"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Xograr. De orixe probablemente portuguesa, desenvolveu a súa actividade entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Da súa produción, atopada nos cancioneiros da Vaticana, da Biblioteca Nacional e da Ajuda, consérvase a cantiga de amigo “Irei a lo mar vee-lo meu amigo”, única na estrutura da rima e no tratamento do tema, xa que amosa a enorme ansia que sente a amada por dirixirse cara ao mar, na procura do amigo, e declararlle abertamente o seu amor. Con respecto á cantiga de amor “Nostro Senhor! en que vus mereci”, dubídase da súa autoría entre Nuno Porco e Nuno Rodriguez de Candarei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Roma (69). Amigo de Nerón, tomou a súa muller Popea e aquel enviouno a Lusitania. Ao rebelarse Galba (68), fíxose proclamar emperador, mais o seu rival, o Emperador Vitelio, derrotouno e ante a falta de apoios, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mercia (757-796). Foi o primeiro en tomar o título de rei de Inglaterra. Casou dúas fillas súas cos reis de Wessex (789) e Northumbria (792), feito que contribuíu á consolidación da hexemonía de Mercia. Construíu o muro de Offa que separaba Inglaterra de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Asorei e Oirós (Vila de Cruces). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1376-1387) e de Noruega (1380-1387), fillo de Haakon VI de Noruega e de Margarida I de Dinamarca. Sucedeu o seu avó Valdemar IV Atterdag no trono de Dinamarca e o seu pai no trono de Noruega, pero foi a súa nai quen gobernou no seu nome como rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos individuos que compoñen unha oligarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Malia mostrar trazos románticos e costumistas, representa a aparición da novela catalá moderna, que reflicte a vida contemporánea. Realista declarado, iniciou a corrente literaria máis avanzada e máis cosmopolita da época, participou nos inicios do movemento modernista e colaborou en L’Avenç. As súas obras foron traducidas a diversas linguas e delas destacan Croquis del natural. La papallona (1882), prologada por Zola na versión francesa (1885); La boguería (1898) e Al llapis i a la ploma (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e tratadista de cine francés. Fundador do grupo Les amis du cinéma, que se creou en 1962 en Perpignan, dirixiu as revistas Cinemathèque (1964), Confrontation (1965), Les Cahiers de la Cinemathèque (1971) e o Institut de Recherche et d’Animation sur l’histoire du cinéma (1981). Publicou La guerre d’Espagne au cinéma (1986) e, en colaboración con Pierre Guibbert, Histoire de la France au cinéma (1993), ademais de diversas monografías, das que destacan as de J. A. Bardem, L. Buñuel e C. Cardinale. Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oncocercose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección cutaneodérmica que se observa nalgúns países africanos e de América Central e do Sur debida ao helminto Onchocerca volvulus e ás súas microfilarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está provisto de opérculo.

    2. operculiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao opérculo.

    2. operculiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asemella a un opérculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza xeralmente arredondada que serve para tapar algún orificio do corpo dun animal.

    2. Parte apical que, facendo función de tapadeira, presentan algúns órganos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicanalista francés. Ordenado sacerdote en 1948 e considerado como o mellor sexólogo cristián, tratou de reconciliar a moral católica cos descubrimentos máis incontestables da psicoloxía moderna. Denunciado en Roma, prohibíuselle continuar exercendo o seu ministerio nos seminarios. Das súas obras destacan Une morale pour notre temps (1964) e Le célibat (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da Antártida, constituído por catro illas desérticas e algúns escollos rochosos, situado a 1.350 km de Tierra del Fuego (622 km2). Dispútano Inglaterra, que as consideran unha dependencia das illas Malvinas, e Arxentina, que mantén nel un observatorio meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea di Cione.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na vertente N da serra homónima e bañado polo río Orce (1.395 h [2001). No xacemento de Orce-Venta Micena atopouse un fragmento de cranio de discutida procedencia e datación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia colorante que se obtén do orcinol e do amoníaco, que se presenta en cristais avermellados. É soluble en alcohol, ácido acético (solución vermella) e álcali (solución violeta) e utilízase como reactivo analítico e como colorante en microscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO