"APA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cartafol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión lingüística inzada de castrapismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Asia menor que se corresponde coa actual Kayseri. Núcleo da cultura capadocia, desenvolvida no II milenio a C, converteuse en capital da Capadocia romana. O Emperador Tiberio concedeulle o nome de Cesarea en honor de Augusto. Saqueada polo Emperador sasánida Sānpūr I no s III d C, durante a centuria seguinte foi un dos principais centros cristiáns. Os turcos selxúcidas conquistárona no 1070.
-
-
Lámina de grosor uniforme de madeira, metal ou doutro material duro.
-
Carrocería dun automóbil.
-
Placa, xeralmente de metal, usada como distintivo ou adorno.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do concello de Silleda dende a súa constitución oficial o 24 de decembro de 1836 ata o 2 de maio de 1853, data na que o mudou polo actual. Tomou esta denominación porque, na súa orixe, a capital municipal era o lugar de Chapa, na parroquia homónima. Por petición do alcalde, o 9 de abril de 1838, o gobernador civil autorizou o traslado da capitalidade ao núcleo de Silleda. Isto provocou unha disputa entre veciños das distintas parroquias do municipio, que defendían os seus respectivos intereses tomando partido por unha ou outra localidade. Finalmente, o traslado da capitalidade rematou por significar tamén, quince anos despois, o cambio da denominación do concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Silleda, foi construída no s XIII polos señores de Deza. Sufriu o sitio de Berenguel de Landoira en 1320 e pasou a mans do cabido santiagués ata que os señores de Altamira a recuperaron e reclamaron o dereito de sucesión dos Deza. As Revoltas Irmandiñas deixaron pegada na fortaleza e, durante as loitas revolucionarias de 1846, o xeneral Rubín pasou a noite nela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
-
Represa feita no curso dun río da que parten as quenllas para os muíños e prados.
-
Parede construída con pedras planas postas de canto na beira dun río para que as enchentes non danen os terreos próximos.
-
Pavimento feito coas pedras colocadas de canto. OBS: Rexístrase a locución a/de chapacuña para indicar o procedemento de pavimentar algo con pedras colocadas en forma de canto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavimentar unha vía co procedemento da chapacuña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado coa palma da man.
-
-
de chapar.
-
Parte saínte do tellado que recolle a auga da chuvia e favorece a súa canalización.
-
-
LAGOS
Lago de orixe tectónica, México (1.080 km2), situado entre a meseta de Anáhuac e a cordilleira volcánica de Sierra Madre. É o máis grande do país e recibe as maiores cantidades de auga dos ríos Lerma e Grande de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mapaches da familia dos prociónidos de ata 1,5 m de lonxitude. Propio de finais do Plioceno, os seus hábitos e aspecto son semellantes ao panda xigante. Os xacementos principais están localizados en Arxentina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Materia bituminosa de cor escura, líquida ou semilíquida a temperatura ambiente, e de composición variable, que se obtén por destilación de materiais vexetais ou carbonáceos. Emprégase para calafatear embarcacións, na construción de estradas e na fabricación de colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos.
-
PERSOEIRO
Político e financeiro. Elixido deputado polo distrito de Noia co apoio da familia Gasset (1914), foi ministro de Traballo no goberno de García Prieto (1922). Durante o Bienio Negro, na crise do goberno de Lerroux por mor do asunto do estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle a formación dun novo goberno no que colaboraron a CEDA, os radicais, os agraristas e a Lliga Catalana. Ademais da presidencia do consello, reservouse a carteira de Finanzas. Foi ministro de Facenda no goberno de Portela Valladares, en febreiro de 1936, e deputado pola Fronte Popular en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gornecer ou adornar con chapas.
-
Cubrir cunha capa dun metal precioso.
-
Comer con avidez algunha cousa.
-
Atrapar algunha cousa no aire coa boca.
-
Estudiar algo de xeito memorístico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe teleósteo da orde dos perciformes. Duns 40 cm de lonxitude, presenta corpo alto e comprimido lateralmente, aletas ventrais negras, e nos lados bandas azuis e douradas. Posúe unha mancha negra moi grande na parte posterior da cabeza, dende a liña dorsal ata o ángulo do opérculo, e outra na base do pedúnculo caudal. É unha especie hermafrodita e omnívora, común no Atlántico tropical ata o Golfo de Bizkaia e no Mediterráneo; vive na zona litoral costeira sobre fondos rochosos e nos portos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño de corpo oval e comprimido que acada os 50 cm de lonxitude. Ten unha cor azulada ou parda con liñas lonxitudinais sinuosas de cor castaña, unha soa aleta dorsal e a aleta caudal escotada, cabeza deprimida por riba dos ollos e dentes pequenos e afiados agrupados na parte dianteira do fociño. É unha especie omnívora, aliméntase tanto de crustáceos como de algas, e vive no litoral rochoso galego en grupos numerosos que se localizan entre os 15 e os 20 m de profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, tres faixas de ouro, perfiladas de goles.
-
-
Chuvia moi intensa pero de curta duración, que comeza e remata subitamente, acompañada de fortes refachos de vento.
-
Lugar poboado de chaparros.
-