Nuno Porco

Nuno Porco

Xograr. De orixe probablemente portuguesa, desenvolveu a súa actividade entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Da súa produción, atopada nos cancioneiros da Vaticana, da Biblioteca Nacional e da Ajuda, consérvase a cantiga de amigo “Irei a lo mar vee-lo meu amigo”, única na estrutura da rima e no tratamento do tema, xa que amosa a enorme ansia que sente a amada por dirixirse cara ao mar, na procura do amigo, e declararlle abertamente o seu amor. Con respecto á cantiga de amor “Nostro Senhor! en que vus mereci”, dubídase da súa autoría entre Nuno Porco e Nuno Rodriguez de Candarei.