"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade da botánica consagrada ao estudo dos liques. A súa creación parte da obra do sueco Erik Acharius (1757-1819). O seu labor de descrición e ordenación das novas especies, baseada aínda sobre caracteres macroscópicos pero feita segundo criterios modernos, foi ampliada por Elias Magnus Fries (1794-1878). Posteriormente, o italiano De Notaris empregou os caracteres microscópicos e Fréderic Nylander (1822-1889) engadiu a utilización de reaccións coloreadas. Simon Schwendener (1826-1919) demostrou a composición dobre dos liques. Actualmente, trabállase intensamente na química, a fisioloxía e a ecoloxía dos liques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbario de liques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode liquidar.
-
-
-
Acción e efecto de liquidar.
-
Proceso polo que os bens mobles, inmobles ou os activos en xeral dunha empresa se converten en diñeiro en efectivo.
-
enda polo miúdo con carácter extraordinario e cunha gran rebaixa de prezos que se fai nun establecemento comercial por cesamento da actividade, reforma ou traslado. Dunha maneira regular poden realizarse para dar saída a stocks acumulados.
-
-
Acto de dar por finalizada unha relación laboral, principalmente entre unha empresa e un traballador, e documento en que se fai constar que as contas quedan axustadas e saldadas.
-
licuefacción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai unha liquidación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas caducifolias, da familia das hamameliáceas, que presenta follas alternas e lobuladas, flores pedunculadas unisexuais e sementes duras e negras.
-
-
-
Determinar o activo e o pasivo de calquera negocio ou corporación para axustar as contas.
-
Saldar de forma definitiva unha conta.
-
-
-
Facer o axuste final de contas nun negocio e cesar nel.
-
Vender algo por un prezo inferior ao real para esgotar a mercancía existente.
-
-
-
Acabar con algo facendo que desapareza.
-
Consumir ou gastar algo completamente nun espacio de tempo moi breve.
-
-
Resolver unha cuestión pendente.
-
...
-
-
-
Calidade de líquido.
-
-
Condición ou característica dun activo, xeralmente financeiro, que permite a recuperación do valor do investimento ou dos fondos investidos na compra, dun xeito inmediato. Suponse que a recuperación do valor faise en diñeiro de curso legal. Pódese falar de situacións de liquidez de persoas físicas ou morais (empresas, bancos ou incluso un estado).
-
liquidez bancaria
Cantidade de diñeiro de curso legal e depósitos á vista no banco central, que teñen os bancos para afrontar as diminucións dos seus depósitos. A súa relación co total de depósitos, ou conxunto de recursos de terceiros de fontes non bancarias utilizadas polos bancos coñécese como coeficiente de caixa. Pódese falar tamén dunha segunda liña de liquidez, que incluiría os activos de conversión inmediata en diñeiro, en particular a débeda do estado a curto prazo.
-
liquidez internacional
olume de medios de pagamento aceptados pola maioría dos países para saldar as débedas entre eles. Estes medios están constituídos polo ouro e as moedas de reserva ou de circulación internacional, en particular o dólar de EE UU.
-
preferencia pola liquidez
Relación funcional entre a cantidade de diñeiro demandado polas empresas e o público e as variables que a determinan. O termo foi empregado por primeira vez por J. M. Keynes na súa obra The General Theory of Employment, Interest and Money, que defendeu que a demanda de diñeiro se produce por tres motivos fundamentais: a transacción, que depende do volume de produción e polo tanto da renda; a precaución, para continxencias non precisables como enfermidades ou accidentes, e a especulación, desexo de reter o diñeiro á espera das oscilacións de tipos de intereses e, polo tanto, do precio dos activos financeiros. Segundo el, os dous primeiros motivos non están ligados ás variacións dos tipos de interese, a diferenza do terceiro, que está vinculado dunha forma moi directa. Por isto os keynesianos consideran o tipo de interese como o factor relevante na demanda de diñeiro.
-
-
Capacidade de responder ás débedas económicas.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao estado líquido ou a un líquido.
-
Que presenta as características dun líquido.
-
estado líquido
Estado da materia, intermedio entre o sólido e o gasoso, en que as moléculas teñen escasa cohesión e poden cambiar a súa posición respectiva (segundo o recipiente que o conteña), pero que ocupa un volume practicamente constante en función da temperatura ou a presión. Os líquidos e os gases denomínanse fluídos, e ambos os dous teñen unha gran mobilidade molecular. Nun líquido as moléculas son atraídas por igual en todas as direccións polas súas veciñas e, polo tanto, a forza resultante é nula excepto para as moléculas da superficie do volume líquido, nas que aparece a tensión superficial. O paso ao estado sólido é a solidificación (denomínase conxelación cando é debida a unha diminución de temperatura), e o paso inverso é a fusión. O paso ao estado gasoso denomínase vaporización e o inverso, condensación. Na superficie libre dos líquidos, as moléculas con enerxía suficiente para abandonar a masa líquida vaporízanse. Nun recipiente pechado,...
-
-
-
Aplícase á cantidade ou ao prezo que resulta unha vez efectuadas as reducións que correspondan.
-
Calquera ben ou activo financeiro facilmente convertible en diñeiro efectivo.
-
Diñeiro en moedas ou billetes en efectivo.
-
líquido impoñible
Cantidade estimada ou fixada oficialmente sobre a que se aplica a tributación correspondente a cada contribuínte.
-
-
Aplícase á consoante precedida doutra e seguida dunha vogal que forma un grupo silábico con elas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva do diagrama binario de fases que relaciona a composición e temperatura por riba das que só existe a fase líquida.
-
PERSOEIRO
Médico, político e etnógrafo. Concelleiro de Pontevedra pola candidatura monárquica nas eleccións municipais de 1931, participou na fundación da Unión Regional de Derechas (URD) en Pontevedra. Elixido deputado en 1933, ingresou en Renovación Española (1934) e foi reelixido deputado en 1936. Nomeado polos sublevados xefe da Guarda Cívica durante a Guerra Civil Española, escribiu La medicina popular en Galicia (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xesús Liste Forján.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non está nin frío nin quente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de fotografía histórica en que se recollen diferentes imaxes de Francisco Llanos Mas, Francisco Llanos Trápaga e Ángel Llanos González. Na súa maior parte corresponden a fotografías da cidade de Vigo e dos seus arredores, así como da cidade da Coruña. O 14 de setembro de 2001 o Concello de Vigo organizou a exposición O que Vigo lle debe ao mar, onde se incluíron algunhas imaxes deste arquivo.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Afiliado inicialmente á UGT, en decembro de 1930 constituíu, no Sindicato Nacional Ferroviario e xunto con Calderón e Jacinto Méndez, o Sindicato de Industria Ferroviaria, afiliado á CNT. Membro da directiva do Centro de Estudios Germinal, en decembro de 1933 foi un dos líderes da folga xeral revolucionaria contra o goberno republicano de dereitas, na Coruña. Morreu no asalto ao cuartel da Garda Civil en Oleiros no trascurso da folga xeral convocada pola CNT.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, periodista, diplomático e crítico de teatro. Traballou en diversos medios como ABC, Informaciones, TVE ou El País, e foi profesor da Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid. Realizou traducións e adaptacións de obras dramáticas, de autores como Shakespeare, Goldoni, Fernando de Rojas, Benjamin Jonson, Schiller, Aristófanes, A.P. Čekhov, Cocteau ou O’Neill. Recibiu o Premio Nacional de Teatro, o Premio Nacional de Cinematografía e o Premio Nacional de Literatura (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. En 1891 trasladouse a EE UU, onde exerceu a docencia e traballou no Instituto Rockefeller de Nova York. Fixo investigacións sobre partenoxénese, tropismos e rexeneración de tecidos, e estudiou as causas do envellecemento e ofreceu unha base científica á moderna xeriatría.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lofobranquios.
-
Peixe da orde dos lofobranquios.
-
Orde de peixes teleósteos, que presentan o corpo alongado e acoirazado, boca pequena sen dentes e galadas longas e tubulares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Discusión que se centra na forma das palabras e que non atende ao seu fondo ou ao seu significado.
-
GALICIA
Médico e escritor. Colaborou en O Tío Marcos da Portela e O Galiciano, e foi autor de Horas perdidas (1889) e Brisas gallegas (1890), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO