"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Capela situada no Pico Sacro (Boqueixón). Pertenceu a un mosteiro dedicado tamén a san Sebastián fundado en 904 polo bispo Sisnando por orde de Afonso II. En 912 Ordoño II cedeuno con todas as súas pertenzas ao mosteiro de San Martiño Pinario. Abandonado, foi restaurado no s XII ata que foi finalmente abandonado. Da igrexa non se conserva nada e do mosteiro só esta pequena capela, dunha soa nave e capela maior rectangular, cun arco triunfal semicircular peraltado que descansa sobre columnas exentas. No lugar houbo unha torre que servía para vixiar os camiños que, atravesando o Ulla, chegaban ata Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Michel Picoli, debutou en 1955 con French Cancan de Jean Renoir; pero foi a partir de Dillinger é morto (1968) cando destacou no cine europeo. Traballou con importantes directores como L. Buñuel (La voie lacteé, 1969), C. Sautet (Mado, 1976) ou J. L. Godard (Passion, 1982). En 1980 foi premiado en Cannes por Salto nel vuoto de M. Bellochino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral italiana fundada polo director Giorgio Strehler e por Paolo Grassi en 1947. Os seus espectáculos comprenden unha ampla panorámica da dramaturxia mundial, case sempre baixo a dirección de Strehler, pero tamén de Costa, Enríquez, Lodovici, Eduardo de Filippo, Jacobbi, Chéreau, D’Amato, Vitez e Damiani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato e eclesiástico italiano. Nomeado arcebispo de Patras (1574), quedou como auxiliar do bispo de Siena. Autor de obras de astronomía, como Delle stelle fisse, foi o primeiro en clasificar as estrelas alfabeticamente coas letras latinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta, crítico e narrador. Colaborador de La Nación, en Bos Aires, Cuadernos Americanos, en México, e da Revista Nacional de Cultura, en Caracas, das súas publicacións destacan o ensaio De la conquista a la independencia (1944), a novela Los tratos de la noche (1955) e a obra autobiográfica Regreso de tres mundos (1959). En 1954 recibiu o Premio Nacional de Literatura de Venezuela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fracción dos organismos planctónicos que teñen as dimensións máis pequenas posibles das células.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Beariz, no concello homónimo. O seu cumio acada os 778 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e dramaturgo. Membro do grupo Dolmen, desenvolveu o seu labor teatral na Agrupación Cultural Auriense. É autor de diversas pezas de teatro en que manifesta a súa ideoloxía nacionalista, como O caixón (1977), A grande candonga (1978), Silvania (1978), Os cigarróns (1979), María Soliña (1994), Prisciliano en Tréveris (1995), Ciclo de Venus (2001) e Ciclo de Mercurio (2002). Relacionado coa súa actividade como compositor musical editou Polifonía. Libro I (1992) e Escola coral de poesía e de música (1997). Autor do libro O Barco e a terra de Valdeorras (1992), no ámbito poético tirou do prelo Sonetos da lúa chea (1980, Premio Cidade de Monforte 1978) e Poema dos lustros (1984, Premio Cidade de Ourense 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pedro José Pidal Carniado. Católico sen concesións, situouse a medio camiño entre o carlismo e a fidelidade á monarquía afonsina, que acabou aceptando. Foi ministro de Fomento con A. Cánovas del Castillo (1884-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Hispanista irlandés. Foi profesor de castelán en Liverpool (1939-1940), no Trinity College de Dublín (1940-1945) e en Sheffield (1953-1980). Especialista na literatura dos ss XV-XVII na Península Ibérica, é autor de The Heroic Poem of the Spanish Golden Age (1947), da edición crítica de Luis de Camões: Os Lusíadas (1973), dos estudos críticos sobre Amadís de Gaula (1976), da biografía de Alonso de Ercilla y Zúñiga (1984) e do estudo Narrativa española de los siglos XVI y XVII (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista estadounidense. De ideoloxía democrática e antiabolicionista, loitou co grao de xeneral na Guerra Mexicano-estadounidense e foi presidente de EE UU (1852-1856). Exerceu presión sobre Reino Unido para que abandonase os seus intereses na costa central americana e tentou negociar con España a venda de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Iniciou o censo da poboación española en América e escribiu Tratado elemental de estadística (1873) e Tratado de hacienda pública y examen de la española (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Piero della Francesca, estudou con Masaccio e colaborou con Domenico Veneziano. Nas súas primeiras obras conservadas, Battesimo di Cristo (1440?-1445) e Polittico della Misericordia (1445-1462), evidénciase o protagonismo da figura humana en paridade coa natureza, segundo a liña marcada por Masaccio. Cara a 1450 pintou, en Urbino, La flagellazione di Cristo e os frescos de Sigimondo Malatesta e San Sigimondo, no templo dos Malatesta. Durante a súa estadía en Ferrara, entrou en contacto con R. van der Weyden e influíu na escola local. Entre 1452 e 1465 pintou os frescos da Leggenda della vera Croce para a capela do coro da igrexa de San Francesco en Arezzo, dos que destaca especialmente o Sogno di Constantino. Viaxou a Roma (1459-1460), onde influíu en artistas como Melozzo da Forlì. Despois de 1460 estivo en Sansepolcro (Resurrezione di Cristo, 1465) e na Corte de Urbino, onde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piero de Benedetto dei Franceschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Lorenzo Monaco, formouse na tradición das escolas sienesa e florentina e caracterizouse por un espiritualismo gótico de liñas ondulantes e cores vivas. Pintou miniaturas, retablos e cadros de altar. Das súas obras destacan Incoronazione della Vergine (1407), para o mosteiro de San Benedetto fuori Porta; Adorazione dei Magi (1421-1422), para a igrexa de Sant’Egidio en Florencia; e Annunciazione para o altar da capela Bartolini na igrexa de Santa Trinità (1421-1422).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. No seu estilo conseguiu unha síntese da escola sienesa e florentina. Atribúeselle unha bandeira (1433) e algúns retratos, como o San Bernardino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e medallista italiano. Traballou con Francesco Laurana. Desde 1453, realizou varias esculturas para o arco do Castel Nuovo de Nápoles e realizou varias medallas para Renato I de Nápoles (1461-1464).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo italiano. Residiu moitos anos en París, onde escribiu Liber compilationis Physionomiae (1295?). De volta a Padua, ensinou medicina e filosofía natural na universidade. A súa obra máis notable foi Conciliator differentiarum philosophorum et precipue medicorum (1303), un intento de conciliación das opinións contraditorias dos médicos e filósofos anteriores, desde os gregos. Autor tamén de Lucidator dubitabilium astronomiae e dun Tractatus de venenis (1316), tivo fama de nigromántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Inicialmente cultivou un estilo romántico próximo ao de Nerval ou Baudelaire e, co tempo, avanzou cara ao surrealismo e o erotismo sutil. Anacrónico no tratamento dos temas, escribiu tanto novela como poesía, e da súa obra destacan Dans les années sordides (1943), Le lis de mer (1956), La motocyclette (1963), La marge (1967, Premio Gongourt), Sous la lame (1976) e Le deuil des roses (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento semellante á frauta, de son agudo.

    2. Persoa que toca este instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO