"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
ILLAS
Illa das Mascareñas, situada no Océano Índico, que constitúe un departamento de ultramar de Francia (2.510 km2; 733.000 h [estim 2001]). A súa capital é Saint-Denis. É unha illa de orixe volcánica e acada a súa maior altitude no Piton des Neiges (3.069 m). O 22% do territorio está dedicado á agricultura, sobre todo cana de azucre e a vainilla. Descuberta en 1513 polo portugués Pedro de Mascarenhas, estaba deshabitada e en 1662 a Compañía Francesa das Indias Orientais ocupouna e colonizouna desde Madagascar, co nome de illa Borbón. En 1769 a coroa francesa fíxose cargo da súa administración. Durante a Revolución Francesa declarouse independente e adoptou o nome de Reunión, que foi recoñecido en 1848. Ocupada polos ingleses durante as guerras napoleónicas, en 1815 volveu a Francia. Desde 1947 é un departamento de ultramar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
revellido.
-
Aplícase ao neno con características propias de persoas maiores.
-
-
PERSOEIRO
Economista e político. Fundou o Partido Regionalista de Cantabria (PRC, 1978), do que é secretario xeral desde 1988. En 1995 foi nomeado presidente da Comunidad Autónoma de Cantabria.
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago mexicano situado no Océano Pacífico que forma parte do estado de Colima. De orixe volcánica, conta cunha extensión de 830 km2 e está integrado polas illas deshabitadas de Clarión, Roca Partida, San Benedicto e Socorro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que ostentou Álvaro Armada Valdés (Oviedo 1817-Gijón1889), deputado polo distrito de Santiago de Compostela durante catro lexislaturas (1846-1854) e gobernador de Madrid (1852), e que pertencía á súa muller, Manuela Fernández de Córdoba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ourense a partir de maio de 1985. Subtitulada “Información, creación e humor”, foi dirixida por Manuel Díaz e Xosé Manuel del Caño. Como publicación de información e creación intelectual, incluíu composicións literarias, caricaturas e humor gráfico a cargo de Xaquín Marín, Xosé Lois ou Pepe Carreiro. A portada incluíu reproducións de gravados de artistas consagrados e contou con colaboracións literarias de destacados escritores galegos de tendencia nacionalista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Avellaneda, Arxentina, a partir de 1931. Subtitulada “Todo por Galicia y para Galicia”, ata o nº 270, foi o voceiro do centro galego desa localidade. Cunha tiraxe de 8.000 exemplares e periodicidade mensual, incluíu aquelas notas de interese para os socios, completando os contidos con artigos relacionados con Galicia. A partir da década de 1940 denominouse Boletín Oficial del Centro Gallego.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na desembocadura do Sella, na costa cantábrica (6.252 h [2001]). De economía agrícola e gandeira, é un porto pesqueiro e turístico. De Arriondas a Ribadesella celébrase o Descenso Internacional do Sella en piraguas. Do seu patrimonio cultural destacan as pinturas rupestres (BIC, 1970) das covas de Tito Bustillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Vicenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue 31 parrroquias dos concellos de Touro, Boqueixón, Vedra e Silleda.
-
GALICIA
Xornalista e xurista. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, ingresou no corpo xurídico militar, foi auditor xeral do exército, fiscal do Consello Superior de Guerra e Mariña e gobernador civil de Huelva e Valladolid. Colaborador de diversos periódicos, foi autor da tradución Historias conmovedoras (1881) e escribiu, xunto a Fausto Manzaneque Montes, Comentarios a la ley de enjuiciamiento militar y formularios completos arreglados a la misma.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coles. De orixe románica, conserva unha portada coa imaxe de san Xián no centro sobre un arco de medio punto decorado con arquivoltas e asentado sobre columnas con capiteis decorados con motivos florais. A parte superior decórase con ornamentos en bóla que rodean o triplo campanario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos Romanos (1257-1272), segundo fillo do Rei Xoán I de Inglaterra. En 1225 foi nomeado conde de Cornualla e Poitou (nominal) polo seu irmán Enrique III de Inglaterra. Foi rexente de Inglaterra (1253-1254) en ausencia do seu irmán. Aceptou a candidatura imperial (1256) e foi coroado rei dos Romanos en 1257, pero non conseguiu ser coroado emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico inglés. Estudou a emisión electrónica dos metais incandescentes, analizada tamén por Saul Dushman, e estableceu a lei de Richardson-Dushman. Investigou o efecto fotoeléctrico e o espectro molecular do hidróxeno. Recibiu o Premio Nobel de Física (1928) polos seus estudos sobre o efecto termoiónico e pola lei de Richardson-Dushman.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie constituída por diferentes follas, que permite estudar unha función multiforme como un conxunto de funcións uniformes. Os planos destas diferentes funcións únense dous a dous ao longo dunha liña, que xeralmente é o semieixe (0, -∞).
-
PERSOEIRO
Xurista e político. De tendencia liberal, foi membro da Deputación Provincial (1854-1862), deputado nas Cortes polo distrito de Pontevedra durante tres lexislaturas (1858-1866), senador pola provincia homónima en dúas ocasións (1872 e 1876-1877) e senador vitalicio desde 1877. Destacou polo seu talento industrial e, en 1869, fixo a presentación política de Uxío Montero Ríos en Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mastigar ou cortar algo cos dentes.
-
Comer algo pouco a pouco ou roéndoo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de combates que, a finais da Segunda Guerra Mundial, e para atravesar o Rin e ocupar o O e o centro de Alemaña, libraron os exércitos aliados contra as forzas da Wehrmacht. Os aliados conquistaron a beira esquerda do Rin (febreiro de 1945), cruzaron o río en Remagen (7 de marzo), ocuparon o Ruhr e, avanzando cara ao L, chegaron ata máis alá do Elba.
-
GALICIA
Escritor e dramaturgo. Coñecido como Corcón, colaborou en xornais, como El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia; e emisoras radiofónicas, como Radiocadena Española, Radio 4 (RNE) e Radio Galega. Produtor de programas culturais da TVG (1987-1989), foi axudante de produción na longametraxe El bosque animado (1986) e director de produción nas curtametraxes Memorias dun parado (1991), Estela do Río (1991) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Autor e actor da obra teatral Festa Rachada (1985), estreou e dirixiu as obras teatrais Furga garabela! (2001) e Salitre (2003); ademais foi guionista dos programas Nós, os consumidores (1992-1993), Galicia enteira (1994) e Galeguidade (1995-1996), e das series de televisión Mareas Vivas (2000) e Pratos Combinados (1996-1999), onde tamén participou como actor (2001-2003). No apartado literario publicou Igor...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Henrique Rivadulla Conde.