"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e xurista, irmán de Manuel Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Ingresou na carreira xudicial e exerceu como maxistrado, profesión que abandonou para dedicarse á avogacía. Da súa produción xurídica destacan El Régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales (1958) e Las ideas jurídicas del Padre Feijoo (1973). Foi colaborador de diversas publicacións periódicas, como Galicia, Grial e Boletín da Real Academia Galega, en que incluíu artigos sobre os principais escritores galegos, e participou no Galician Programme da BBC. No campo literario, en que se inclúen obras de clara influencia neotrobadoresca e hilozoísta, destacan 14 Nadaliñas 1958-1973, Trébol poético (1943) e Do recuncho amado (1980). Gañou os Xogos Florais de 1945 no apartado de poesía en galego. Foi membro da Real Academia Galega, da que foi elixido presidente (1960), do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo e cofundador da Editorial Galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correspondencia que, segundo a teoría da relatividade, hai entre a masa m e a enerxía E dun sistema físico; a ecuación é E=mc 2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. O seu espírito aventureiro levouno a Italia, Flandres ou Brasil. Escribiu Viriato Trágico (1699), un poemario épico onde no Canto XV, titulado “Um sonho profético”, relata os aspectos máis destacados e emocionantes da súa vida en 80 estancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Formouse no C. P. Breogán do Grove, e é especialista na modalidade de C-2, en que foi campión de España en 500 e 1000 m (2004), subcampión do mundo en 1000 m (2001) e en maratón (2003), xunto a José Alfredo Bea. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e Sydney (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciouse na pintura desde cativo, en 1912 instalouse en Vilagarcía de Arousa, onde coñeceu a obra de Castelao, que marcou a súa traxectoria artística e espertou o seu interese pola importancia do debuxo como arte. Viaxou a Madrid en 1915 e introduciuse no mundo cultural da capital. De volta a Galicia colaborou en Vida Gallega, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego e xunto con Rafael Dieste e Manuel Antonio comezou a forxar a vangarda galega. Realizou retratos, viñetas e estampas que mostraban o inicio dunha nova xeración, a dos Novos ou dos Renovadores, mentres mantiña tamén relación cos membros da Xeración Nós. En 1926 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e viaxou a París onde perfeccionou a súa técnica, empregando o gravado para a reprodución exacta e a xilografía como medio esclarecedor da forma. Coñecía e rexeitaba o academicismo e en París descubriu a vangarda europea e recibiu a influencia do eslavismo de rusos como M. Larionov ou N. Gontcharova. Percatouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista na proba de marcha, foi campión (1993) e subcampión (1995) do mundo na distancia de 20 km, e obtivo a medalla de bronce na distancia de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000). Gañou 18 veces o campionato de España en diferentes distancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial conserveiro, publicista e escritor. Colaborou na edición de Cien obras de la colección Massó, na fundación do Museo Provincial de Pontevedra e no establecemento da Misión Biolóxica e participou na elaboración do Dicionario da Real Academia Española con numerosas achegas técnicas. Publicou Cantares populares gallegos, Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra (1964), Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas (1964), Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera (1967), Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia (1967) e Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal (1975). Foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO) entre 1935 e 1937 e membro correspondente da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Instalouse en Galicia, onde cultivou unha pintura realista. Destacan os seus retratos Antonio Rosón (1993), Castelao, S.M. El Rey Don Juan Carlos I (1993), Manuel Fraga Iribarne e Ramón Piñeiro (1995), ademais das súas visións urbanas recollidas na mostra Retratos e Perspectivas Urbanas, das que sobresae Vista de Bilbao. Recibiu o Premio Nacional de Pintura de Venezuela (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás matrices.

    2. Impresora que debuxa os caracteres punto por punto grazas a un conxunto de agullas.

    3. Forma da mecánica cuántica desenvolvida por Heisenberg, que consiste en asociar unha matriz a cada variable física. É equivalente ao formalismo da mecánica ondulatoria desenvolvida por Schrödinger, en que as variables son descritas por operadores. OBS: Tamén recibe o nome de mecánica das matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a illas Mauricio ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de illas Mauricio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos maxilares e á cara. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que, desde xullo de 1992, recibe a antiga Asociación España-URSS fundada en xaneiro de 1987. Esta institución, presidida por Francisco Mosquera Pazo, desenvolve actividades culturais e lúdicas como cursos de lingua rusa, ciclos de cine ruso, torneos de xadrez, concursos de redacción e debuxo, conferencias ou presentación de libros. Conta, ademais, cunha coral polifónica e cunha biblioteca de libros rusos e galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Licenciada en Dereito, foi nomeada directora do Institute of Legal Studies (1987) e vicerrectora da Queen’s University, en Belfast (1994). Gañou, como candidata independente, as eleccións presidenciais da República de Irlanda (1997), co que foi a primeira persoa nacida en Irlanda do Norte que alcanzou o cargo. Recibiu o apoio do Fianna Fáil e do Fine Gael e mantivo moi boas relacións co Sinn Féin. Defensora da reunificación de Irlanda, foi contraria ao divorcio e ao aborto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político eslovaco. De ideas nacionalistas e populistas, militou no Komunistická Strana Československa (Partido Comunista de Checoslovaquia, KSČ) (1962-1969) e codirixiu o Foro Público contra a Violencia (VPN) (1989-1991). Foi deputado da Cámara das Nacións da Asemblea Federal (1990), ministro de Interior e Medio Ambiente (1990), primeiro ministro da República eslovaca integrada en Checoslovaquia (1990-1992) e primeiro ministro trala independencia (1993-1998). Liderou o movemento para a partición checoslovaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón creado pola Xunta de Galicia en 1984 para distinguir as persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade galega en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Entréganse o 25 de xullo, Día de Galicia, nun acto solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación xeográfica protexida, segundo a Orde do 19 de febreiro de 2003 da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e modificado o seu regulamento pola Orde do 10 de febreiro de 2004. Conta con 460 produtores de mel e 61 plantas envasadoras. O seu consello regulador controla, ampara e certifica o produto que leva a etiqueta identificativa de Mel de Galicia, desde a produción ata a súa presentación no punto de venda. Aínda que é unha denominación única, está formada por diferentes tipos: mel de milflores, de eucalipto, de castiñeiro, de queiroga e de silva, que terán que ser producidos, elaborados e envasados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección dos dentes de leite que se tornan denegridos a causa da destrución do esmalte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘verán’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva tinta, doce e aromática, moi común nas zonas do Ribeiro e do val do Miño.

    2. ariedade de viño elaborado coa uva do mesmo nome nas zonas do Ribeiro, vales do Miño e Sil e O Bierzo. Estes viños agrúpanse en diversas denominacións de orixe, das que destacan a Denominación de Orixe Ribeiro e a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A uva dálles a estes viños, que xa eran moi apreciados na época do Imperio Romano, un alto contido en azucres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo antropónimo galego de orixe descoñecida, que podería vir dunha forma feminina de Maecius ou Metius, posto que a forma Mecía, e quizais Micia, aparecen frecuentemente na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO