"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontedeva. Datada no s XVIII, ten unha nave de tres tramos separados por arcos de medio punto e capela maior. A fachada é barroca e remata cunha espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Pontes de García Rodríguez. Datada entre os ss XVI-XVIII, ten planta rectangular e tres naves cunha sancristía engadida no lado sur. As capelas laterais cóbrense con bóveda de cruzaría e a central cunha bóveda estrelada. A fachada ten unha porta arquitrabada con ventás rectangulares e circulares, e está enmarcada baixo un frontón partido coa imaxe da Virxe. Destaca a torre-campanario (1759) formada por dous corpos e rematada nunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontevedra. É coñecida como San Bartolomeu o Novo, pois xa existiu a igrexa de San Bartolomeu o Vello, da que se conservan restos dunha portada do s XIII que se refixo nas ruínas de San Domingos. Pertenceu á Compañía de Xesús desde a súa construción entre 1696 e 1714, ata a súa expulsión en 1767. Construída en estilo barroco, ten as trazas das igrexas xesuíticas romanas. No seu interior destacan os retablos atribuídos a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino. Presenta unha fachada decorada con columnas e os escudos heráldicos de familias que axudaron economicamente para a súa construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo convento situado en Pontevedra. Foi construído polos dominicanos entre os ss XIII e XV en estilo gótico. En estado ruinoso, só se conserva a cabeceira da igrexa con cinco ábsidas poligonais e un muro lateral cunha pequena portada e rosetón. Destacan os motivos decorativos xeométricos, vexetais ou animais situados en vans, capiteis e canzorros. No s XVIII produciuse un intento fracasado de reconstruír o edificio en estilo neoclásico. No seu interior alberga a sección de arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra, con restos destacados como pezas romanas e medievais, escudos, e os sepulcros como os de Pedro Madruga, Paio Gomez, Sueiro Gomez e Tristán de Montenegro. As ruínas foron declaradas BIC en 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontevedra. Pertenceu ao antigo mosteiro franciscano do s XIII. Sen base documental, atribúese a súa fundación a san Francisco (1214), pero a primeira doazón que recibiu data de 1274, e desta época tan só conserva a fachada e o corpo do templo. O seu estilo é gótico tardío, con planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro e cabeceira con tripla ábsida. No interior destaca o sepulcro de Pai Gomez Charinho. Na fachada destaca o rosetón. A escalinata de acceso construíuse en 1853. Foi declarada BIC en 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pontevedra. Localízase no barrio de San Roque, que se corresponde coa Moureira de Abaixo, relacionado co barrio da Moureira, onde residía o Gremio de Mareantes. O primitivo templo erixiuse nas Corbaceiras, preto do porto, para protexer a cidade dos efectos mortais dos barcos infectados de peste, pois san Roque está considerado como o avogado contra a peste. En 1861 a capela trasladouse á súa actual localización. Ten planta cadrada con nave única. Destaca a torre campanario situada na portada principal e unha imaxe de san Roque situada nun lateral exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa conventual situada en Pontevedra. Construíuse no s XIV en estilo oxival no recinto extramuros xunto ao Camiño de Castela. Ten unha soa nave rematada nunha ábsida poligonal, que se reformou durante o Barroco. A capela maior ten arco de ingreso apuntado que descansa sobre tres semicolumnas, e nela destacan os retablos. O seu exterior amosa contrafortes nas esquinas. A portada gótica ten arquivoltas apuntadas sobre dous pares de columnas acobadelas, sen tímpano. Na arquivolta interior aparece o busto de Xesús Cristo Xuíz mostrando as chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontevedra. Foi edificada co patrocinio do Gremio de Mareantes. A primeira etapa de construción corresponde aos anos 1520-1540, período en que foi o seu responsable Diego Gil, que fixo a obra en estilo gótico renacentista. Continuaron a obra Cornielles de Holanda e Juan Noble, sobre todo na fachada. Posteriormente tomaron as obras Domingo Fernández, baixo dirección de Juan Pérez, e a partir de 1571 o arquitecto portugués Mateo López, que a finalizou. Ten planta basilical con tres naves de diferente altura e estilo, xa que as laterais son tardogóticas e a central ten predominio da linguaxe renacentista. Cóbrese con bóvedas de cruzaría. O retablo maior, realizado en madeira de castiñeiro e nogueira, é obra de Maximino Magariños. Destacan as capelas do Bon Xesús, da Concepción e do Corpo Santo. A fachada occidental é obra de Cornielles de Holanda e Juan Noble (1541), de estilo plateresco e con tres rúas, rosetón central e abundante decoración escultórica, da que destaca o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Kalimamantan Occidental, situada na illa de Borneo, Indonesia, nunha das bocas do río Kapuas (459.100 h [1996]). O seu porto rexistra un notable volume de exportacións de copra, caucho e madeira para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga división estratigráfica do Mioceno Superior continental. Equivale ás actuais Andalucía e Andalusiano. Constitúen o estratotipo das calcarias de Odessa (Ucraína), preto do Mar Negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Pontiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de Roma fundada polo monxe cisterciense Desiderio d’Auditorio (1543) xunto cun grupo de artistas. Os seus membros foron designados co nome de virtuosos por cultivar as belas artes por decoro e pola gloria da fe. Organizaban unha exposición anual de pintura, cunha atención especial á arte sacra. O seu estatuto data de 1947 e consta de 60 membros residentes e 60 correspondentes, entre os que se admite a mulleres, ao contrario do resto das academias pontificias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo danés. Orientouse cara ao pietismo que introduciu nas escolas danesas e norueguesas cos Comentarii ao Catecismo de Lutero (1737). Foi bispo de Mons (1747-1759). Da súa obra destaca Annales ecclesiae danicae (1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. Considerado un dos grandes representantes do naturalismo danés, nas súas primeiras obras describiu a vida popular dos habitantes do seu país. A súa triloxía Det forjaettede land (A terra prometida, 1891-1895) e a serie de oito volumes Lykke-Per (Pedro o Afortunado, 1898-1904), en que reflicte a súa insatisfacción pola educación protestante que recibiu, son algunhas das obras máis importantes da súa produción. Tamén destacan Nattevagt (Velada, 1894), en que retrata a vida da burguesía; e De Dødes Rige (O reino dos mortos, 1912-1916), en que a través dunha obra satírica amosa o seu escepticismo. Obtivo, xunto con Karl A. Gjellerup, o Premio Nobel de Literatura (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés. Coñecido co pseudónimo de Stefan Augustin Doinan, produciu unha extensa obra, da que destaca Cartea mareelor (Libro das mareas, 1964), Omuls cu compasul (O home co compás, 1966), Papirus (1974) e Hesperia (1980). Foi membro correspondente da Academia Romanesa (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Cauca, Colombia, situada ao SO do país (200.719 h [1999]). É o centro dunha rica rexión agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Gran coñecedor das literaturas inglesa, francesa, italiana e clásica, está considerado como un dos grandes poetas do s XVIII. En 1704 iniciou os seus contactos co círculo literario do dramaturgo William Wycherley. Nos seus Pastorals (1709), escribiu un prólogo titulado “Discours on Pastoral Poetry” en que se amosaba partidario dunha poesía breve e delicada, que como en Essay on Criticism (1711), facía sobresaír a relación entre arte e natureza. Esta filosofía poética plasmouna en moitas das súas composicións, desde Windsor Forest (1712) ata Collected Poems (1717). Da súa obra tamén destacan os textos satíricos The Rape of the Lock (1712-1714), The Dunciad (1728) e An Essay on Man (1733-1734).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador ruso. Nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e nos de Atlanta 1996 foi campión nas modalidades 50 e 100 m libres. Tamén nestas modalidades foi sete veces campión do mundo: en Roma (1994), en Perth (1998) e en Barcelona (2003, ademais de campión en relevos 4x100 m libres). Desde 1999 é membro do Comité Olímpico Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Estudou as ondas electromagnéticas para a transmisión de sinais a distancia. Perfeccionou o aparello de Branly e ideou a antena. Construíu un aparello para rexistrar as descargas atmosféricas, denominado indicador de tempestades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. Escribiu narracións e poesía, pero o máis destacado da súa obra está nos dramas histórico-patrióticos de inspiración romántica, como Nevinost (A inocencia, 1827). Tamén cómpre salientar as súas comedias e farsas, en que estableceu a base do moderno teatro serbio.

    VER O DETALLE DO TERMO