Alcasoba

Alcasoba
[HIST/HERÁLD]

Apelido de orixe portuguesa que pasou a Galicia e que pode presentar a variante gráfica Alcazoba. As súas armas levan, en campo de azur, un castelo de prata, con tres torres. Segundo algúns investigadores, traen en campo de goles, tres veneras de ouro, postas en pao, e, arrimadas de dúas flores de lis de prata, unha a cada lado, formando cruz coas veneras.

Palabras veciñas

Alcarrás | alcarraza | Alcarria, La | Alcasoba | Alcàsser | alcatra | alcatrán