións lusas como Bracara Augusta ou Douro-litoral. No tocante ao seu labor xurídico, en 1929 foi nomeado xuíz de primeira instancia, pero a chegada da Guerra Civil ocasionoulle serios problemas profesionais que o apartaron do servicio. Tras ser rehabilitado no ano 1938, exerceu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Cultivou a poesía en galego e colaborou co seu irmán Fermín Bouza-Brey na recompilación Cancioneiro das ribeiras do Tea. Publicou traballos histórico-xurídicos, entre os que destacan Supervivencias do dereito consuetudinario xermánico no costumario luso-galaico (1960). Colaborou na publicación Guión. Semanario reprublicano de política-cultura información e publicou “Memorante biografía humán i apasionada de Ramón Cabanillas Enríquez” (1961), no Boletín de la Real Academia Gallega.
-
PICOS
Pico do eixe axial da serra do Barbanza, situado no límite entre as parroquias de Nebra (concello do Porto do Son) e Cures (Boiro). O seu cumio acada os 604 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Socioloxía da Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor na Universidade de Vigo, publicou as obras: Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña (1988); A situación socio-cultural dos concellos galegos (1991); As necesidades no desenvolvemento social de Galicia (1994), en colaboración con Iago Santos Castroviejo. Ademais, ten colaborado en diversas publicacións como Grial, Luzes de Galiza ou Análise empresarial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cavar unha porción de terra inculta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concello anexionado ao de Vigo por resolución das Cortes españolas de data 30.4.1904, executada o 5.10.1904. Durante o Antigo Réxime Bouzas era unha xurisdición da provincia de Tui que abranguía as parroquias de Beade, Bembibre, Bouzas, Coia e Coruxo, baixo o señorío do bispo e cabido tudense. Ao establecerse o municipalismo consonte ás disposicións emanadas da Constitución de Cádiz, a antiga xurisdición converteuse en axuntamento en 1812, adscrito á provincia de Galicia e ao distrito do Val do Fragoso. En 1814, derrogada a Constitución, volveuse á administración señorial, disolvéndose o concello. Durante o trienio liberal (1821-1823), restableceuse o concello, integrado no partido e provincia de Vigo a partir de 1822. Suprimidos de novo o municipalismo e mais a Constitución en 1823, hai que agardar ata 1835 para que se constitúa de novo o concello, adscrito esta vez ao partido de Vigo e á provincia de Pontevedra. Neste derradeiro período (1835-1904) as parroquias que integraban...
-
-
Bouza.
-
Liñaxe galega que leva como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de goles, catro barras de ouro; segunda partición, campo de goles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Xosé Rodríguez Bouzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto de Vigo.
-
MONTES
Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechaus (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio ten unha altitude de 1.463 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. De estilo románico, está datada a finais do s XII ou principios do s XIII. Consta dunha nave e dunha ábsida rectangular, ambas con cuberta de madeira. A portada occidental é abucinada, con dúas arquivoltas con molduras; a interior sostida por columnas de bases áticas e capiteis vexetais, o tímpano é liso co lintel bilobulado. Na porta norte, o lintel está sostido por sinxelos ángulos entrantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bouza.
-
Liñaxe que leva como armas escudo acuartelado: primeiro cuartel, en campo de azul, unha torre de prata sobre media roda de muíño do mesmo metal e acompañada de tres lises de ouro mal ordenadas; segundo cuartel, en campo de ouro, cun león da súa cor natural; terceiro cuartel, en campo de ouro, con tres bandas de goles; cuarto cuartel, en campo de azul, dúas estrelas de ouro postas en faixa, superadas de dous castelos do mesmo metal.
-
-
GALICIA
Actor. Comezou a súa actividade na Escola Dramática Galega participando en espectáculos como Bamboliñas (1981) ou Historias para seren contadas (1985), para logo iniciar unha nova andaina como técnico de escena de diversas compañías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de insatisfacción no campo afectivo e social debido ao desequilibrio entre as aspiracións dunha persoa, que se imaxina superior ao que realmente é, e as súas condicións sociais, ambientais, psicolóxicas e intelectuais. O termo está inspirado no personaxe de Flaubert, Madame Bovary.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.
-
bóveda anular
Bóveda de canón montada sobre paredes circulares concéntricas.
-
bóveda avenerada
Bóveda que ten forma de cuncha de vieira.
-
bóveda calada
Bóveda traballada por calados.
-
bóveda claustral/esquifada
Bóveda formada pola intersección de dúas bóvedas de canón sobre un soporte continuo, cadrado ou rectangular. Ten catro panos triangulares esféricos e arestas entrantes.
-
bóveda de abano/palmeada
Bóveda na que os nervios semellan varas dun abano ou pólas dunha palmeira.
-
bóveda de arcos entrecruzados
Bóveda de orixe musulmana, formada polo cruzamento de arcos que non pasan polo centro.
-
bóveda de aresta
Bóveda que resulta do cruzamento perpendicular de dúas bóvedas de canón da mesma frecha.
-
bóveda de canón
Bóveda orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo do seu eixe lonxitudinal.
-
...
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Bóveda por ser onde está a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO