"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Viaxou a Viena, a Roma e a Nápoles (1710) e, protexido polo elector Augusto II de Polonia, traballou desde 1705 na Corte de Dresden, na ampliación do castelo (1705) e o Zwinger (1711-1722). Traballou tamén na residencia de verán de Pillnitz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido como Molière, dedicouse ao teatro en compañías ambulantes e fundou o Illustre Théâtre coa familia Béjart. En 1656 representou a súa primeira obra orixinal, Les precieuses ridiculez, que facía unha pintura satírica dos salóns preciosistas. Entre 1656 e 1669 fixo representar as súas comedias máis sólidas, en que a comicidade queda reducida, sobre todo, a un papel formal, e nas que predominan as ideas do moralista: L’école des femmes (1662); a primeira versión de Tartuffe (1664), en tres actos, foi inmediatamente prohibida; ao ano seguinte, tratou dun tema afín e de moda, Don Juan ou le festin de Pierre, que tivo que renunciar a representar, a causa das presións exercidas sobre os seus protectores. O desengano e o sentimento de fracaso e de impotencia fixérono escribir farsas máis lixeiras, como Le misanthrope e Le médecin malgré lui (1666). O estilo cambiou en L’avare (1668), en que o vicio denunciado...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Gujarāt, India (116.546 h [1991]). Foi capital do antigo estado homónimo e a patria de Gandhi.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen non ten hábito de aseo ou de limpeza e presenta un aspecto físico pouco coidado e aseado.
-
Que ou quen é mal falado e di porcalladas.
-
-
-
-
Arxila moi fina composta de feldespato e caolín que se diferenza da normal pola súa transparencia. Hai diversos tipos que normalmente se cocen entre 1.200 e 1.600°C. Descubriuse en China durante a dinastía Han (180 a C-80 d C), e foron momentos destacados da súa fabricación as dinastías Sui (581-617), Tang (618-906), Sung (960-1290), Ming (1368-1643) e o período K’ang-hi (1622-1722). Coñeceuse en Europa a raíz das Cruzadas, as viaxes de Marco Polo e o comercio con Oriente. O alquimista Boettcher, ao servizo de Guillerme I de Prusia, descubriu o caolín branco de Saxonia (1708), produciu porcelana e estableceu a primeira fábrica en Dresden, á que seguiron as de Berlín e Meissen. Fóra de Prusia creáronse as manufacturas de Delft, de Limoges, de Sèvres, de Capodimonte e do Buen Retiro.
-
Obxecto feito con este material.
-
-
Mestura fundida composta de caolín, cuarzo, feldespato e outros materiais, que se emprega na fabricación de dentes artificiais.
-
Molusco mariño gasterópodo prosobranquio da familia dos cipreidos, coa cuncha oviforme, coas voltas invisibles, a abertura moi estreita e falta de opérculo. Habita nos mares tropicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arxila ou lousa semivitrificada semellante á porcelana ou ao xaspe.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador holandés. Cultivou a mariña, cunha grande unidade espacial e tonal, que anunciou a escola paisaxística do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo. Monxe en Exipto, viviu en Xerusalén, onde visitaba todos os días os Santos Lugares a pesar do seu reumatismo. Repartiu a herdanza familiar entre os pobres e despois dunha visión de Xesús recuperou a saúde. Foi custodio na igrexa do Santo Sepulcro e, ordenado sacerdote, marchou a Cesarea, onde o investiron bispo de Gaza, lugar en que se impuxo aos pagáns. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir e presbítero. É o patrón de Camerino (Marcas). A súa festividade celébrase o 4 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera de G. Gershwin, sobre texto de Du Bose Heyward e Ira Gershwin, estreada en Boston en 1935. Baséase, en gran parte, en ritmos de jazz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Díaz Porlier.
