Pontevedra, Santa Clara de
Pontevedra, Santa Clara de
Igrexa conventual situada en Pontevedra. Construíuse no s XIV en estilo oxival no recinto extramuros xunto ao Camiño de Castela. Ten unha soa nave rematada nunha ábsida poligonal, que se reformou durante o Barroco. A capela maior ten arco de ingreso apuntado que descansa sobre tres semicolumnas, e nela destacan os retablos. O seu exterior amosa contrafortes nas esquinas. A portada gótica ten arquivoltas apuntadas sobre dous pares de columnas acobadelas, sen tímpano. Na arquivolta interior aparece o busto de Xesús Cristo Xuíz mostrando as chagas.