"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Medievalista francés. Foi monxe beneditino en Clervaux, Luxemburgo, e en 1948 emprendeu a edición crítica das obras de Bernardo de Claraval. A partir da súa obra L’amour des lettres et le désir de Dieu. Introdution aux auteurs monastiques du Moyen Âge (1957) desenvolveu a teoloxía monástica, na que, sen preocupacións científicas, a escritura é o soporte permanente dunha elevación contemplativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante popular do antropónimo feminino Lidia.
-
PERSOEIRO
Químico francés. Traballou nas universidades de Harvard (1963-1964), Louis Pasteur de Estraburgo e no Colexio de Francia (París). As súas investigacións centráronse principalmente nas macromoléculas cíclicas, descubertas por Pedersen en 1962. En 1987 recibiu, xunto con D. J. Cram e C. J. Pedersen, o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre síntese en laboratorio de moléculas que reproducen as funcións químicas e biolóxicas vitais das moléculas que se atopan en organismos vivos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro. Foi director das oficinas de Transferencia de Tecnoloxía (OTRI), de Orientación ao Emprego (OFOE) e de Iniciativas Empresariais (OFIE). Foi, tamén, director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, cofundador e presidente da Asociación Española de Profesores de Ingeniería Gráfica, presidente do Comité de Dibujos Técnicos da Sociedad Española de Normalización (AENOR) e Socio de Honor da Unión Nacional de Arquitectos e Ingenieros de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lenda Dourada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festas da Antigüidade en honor de Dióniso ou Baco para festexar a fecundidade da terra, o prensado da uva e o depósito do viño nos lagares. Durante estas festas, que pasaron de Atenas a Roma, celebrábanse certames literarios.
-
PERSOEIRO
Inventor belga. En 1859 desenvolveu o primeiro motor de combustión interna que empregaba queroseno como combustible, feito que permitía aforrar espazo así como un manexo máis sinxelo en comparación coas máquinas de vapor xa existentes. Ao ano seguinte acoplou este motor a un vehículo, e construíu así o primeiro automóbil equipado cun motor de combustión interna, que foi tamén o primeiro a dous tempos impulsado con gasolina. En 1862, construíu un vehículo experimental que acadaba unha velocidade de 3 km/h.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lagrimexar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos, da clase dos copépodos, que comprende un gran número de especies, todas parasitas de peixes, tanto mariños como de auga doce. A súa estrutura está moi dexenerada polo parasitismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alcalización do amoníaco, ou das aminas primarias ou secundarias, mediante compostos carbonílicos, en presenza de ácido fórmico como axente redutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Secreción xenital feminina, de cor abrancazada, que pode provir do útero ou da vaxina. En pequena proporción é normal, pero pode ser indicativa de alteracións orgánicas, e sobre todo aumenta nas infeccións venéreas, como na blenorraxia. Son indicativos de leucorrea patolóxica o aumento de cantidade, o cambio de cor e o mal olor da secreción, así como a presenza de sangue. OBS: Tamén se denomina fluxo branco.
-
PERSOEIRO
Alquimista alemán. Foi considerado un precursor dos fundadores da química moderna. Publicou os tratados Alchymia collecta (1595), Rerum chemicarum epistolica forma (1595-1599), Expositio fidelis sincera et delucida Raymundi Lullii (1599) e Opera omnia medico-clínica (1615), baixo o pseudónimo Basilius de Varna.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Traxe de uniforme con levita, xeralmente de gala, que levan algúns empregados ou criados.
-
Conxunto de caracteres morfolóxicos accesorios e extremos que confiren a un animal o seu aspecto característico. A presenza de plumas, pelos, crinas, escamas e outras formacións epidérmicas (como cristas, esporóns ou colares), xunto coa súa disposición e coloración, son, entre outros, os elementos determinantes da librea. A librea dun animal pode ser permanente ou temporal. Neste último caso, o cambio de librea pode deberse a factores estacionais (a librea estival e a invernal de moitos animais) ou a outros factores, como os sexuais (librea nupcial).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Séfer Yĕ Palatino; ṣ irà.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto romance que descende do orixinal francés Estoire del Saint Graal, primeira parte do ciclo da Post-Vulgata. A tradición manuscrita está representada por 59 manuscritos dos ss XIII-XVI e por unha edición parisiense (1516). A copia portuguesa, gardada no Arquivo Nacional da Torre do Tombo (Lisboa), debeuse realizar en Lisboa a mediados do s XVI, e nela participaron 10 mans; o primeiro copista foi Manuel Álvares. A historia comeza cunha visión do autor que recibe do ceo un libro en que se relata a historia do Santo Graal. A voz narrativa manifesta que copiará este manuscrito contando todos os feitos acontecidos desde a paixón de Xesús Cristo e a actuación de Xosé de Arimatea, o seu longo cativerio e a súa liberación por mandato de Vespasiano. Seguidamente, unha voz encárgalle a Xosé que exerza o labor de misioneiro por todo o mundo levando o Santo Graal en que recolleu o sangue de Xesús Cristo. Xosé iniciou este labor evanxelizador no Reino de Sarras, daquela invadido...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala de espectáculos construída en Barcelona por iniciativa do Liceu Filharmònico-Dramàtic Barcelonès, inaugurado en 1867. O edificio contaba cunha capacidade para 3.500 espectadores, tiña cinco andares e platea, polo que no momento da súa construción estaba considerado como un dos máis grandes do mundo. Sufriu un incendio en 1861 e outro en 1994. Co apoio institucional e cidadán construíuse un novo edificio no mesmo lugar, que se reabriu o 7 de outubro de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Beato de Liébana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de análise clínica para a determinación do colesterol, que foi descuberta en 1885.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento librecambista organizado en 1839 en Manchester (Inglaterra) para conseguir a abolición das leis proteccionistas británicas sobre o trigo importado (Corn Laws). Os seus principais dirixentes foron Richard Cobden e John Bright, ambos os dous membros da escola de Manchester. A liga disolveuse en 1849 ao acadar a abolición das tarifas arancelarias proteccionistas.