"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • (? 260) Diácono. Foi discípulo de san Cibrán de Cartago e acompañou o seu bispo no exilio durante a persecución de Valeriano. A súa festividade celébrase o 14 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao poeta Eduardo Pondal ou á súa poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta francés. Militante comunista e delegado sindical, foi membro da Resistencia francesa (1940). Director literario de Action, a súa poesía, coa que describe a materialidade do mundo, rexeita a transcendencia e busca a descrición minuciosa dos obxectos e o cotián a través dunha lingua precisa. Da súa obra destacan Douze petits écrits (1926), Parti pris des choses (1942), Proèmes (1949), Le grand recueil (1961), en tres volumes; Nouveau recueil (1967) e Pratiques d’ecriture (1984). Foi galardoado co Grand Prix National de Poésie (1981) e co premio da Académie Française (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena. Formado en filosofía e historia da arte en La Sorbonne, estudou pintura con Fernand Léger. Caracterizado polas súas montaxes pouco ortodoxas e controvertidas, traballou nalgúns dos teatros máis destacados de Alemaña e posteriormente no Metropolitan de Nova York, en San Francisco, Zúric, Viena e nos festivais de Salzburgo e Bayreuth. Das súas postas en escena destacan Tristan und Isolde (1963), Barber of Seville (1968) e Cosi fan tutte (1969), ademais das producións en que dirixiu a algúns dos grandes nomes da ópera, como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, Teresa Stratas, Mirella Freni e Edita Gruberova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, neto de Joaquim Sorolla. Foi arquitecto conservador da Cidade Monumental de Santiago de Compostela. Proxectou o traslado da vila histórica de Portomarín (1963), deseñou uns planos da catedral de Lugo e encargouse do proxecto de remodelación do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Provincial de Ourense (1959). Foi académico de honor da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis de Zaragoza, correspondente da Real Academia de San Carlos de València e académico non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista italiano. En 1448 foi chamado a Nápoles por Afonso V de Aragón o Magnánimo. Protexido por Antonio Beccadelli Panormita, á morte deste presidiu a súa academia que adoptou o nome definitivo de Accademia Pontaniana. Secretario real de Fernando I e de Afonso II (1494), púxose ao servizo de Carlos VIII cando entrou en Nápoles. Á retirada dos franceses, caeu en desgraza e non recuperou o cargo. A súa obra está escrita en latín e dela destacan os tratados astrolóxicos e filosóficos, diálogos ou poemas, como Lepidina, os tres libros de elexías De amore coniugali e as doce Naeniae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Aranga situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e publicista. Pasou a súa mocidade en La Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi alcalde, presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica e do Círculo de Artesáns. Fundou o Patronato da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia. Foi o terceiro presidente da Real Academia Galega (1924-1926). Escribiu, entre outras obras, Elementos de construción de carreteras y ferrocarriles (1899), De la Coruña a París. Impresiones de un viaje (1910), Educación social en sus varios aspectos de la enseñanza profesional. Cajas de previsión y cooperación en general (1910), Cultura y puericultura. Su importancia e influencia educadora de la mujer en estos problemas (1911), Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros (1915), La crisis agraria. Consideraciones generales (1916) e A través de España....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Medeiros (Monterrei). O seu cumio acada os 628 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Corvelle (Vilalba). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Colaborador de La Voz de Galicia e especializado en literatura, especialmente na obra de G. Torrente Ballester, escribiu Cuaderno de fragmentos sobre Gonzalo Torrente Ballester (1989), Renovación de la novela en el siglo XX: del 98 a la guerra civil (1992), Camilo José Cela: su arte literario (1994), Galicia en la obra narrativa de Torrente Ballester (1994), Achegamento a Torrente Ballester (1997), Pontevedra en la vida y obra de Gonzalo Torrente Ballester (2000) e a recompilación de artigos de prensa Viéndolas pasar (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Filla de actores, iniciou a súa andaina en papeis secundarios da man de directores como J. A. Bardem, J. L. Berlanga ou J. Camino. Participou nos filmes Dónde vas, Alfonso XII? (1958), Con el viento solano (1967), Fortunata y Jacinta (1969), La Regenta (1974), La Colmena (1982) e Moros y cristianos (1987). Recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1992), que compartiu con J. L. Garci, e en 1995 obtivo o Goya á mellor actriz secundaria por Canción de Cuna, de J. L. Garci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pintor, Xastre ou Negro, formou parte dos milicianos que intentaron conter a sublevación militar que iniciou a Guerra Civil. Detivérono ao finalizar o conflito e permaneceu encarcerado ata 1943. En 1945 incorporouse á guerrilla e foi elixido xefe militar da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia e iniciou unha forte actividade propagandística e de combate. Morreu nun tiroteo coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontevedra. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con dous arcos faixóns de estilo románico tardío e cuberta cunha bóveda de canón. Conserva elementos románicos en dúas portas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Cofundadora do Teatro do Antroido, participou nos espectáculos Amor e crimes de Xan Panteira (1975), de Blanco-Amor, Bailadela da morte ditosa (1980), de Euloxio Ruibal, e, co Centro Dramático Galego, en Woyzeck (1985), de G. Büchner. Ademais de desenvolver diversos proxectos para televisión desde a década de 1980, nas pantallas cinematográficas protagonizou, en 1989, un dos episodios que compoñen a longametraxe Urxa (C. A. López Piñeiro e A. García Pinal). En 1991 participou en Martes de Carnaval (Pedro Carvajal e Fernando Bauluz), en 1997 en A noiva de medianoite (Antonio F. Simón), en 2000 na curtametraxe O río ten mans (B. del Monte), en 2004 na longametraxe León y Olvido, entre 2004-2005 interpretou a Maruxa en 4º sen ascensor. No 2008 destaca o seu papel de Dorinda en Os Atlánticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vedra. Construíuse ou reedificouse no s VIII por orde de Odoario, bispo de Lugo. De estilo románico, ten planta rectangular cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No muro sur engadiuse unha capela con bóveda oxival de cinco claves, posiblemente do s XVI. No interior destacan os frescos do s XVI do arco central que representan a Anunciación. No exterior destaca a espadana con remate triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ponteareas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ponteareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ponte Caldelas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ponte Caldelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ponteceso ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Ten planta rectangular de tres naves. Na súa orixe foi de estilo gótico, do que conserva a capela maior, mandada construír por Fernando de Andrade en 1538, e que alberga o seu sepulcro (1540). Posteriormente, ampliouse outro corpo renacentista e no s XVIII reedificouse o resto da igrexa por orde do arcebispo Bertomeu Rajoy Losada, en estilo neoclásico. No interior os retablos son de estilo tardobarroco e neoclásico. No exterior destaca a fachada neoclásica con elementos barrocos, formada por tres lenzos separados por columnas, obra do mestre Alberte Ricoy (1763). Sobre a porta sitúase o escudo dos Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO