chapapote
chapapote
(< náhuatl chapopotl, detzauctli ‘cola de pegar’ + popochtli ‘perfume’)
s
m
[QUÍM/IND]
Materia bituminosa de cor escura, líquida ou semilíquida a temperatura ambiente, e de composición variable, que se obtén por destilación de materiais vexetais ou carbonáceos. Emprégase para calafatear embarcacións, na construción de estradas e na fabricación de colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos.