"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción de exculpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expulsar algo.

    2. Expulsión do organismo de materias de desfeito.

    3. Condución dun fluído por medio da depresión producida por un chorro doutro fluído a moita velocidade. Emprégase especialmente na obtención do baleiro, mediante bombas de exección, ou no cebado de grandes bombas centrífugas.

    4. Movemento articulatorio que se produce na zona glotal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de execrar.

    2. Figura retórica formada pola expresión ou fórmula con que se execra.

    3. Pérdida do carácter sagrado dun recinto. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de executar.

      1. Aplicar a pena de morte.

      2. execución forzosa

        Actuación material para o cumprimento dos actos administrativos que pode principiar a mesma administración, como consecuencia da súa eficacia executiva inmediata.

      3. execución subsidiaria

        Medio de execución forzosa a disposición da administración, polo que esta realiza directamente o que se ordena no acto administrativo.

    2. Proceso de elaboración dunha obra de arte. No eido das obras figurativas, refírese ao dominio da técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exemplificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de eximir ou eximirse.

      1. Privilexio de liberarse total ou parcialmente dalgún tributo, carga ou obrigación.

      2. exención tributaria

        Bonificación fiscal pola cal o suxeito pasivo queda liberado do pago de parte ou da totalidade do imposto. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exercer.

      1. Traballo ou práctica que ten por obxectivo a adquisición, o desenvolvemento ou a conservación dunha determinada facultade ou actitude.

      2. Cada unha das probas que se fan en certos exames.

      3. Traballo intelectual que serve de práctica das regras ou dos coñecementos dados nunha lección ou nunha clase.

    2. Conxunto organizado de movementos corporais racionalmente concibidos e dispostos para conseguir un desenvolvemento muscular ou un bo estado físico.

      1. Período legal dun presuposto de ingresos e gastos.

      2. Período de tempo, que xeralmente coincide cun ano natural, en que se fracciona a actividade económica dunha empresa coa intención de valorala a efectos económicos e contables e de medir os resultados.

    3. Conxunto de actividades relixiosas encamiñadas a obter unha mellora espiritual. O nome procede do libro de santo Ignacio de Loiola, Ejercicios Espirituales (1548). A sexta Congregación Xeral da Compañía de Xesús (1608) fíxoos obrigatorios para todos os xesuítas. Os exercicios ignacianos prolónganse durante un mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exercitar ou exercitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de exfoliar ou exfoliarse.

    2. Capacidade ou tendencia que teñen as rochas de romperse con máis facilidade ao longo duns planos paralelos ou radioconcéntricos. Un exemplo moi claro de rocha de gran fino con exfoliación notable é o da lousa, con distancias entre as diferentes superficies planas duns 0,25 cm. Nas rochas de gran máis groso denomínase esquistosidade á tendencia a exfoliarse a partir de superficies case paralelas. A exfoliación das rochas favorécese por unha disposición determinada das partículas minerais, relacionada coas superficies paralelas, formadas mecanicamente. Os minerais máis típicos son os da familia das micas, cunha exfoliación moi marcada, que facilita a exfoliación das rochas que as conteñen. Outros tipos de exfoliación prodúcense nas rochas cristalinas, a causa da meteorización en clima húmido.

    3. Defecto que presentan certas pezas metálicas que se caracteriza polo feito de desfacerse en láminas. Débese á presenza de dobras superficiais que non chegan a soldarse.

    4. Propiedade que teñen certos cristais de romper en superficies paralelas a unha cara cristalina posible. Segundo o grao de exfoliación, denomínase perfecta, boa, clara e non clara. A exfoliación reflicte a estrutura interna, xa que os enlaces estruturais non teñen a mesma forza nos diferentes planos.

      1. Eliminación, en forma de pequenas láminas, de anacos de tecido necrótico.

      2. Destrución das capas superficiais da epiderme. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de exhalar.

    2. Bafo que exhala un corpo por evaporación.

    3. Resplandor intenso producido polo raio. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exhibir ou exhibirse.

    2. Presentación dun obxecto, documento ou títulos referentes ao caso sometido á consideración dun tribunal, que pode ser requirida polos interesados na preparación dun xuízo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno psicolóxico que se caracteriza polo desexo esaxerado de destacar as peculiaridades propias diante doutros.

    2. Comportamento que consiste en mostrarse nu ou en ensinar os xenitais, coa conseguinte satisfacción ou liberación sexual. É un fenómeno propio dos infantes e tamén de certas culturas. A súa represión conduce a miúdo os afectados adultos a exhibirse por sorpresa e en público, diante de descoñecidos. Cando este comportamento é compulsivo e exclúe calquera outra actitude sexual, considérase unha desviación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao exhibicionismo.

    2. Persoa que practica o exhibicionismo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de exhortar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exhumar.

    2. Acción de sacar un cadáver da sepultura para facerlle a autopsia en caso de presunción de certas causas da morte. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenación xurídica dos Estados Pontificios coñecidas tamén co nome de Liber Constitutionum sanctae Matris Ecclesiaem que foron promulgadas no Parlamento Xeral de Fano, nas Marcas, polo cardeal Gil Álvarez de Albornoz entre abril e maio de 1357. Formadas por seis libros, conteñen un código penal e civil. Permaneceron en vigor nos Estados Pontificios ata 1816.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Exipto, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Exipto.

    1. Tipo de letra de pau groso e hasta uniforme; na conxunción de ambas non se produce diferenza de grosor. Está inspirada na forza e na estrutura dos monumentos exipcios e difundiuse a partir do 1820.

    2. Lingua falada no Antigo Exipto. Pertence á familia camito-semítica ou afroasiática. Está documentada dende o 3100 a C ao 473 d C, aínda que seguiu a falarse en forma de copto ata o s XVI. As súas orixes son controvertidas: para algúns é unha lingua semítica africanizada, mentres que outros opinan o contrario. Dende un punto de vista gramatical, presenta as seguintes características: na fonética, predominan as consoantes sobre as vocais; na morfoloxía triliteralismo (as palabras adoitan ter tres consoantes), consta de adxectivos nisbats e dun xenitivo indirecto formado por un n, e, ao mesmo tempo, contén unha gran riqueza no campo verbal, dos pronomes, da negación, das partículas e das preposicións; na sintaxe segue unha orde estrita das palabras na oración, aínda que frecuentemente sofre a ausencia de determinados adverbios (‘cando’, ‘aínda’), e de conxuncións (‘se’, ‘e’) que dificultan a súa comprensión. No léxico, está formado por un vocabulario...

    3. Arte desenvolvida en Exipto. As manifestacións artísticas do Antigo Exipto caracterizáronse pola influencia da relixión e do centralismo político, e a importancia do máis alá. Os artistas eran anónimos e non asinaban as obras, aínda que tiñan un recoñecemento social. Foron manifestacións realizadas cunha intencionalidade utilitaria e non artística que non se modificaron ao longo dos séculos e que non recibiron influencias externas, pois estaban ao servizo do faraón. Os seus principios básicos foron a representación bidimensional, a frontalidade, a falta de perspectiva e a horizontalidade. A arquitectura definiuse polo colosalismo, o emprego dos perpiaños de pedra e o descoñecemento do arco e da bóveda, feito que provocou que fose arquitrabada. A columna tivo unha función estrutural e tamén decorativa. As primeiras foron troncos de árbore, aínda que co emprego da pedra os fustes se decoraron con estrías que reproducían as marcas dos troncos orixinais, e os capiteis acadaron diversas formas...

    4. Arte cinematográfica realizada en Exipto. Nos seus comezos destacaron os irmáns libaneses Ibrahim e Badr Lāmā, con Qublah fi-l-ahrā’ (Un bico no deserto, 1926). En 1931 realizouse a primeira película falada, Awlādal-dawāt (Fillos de papá), do produtor, actor e director Yūsuf Wahbī. En 1934 Tawfik Miṣrāhī fundou os primeiros estudios, que funcionaron dun xeito regular, e no 1936 filmouse Widad (Desexo), de Fritz Kramp, que deu a coñecer o cantante Umm Kultum. Posteriormente, a produción cinematográfica aumentou, pero a calidade non mellorou. O triunfo da revolución do 1952 posibilitou que a liña social, iniciada por Kamāl Salīm con Al-’Aimah (A vontade, 1949) e abortada polo réxime de Fārūq, continuase con películas como Min ‘araq ǧabīnī (Coa suor da miña fronte, 1952) de Gianni Vernucio, e Sahra fī-l-wādī...

    5. cruz exipcia.

    6. Sistema gráfico empregado no Exipto Antigo, documentado dende o 3100 a C (paleta de Narmer ou Menes) ata o 473 d C (derradeiro texto demótico). Dunha certa complexidade (inferior, sen embargo, á do sistema sumerio-acadio), estivo influída, quizais por este no tocante aos principios que a rexen. Trátase dunha escritura pitórica, en que a palabra e a imaxe están estreitamente relacionadas. De aí a importancia dos ideogramas, ou signos-palabra, que reproducen fielmente aquilo que se quere designar (unha casa, un home). Outros elementos son os fonogramas, que poden ser triliterais (tres consoantes), biliterais e uniliterais, ou signos alfabéticos (24 en total); os determinantes de idea, que, a diferencia dos do sistema sumerio-acadio, van sempre despois da palabra e aclaran ou determinan o sentido desta, e os determinantes fonéticos, que precisan o son dun ou máis signos. Unha palabra exipcia pode ser escrita, polo tanto, con fonogramas ou cun ou dous determinantes...

    7. Literatura do Exipto faraónico e do período grecorromano conservada en escritura xeroglífica, hierática e demótica. Os seus límites cronolóxicos abarcan dende o terceiro milenio a C ao s IV d C. Polo que se refire aos temas, existe un corpus de documentos estritamente literarios. Quedan fóra unha serie de fontes escritas (relixiosas, xurídicas, científicas) utilizadas ás veces no seu estudio. Entre os problemas que presenta, os máis complexos son a escaseza de materiais, a mala conservación dos textos, a transmisión defectuosa de determinadas pezas e a dificultade extrema dalgúns dos escritos. É unha literatura imaxinativa e directa en que representan un importante papel a relixión e a monarquía. Así mesmo, caracterízase pola fragmentación do material, que aparece tamén en textos non literarios; pola vertente histórica dalgunhas das pezas e pola relación existente entre literatura e arte, propicia, en parte, o carácter decorativo da escritura xeroglífica, feito que levaba a complementar...

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se forma a exogástrula. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de exonerar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de exornar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO