Picouto Iglesias, Millán
Picouto Iglesias, Millán
Poeta e dramaturgo. Membro do grupo Dolmen, desenvolveu o seu labor teatral na Agrupación Cultural Auriense. É autor de diversas pezas de teatro en que manifesta a súa ideoloxía nacionalista, como O caixón (1977), A grande candonga (1978), Silvania (1978), Os cigarróns (1979), María Soliña (1994), Prisciliano en Tréveris (1995), Ciclo de Venus (2001) e Ciclo de Mercurio (2002). Relacionado coa súa actividade como compositor musical editou Polifonía. Libro I (1992) e Escola coral de poesía e de música (1997). Autor do libro O Barco e a terra de Valdeorras (1992), no ámbito poético tirou do prelo Sonetos da lúa chea (1980, Premio Cidade de Monforte 1978) e Poema dos lustros (1984, Premio Cidade de Ourense 1983).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense