Porras, Juan de
Impresor, libreiro e editor. Asociado co xenovés Guido de Lavezarus, estableceu un obradoiro tipográfico en Sevilla onde se editou Las Siete Partidas, obra do Rei Afonso X o Sabio, preparada por Alonso Díaz de Montalvo (1491). Chamado polo conde de Monterrei para facer o Missale Auriense (1494), en asociación con Gonzalo Rodrigo de la Passera, a morte do conde deixounos sen mecenas, polo que disolveron a asociación. Porras conseguiu un contrato (1495) co cabido compostelán para a edición do Missale Compostellanum (1496), pero os problemas coa institución fixeron que a edición do Breviarium Compostelanum fora encargada a outro impresor, Nicolás de Saxonia. Titulado como “impresor de Salamanca”, mantivo os seus obradoiros nesa cidade, onde editou ao redor de sesenta publicacións distintas, como o Missale Abulense (1500) e o Monuento ordinis minorum (1506), de Francisco Ledesma. Os obradoiros continuaron en mans da súa familia tras a súa morte xa que hai noticias referidas a Alfonso de Porras, editor de Salamanca en 1590.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Salamanca