-
PERSOEIRO
Compositor e mestre de canto. Foi profesor no Conservatorio di Sant’Onofrio (Napolés) e no L’Ospedaleto (Venecia). Deu leccións en Londres e Viena, onde tivo como alumno a Haydn, e creou unha escola de canto onde se formaron algunhas prime donne e castrati como Farinelli e Caffarelli. Mestre de capela do príncipe de Hesse-Darmstadt e da catedral de Nápoles, cultivou principalmente a ópera seria, como Agripina (1708), Berenice (1710), Eumene (1721) e Arianna in Nasso (1733).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Porqueira. Construída no s XVIII en estilo barroco, era unha igrexa de padroado real. Conta cunha soa nave con cruceiro, e con tres capelas, e presbiterio, todo cuberto con bóveda de canón. No seu interior destacan o retablo maior e os colaterais, obras rococó datadas en 1798. A parede da cabeceira, que non encheu o retablo, cubriuse a finais do s XVIII con pinturas murais neoclásicas que representan grandes columnas de fuste liso para dar a sensación dunha arquitectura que sostiña o taboado sobre o que se continuaría o retablo con cinco fornelas coa representación de san Martiño e dos catro doutores da Igrexa. A fachada ten catro falsas faixas, porta arquitrabada e unha espadana de dous ocos e grandes molduras.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten planta rectangular con presbiterio a maior altura. As portas de acceso son de medio punto e a principal está formada por grandes doelas. No seu interior destaca o sagrario coas virtudes teologais e as imaxes de santo André, san Brais, santo Antón e a Inmaculada. No exterior destaca unha baqueta que percorre toda a fachada. A espadana ten un corpo de arcos e frontón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sen roupa, espido.
-
PERSOEIRO
Impresor, libreiro e editor. Asociado co xenovés Guido de Lavezarus, estableceu un obradoiro tipográfico en Sevilla onde se editou Las Siete Partidas, obra do Rei Afonso X o Sabio, preparada por Alonso Díaz de Montalvo (1491). Chamado polo conde de Monterrei para facer o Missale Auriense (1494), en asociación con Gonzalo Rodrigo de la Passera, a morte do conde deixounos sen mecenas, polo que disolveron a asociación. Porras conseguiu un contrato (1495) co cabido compostelán para a edición do Missale Compostellanum (1496), pero os problemas coa institución fixeron que a edición do Breviarium Compostelanum fora encargada a outro impresor, Nicolás de Saxonia. Titulado como “impresor de Salamanca”, mantivo os seus obradoiros nesa cidade, onde editou ao redor de sesenta publicacións distintas, como o Missale Abulense (1500) e o Monuento ordinis minorum (1506), de Francisco Ledesma. Os obradoiros continuaron en mans da súa familia tras a súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club Balonmano Porriño.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Porriño. No seu terreo existiu un antigo edificio construído no s XVI baixo a advocación de san Xurxo. En 1778 tiña a advocación da Nosa Señora do O e en 1809 xa tiña a denominación de Santa María baixo a advocación da Purísima Concepción. En 1909 comezaron as obras de reedificación da nova igrexa, baixo un deseño de Manuel Felipe Quintana Ochaita, que se inaugurou en 1913. Construída en estilo neogótico, aproveitouse da antiga igrexa a fachada, na que se abriron inferiormente dúas estreitas fiestras e se substituíu a portada e a fornela por unha porta rematada nun arco apuntado que acubilla unha vidreira gótica. Substituíuse tamén a fiestra rectangular por un óculo e levantouse o corpo superior de remate en vertical. Aproveitouse o primeiro corpo da antiga torre e fíxose de novo o segundo. Ten planta de cruz latina cunha única nave, cruceiro e unha soa ábsida poligonal. Os tres tramos da nave, os laterais do cruceiro e o corpo que precede á ábsida, cóbrense...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor e tradutor. Combinou os estudos de filosofía (1940-1945) na Universidad de Bos Aires co seu traballo como corrector e redactor en diversas imprentas e editoriais. En 1954 fundou Ediciones Minotauro e ao ano seguinte editou o seu primeiro título, Crónicas marcianas, de Ray Bradbury, prologado por J. L. Borges. Director literario (1962-1972) da Editorial Sudamericana, foi o responsable das primeiras edicións dalgunhas das obras máis importantes da literatura hispanoamericana, como Rayuela (1963), de Julio Cortázar, e Cien años de soledad (1967), de G. García Márquez. Ademais, encargouse da edición de obras de autores como Clarice Lispector, Leopoldo Marechal, Álvaro Mutis e Antonio Skármeta.
VER O DETALLE DO TERMO
Entre 1972 e 1977 dedicouse sobre todo á tradución ao castelán de obras en inglés e francés. Co inicio da ditadura arxentina decidiu instalarse... -
VER O DETALLE DO TERMO
Fiorde de Noruega situado ao L de cabo Norte. Está a 123 km terra a dentro e é o máis grande do país.