"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Cronista e xurisconsulto. Foi xuíz da Corte de Messina desde 1273, procurador da Sicilia oriental e avogado do fisco en Palermo. Continuou na Corte ata 1291. Escribiu unha historia de Sicilia, hoxe perdida, en hexámetros, que comprendía desde as Vésperas Sicilianas ata 1293.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neozelandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes pulmonados, dipnoos, da familia dos ceratódidos, de ata 2 m de lonxitude, que teñen o corpo cuberto de escamas osificadas de gran tamaño e coas aletas dorsais e anais unidas á caudal. Actualmente inclúe unha única especie vivente, N. Forsteri, que vive en ríos de Australia oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás fases da oroxenia alpina que tiveron lugar na fin do Xurásico Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento estético de base intelectual orixinado polo desgaste das fórmulas do Barroco final, ou o esgotamento da súa capacidade creadora na segunda metade do s XVIII. Influíron na súa aparición as descubertas arqueolóxicas en Pompeia e Herculano, as aplicacións das doutrinas académicas e a difusión de novas tendencias políticas opostas ao principio monárquico tradicional. Foi un movemento de curta duración que se estendeu por toda Europa e chegou a América. Teóricos como J. J. Winckelmann e A. C. Quatremère de Quincy, pintores como A. R. Mengs e J.-L. David, escultores como A. Canova e B. Thorvaldsen, e arquitectos como Ch. Percier, P.-F.-L. Fontaine e K. F. Schinkel, activos nos derradeiros anos do s XVIII e o primeiro cuarto do s XIX, son os representantes máis destacados desta tendencia. As súas obras amosan o predominio das formas e os temas derivados do clasicismo helénico e a preferencia pola liña e o debuxo sobre a cor. Na Península Ibérica sobresaíron o arquitecto Juan de Villanueva...

    2. Corrente arquitectónica do s XX representada no comezo por P. Behrens, A. Loos e L. Mies van der Rohe, formados aínda na normativa neoclásica que utilizaron nas súas primeiras obras. Despois abandonaron o repertorio formal clásico, pero continuaron coa mesma orde e disciplina compositivas. Philip Johnson, desde 1949, e Louis Kahn favoreceron o uso de elementos neoclasicistas na arquitectura estadounidense.

    3. Movemento musical desenvolvido entre 1918 e 1939. Consistiu nun retorno á denominada música barroca e clásica, e unha reacción ao subxectivismo posromántico. Destacan a volta de formas como a suite, o concerto grosso, a tocata e o ricercare. Os músicos máis notables adscritos a este movemento nalgunha etapa da súa creación son B. Bartok, M. Ravel, A. Honegger e I. F. Stravinskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neoclasicismo.

    2. Seguidor do neoclasicismo.

    3. Corrente de pensamento económico que reformulou a doutrina clásica partindo dos supostos do marxinalismo e que incluíu as diferentes tendencias ás que, posteriormente, este enfoque deu lugar. Fundamentou as súas análises en concepcións antihistóricas, a fin de eliminar os problemas derivados das institucións da propiedade e das relacións sociais. Os autores que estableceron as bases da nova escola foron: William S. Jevons (Theory of Political Economy, 1871) en Reino Unido, Karl Menger (Grundsätze der Volkswirtschaftslehre, 1871) en Austria e Léon Marie E. Walras (Éléments de l’Économie Politique, 1874) en Suíza. Entre os seus seguidores inmediatos pódese citar a Irving Fischer, Alfred Marshall, Vilfredo Pareto e Knut Wicksell, entre outros. Baséase en catro características fundamentais. De acordo coa primeira, as clases sociais deixaron de ser o punto de partida e substituíronse polos axentes económicos; estes tiñan como obxectivo a maximización da súa utilidade,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao neocolonialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica imperialista dos países industrializados sobre as antigas colonias e os países subdesenvolvidos en xeral. A partir da descolonización formal, as potencias mundiais conservaron a súa preeminencia política, económica e cultural e seguiron un proceso de recolonización e de intervención nos países subdesenvolvidos, aproveitando o desequilibrio económico. As grandes compañías monopolistas, os programas de axuda e os organismos internacionais están sendo os instrumentos clásicos do neocolonialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neocolonialismo.

    2. Partidario do neocolonialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio comprensivo, ou superestadio (e superidade), do Cretáceo inferior, que agrupa diversos estadios. Inclúe habitualmente os catro estadios inferiores do Cretáceo. O estrato tipo encóntrase en Neuchâtel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neocomiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos neocomítidos.

    2. Molusco fósil da familia dos neocomítidos.

    3. Familia de moluscos cefalópodos fósiles, semellante á dos ammonítidos, que viviron no Valanxiniano e Hauteriviano (Cretáceo Inferior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo en desuso que se empregou para nomear a serie e a época correspondente ao Cretáceo superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neocretáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neokantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neocriticismo.

    2. Partidario ou seguidor do neocriticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento iniciado en EE UU en 1955 por artistas que participaban da actitude fronte á arte de M. Duchamp. Baseáronse no illamento do obxecto fóra do seu contexto habitual, e con R. Rauschenberg e J. Johns, incorporaron, mediante a colaxe fotográfica, elementos da realidade como o fixeran K. Schwitters e Hausmann. OBS: Tamén se denomina New Dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neodadaísmo.

    2. Seguidor do neodadaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría evolutiva que nega a herdanza dos caracteres adquiridos baixo a acción do medio e defende o poder absoluto da selección natural. Actualmente combínase coa xenética mendeliana e a xenética de poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO