alcatrán
(< ár al-qaṭrān‘resina, brea’)
-
s
m
[QUÍM/IND]
Cada un dos materiais bituminosos, de cor escura, líquidos ou semilíquidos a temperatura ambiente e de composición variable, que se obteñen por destilación destrutiva do carbón, a madeira, a turba e outros materiais vexetais ou carbonáceos. Na súa composición interveñen diversos fenois, coñecidos como ácidos do alcatrán (fenois, cresois, xilenois, etc), diversas aminas aromáticas e heterocíclicas, coñecidas como bases do alcatrán (anilina, piridina, picolina, lutidina e quinolina) e tamén unha mestura de hidrocarburos aromáticos mononucleares e polinucleares. A destilación dos alcatráns orixina un residuo, coñecido co nome de brea. O alcatrán ten unha grande importancia na industria química, xa que constitúe a primeira materia na síntese de produtos moi diversos, como colorantes, polímeros plásticos, caucho, perfumes sintéticos, produtos farmacéuticos, tecidos sintéticos e explosivos. O alcatrán adoita recibir o nome da materia orgánica da que se obtén: alcatrán de hulla, alcatrán de lignito, alcatrán de madeira, alcatrán de ósos ou animal, etc.
-
[CONSTR]
alcatrán betume
-
[QUÍM/IND]
alcatrán de carbón
-
[QUÍM/IND]
alcatrán de piñeiro