Pontedeume, Santiago de
Pontedeume, Santiago de
Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Ten planta rectangular de tres naves. Na súa orixe foi de estilo gótico, do que conserva a capela maior, mandada construír por Fernando de Andrade en 1538, e que alberga o seu sepulcro (1540). Posteriormente, ampliouse outro corpo renacentista e no s XVIII reedificouse o resto da igrexa por orde do arcebispo Bertomeu Rajoy Losada, en estilo neoclásico. No interior os retablos son de estilo tardobarroco e neoclásico. No exterior destaca a fachada neoclásica con elementos barrocos, formada por tres lenzos separados por columnas, obra do mestre Alberte Ricoy (1763). Sobre a porta sitúase o escudo dos Andrade.