"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Xurista. Vicedecano da Universitat de Barcelona, escribiu La Quiebra de Barcelona Traction, Light and Power Cº., Ltd.: conclusiones de los ditámenes emitidos (1953), Ensayo de un sistema de Derecho de la empresa y cuestionario de Derecho mercantil español (1953), Leyes mercantiles y económicas (1956) e Ante una nueva reforma de la sociedad anónima (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operacións bélicas realizadas no territorio polaco durante as dúas guerras mundiais. A primeira campaña, iniciada polos austrohúngaros, tentou a ocupación da Polonia rusa; durou desde agosto de 1914 ata a primavera de 1915, cando os imperios centrais ocuparon Polonia e Lituania. A segunda tivo lugar no mes de setembro de 1939, sen previa declaración de guerra, cando as forzas alemás ocuparon a maior parte de Polonia, mentres que o exército soviético ocupaba as provincias orientais do país. Na terceira campaña, os habitantes de Varsovia rebeláronse contra os invasores nazis (1 de agosto de 1944) e loitaron ata o 2 de outubro, cando, sen obter axuda exterior efectiva, tiveron que capitular. Os exércitos rusos, coa colaboración dos partisanos, realizaron a liberación de Polonia do dominio nazi entre xaneiro e marzo de 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, suposta irmá de san Lourenzo. Foi martirizada por rexeitar unha adoración que consideraba idolátrica. Parece que lle arrincaron os dentes, polo que se considera patroa dos dentistas e avogosa da dor de moas. Tamén se di que morreu condenada na fogueira, botándose ela mesma no lume. Na súa iconografía represéntase como unha moza, vestida cunha longa túnica romana e manto. Leva a palma do martirio e, ás veces, unha coroa de flores na cabeza (atributo das virxes ilustres). Como atributo persoal leva unhas tenaces agarrando unha moa. A súa festividade celébrase o 9 de febreiro (en Padrón o 21 de abril).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e músico. Como membro do Teatro Artello participou nos espectáculos Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo, e A cantante calva (1981), de E. Ionesco; mentres que co Centro Dramático Galego participou en Woyzeck (1984), de G. Büchner, e Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Pantón. A primeira noticia da existencia do mosteiro é dos anos 926-929 cando o Rei Sancho Ordóñez e a súa dona Goto delimitaron os termos do mosteiro. En 997 Vermudo II e a súa dona Elvira confirmaron esta doazón. A comezos do s XVI converteuse nun priorado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Conserva a igrexa, de finais do s XII e reformada posteriormente. Construída en cantaría, ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares. No interior conserva restos de antigas pinturas murais. A portada principal está formada por unha cuádrupla arquivolta sostida por dous pares de columnas acobadeladas con capiteis decorados. No lado oeste da fachada érguese unha torre circular rematada nun campanario cadrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en pediatría e endocrinoloxía e investigou sobre o tratamento dos atrasos no crecemento. Publicou, entre outros, Endocrinología pediátrica (1990), Manual de pediatría práctica (1992). É académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do litoral báltico de límites flutuantes no curso do tempo, entre Prusia, ao L, e Mecklenburg, ao O. Cristianizada por Boleslao III (1086-1138) coa axuda de Lotario II, desde o s XII as terras próximas ao Oder (1135), vasalas de Lotario II, quedaron en mans dos antigos señores, que desde 1170 adoptaron os títulos de duques de Stettin e de Demnin. A zona oriental foi gobernada por duques nominalmente sometidos aos soberanos de Polonia. Conquistada (1308-1309) polos cabaleiros teutónicos, en 1466 reincorporouse ao reino polaco. Dividida e reunificada diferentes veces durante os ss XIV-XVII, en 1522 adoptou o luteranismo, e en 1637, ao se extinguir a vella dinastía eslava, foi obxecto de disputas, que se resolveron no Tratado de Westfalia (1648), atribuíndo a Suecia as bocas do Oder e a Brandenburgo o territorio restante. Os Hohenzollern de Brandenburgo e Prusia adquiriron unha parte da Pomerania sueca pola Paz de Estocolmo (1720) e o resto no Congreso de Viena (1815). Ao acabar a Segunda...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Pomerania ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Pomerania.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo pomeranio.

      2. Individuo do pobo pomeranio.

      3. Pobo eslavo que deu nome á antiga rexión de Pomerania. O nome provén da época carolinxia para indicar un dos cinco grupos eslavos occidentais, que se estableceu na costa báltica. A partir da súa cristianización (s XII), iniciouse un proceso de xermanización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Morreu martirizada en Lyon, xunto con outra compañeira de fe. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paradela (Meis). Construída durante o s XVI, presenta planta en forma de L, cunha torre ameada situada no ángulo. Na fachada destaca o escudo do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao xeneral romano Cneo Pompeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pompeia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Pompeia.

    3. Sistemas decorativos propios da pintura mural romana desenvolvidos desde o período republicano ata o flavio. Obra de artesáns inmigrados ou itálicos de ámbito helenista, foron documentados sobre todo nas casas e vilas vesubianas. En 1882 foron clasificados en catro estilos. O estrutural (200? a C-90/80 a C) imitaba con cores vivas elementos e materiais de construción e revestimento (casa de Fauno). O arquitectónico (80/90 a C-finais do s I a C) que decoraba a parede con hábiles xogos ilusionistas de perspectivas arquitectónicas, figuras, obxectos e escenas mitolóxicas e paisaxísticas (vila dos Misterios). O ornamental (finais do s I a C-metade do s I d C) debilitaba os efectos ilusionistas das arquitecturas en perspectiva e acentuaba a ornamentación, a policromía e os detalles, cun gusto case miniaturista (casa de Lucrecio Fontone). E o fantástico (35-finais do s I) retomaba o ilusionismo perspectivo e empregaba unha técnica denominada ars compendiaria,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Ao servizo do goberno francés no exilio do xeneral Charles de Gaulle, foi funcionario do Consello do Estado (1946-1954) e director xeral da banca Rothschild (1956-1958). Despois de ser xefe do gabinete do presidente De Gaulle (1958-1959), volveu ao seu cargo na banca. Foi primeiro ministro (1962-1968) e, ao retirarse De Gaulle, presidente da república (1969-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Participou na conquista de Granada (1481-1492) e foi a América con Cristovo Colón (1493). Conquistador e gobernador (1510-1512) de Borinquén (Puerto Rico), combateu a resistencia dos indios ao sistema de encomendas. En 1513 descubriu Florida, cando estaba na procura da fonte da eterna xuventude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor mexicano. Formado no Conservatorio de Berlín e discípulo de P. Dukas (1925-1933) na École Normale de Marique, traballou a composición con Marco E. Bossi. Director da Orquesta Sinfónica Nacional de México, co tempo abandonou o seu estilo suave para acoller unha linguaxe impresionista con técnicas contrapuntísticas. Autor da célebre canción Estrellita (1914), e estudoso do folclore musical mexicano, escribiu máis de 50 cancións populares, un concerto para piano e orquestra (1912), Ferial (1940), para orquestra; e Concierto del sur (1941), para guitarra e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago volcánico do Mar Tirreno, situado no golfo de Gaeta, que forma parte da provincia de Latina, Italia (11 km2). Subdivídese en dous grupos: ao NO, o formado polas illas de Ponza e Gavi, con Palmarola e Zannone; ao SL, o constituído polas de Ventotene e Santo Stefano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do nome latino Pontianus, patronímico de Pontius, do que deriva Poncio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (230-235). Despois de loitar contra o antipapa Hipólito, foi deportado a Sardeña e sufriu martirio. A súa festividade celébrase o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Padeceu martirio durante as persecucións de Decio e Valeriano. Refuxiouse en Cimiez e encerrárono xunto con dous osos que se deitaron aos seus pés. Segundo a paixón lendaria do s VI, foi bautizado polo Papa Ponciano. Morreu decapitado. Viste como patricio romano e porta como atributos un libro e un coitelo, ou un ídolo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 14 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Velley. Foi monxe cartuxo e cóengo en Lyon. Viste as roupas episcopais co hábito branco dos cartuxos por debaixo. A súa festividade celébrase o 14 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO