Bouzoa, San Xoán de
Bouzoa, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Taboada. De estilo románico, está datada a finais do s XII ou principios do s XIII. Consta dunha nave e dunha ábsida rectangular, ambas con cuberta de madeira. A portada occidental é abucinada, con dúas arquivoltas con molduras; a interior sostida por columnas de bases áticas e capiteis vexetais, o tímpano é liso co lintel bilobulado. Na porta norte, o lintel está sostido por sinxelos ángulos entrantes.