Orcadas, illas
Orcadas, illas
Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.