"Aman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
PERSOEIRO
Pedagogo. Rematou os seus estudos na Escuela Superior del Magisterio de Madrid en 1930, cunha formación inspirada na escola nova. Foi inspector en Pontevedra desde 1932, en 1935, foi trasladado a Zamora, ano en que viaxou a Xenebra para realizar traballos de psicoloxía e pedagoxía experimental e de psicoloxía infantil con J. Piaget e É. Claparède. Discípulo de Domingo Barnés, xunto con Peinado Altable, escribiron Psicología pedagógica. Lo subconsciente y la educación (1932) e Manual de Paidología (3 vol, 1933-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (112.992 h [2001]). Ten pequenas empresas e talleres de servizos, téxtiles e metalúrxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Fixo investigacións en xeometría diferencial, teoría de funcións, funcións elípticas, cálculo de variacións ou variables complexas. Estableceu a desigualdade que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primate antropomorfo do grupo dos catarrinos, incluído no grupo dos xibóns e caracterizado pola presenza dunha membrana interdixital ben desenvolvida entre as dedas segunda e terceira do pé. Habita en Sumatra e Malaisia.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escuela de Artes e Industrias de Madrid. Colaborou como ilustrador en diversas publicacións e libros, como Ribadeo antiguo (1931) de F. Lanza, e foi un dos creadores de Orientaciones e Ronsel. Como debuxante, as súas ilustracións caracterizáronse polo trazo fino das liñas, próximas ao expresionismo, e desde 1927 foron máis idealistas. Cultivou a paisaxe, mariñeira ou rural pero non urbana, ben de xeito illado ou formando parte dunha escena. As súas obras presentan contrastes entre zonas iluminadas e outras máis escuras. Os lenzos de comezos da década de 1930 amosan unha influencia cubista. Destacan Escena mariñeira, A renda, O crego, Caseta de tiro (1927-1930), Xogadores de xadrez (1927-1930), Tarde apracible (1954), Xogos de luz con chuvascos nas Rías Altas (1965) e Anciáns do asilo (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo talamanca.
-
Individuo do pobo talamanca.
-
Pobo amerindio de Costa Rica que vive asentado na cordilleira de Talamanca. Son agricultores e viven en pequenas cabanas de palma.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid situado na conca do Jarama (1.658 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
tamanco.
-
Persoa torpe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zoco rústico de coiro con sola de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero desdentado arborícola co fociño curto e a lingua pegañenta. É de costumes arborícolas e de vida nocturna. Aliméntase doutros insectos ademais de formigas. A área de distribución da especie comprende América Central e do Sur ata Bolivia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos mirmecofáxidos, ao que pertence o oso formigueiro denominado tamanduá.
-
-
Que é dun tamaño ou grao tan grande como aquilo con que se compara.
-
Maior ou menor volume ou dimensión que ten algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamenghest.
-
PENÍNSULAS
Península do S de Rusia que constitúe a extremidade occidental do Cáucaso, entre o Mar Negro e o mar de Azov. Está separada de Crimea polo estreito de Kerč’ (2.000 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Universidade fundada en 1218 polo rei Afonso IX coa categoría de Estudio General do seu reino, o que manifesta a diversidade do seu ensino, a súa característica non privada e a validez dos seus títulos. O verdadeiro impulso veu de Afonso X o Sabio, que lle outorgou o estatuto en 1254, coñecido como a Carta Magna del Estudio Salmantino que establece as normas de organización e dotación financeiras; e do Papa Alexandre IV cuxas bulas pontificias expedidas en 1255 confirman a fundación universitaria, recoñecen a validez universal dos graos por ela outorgados e concédenlle o privilexio de ter selo propio. Na Idade Media tivo cinco facultades oficiais: Canons, Leis, Teoloxía, Medicina e Artes-Filosofía e ensinos complementarios de Humanidades, Linguas, Matemáticas e Música. Tivo o seu maior esplendor no s XVI xa que a confluencia de Dereito, a Teoloxía tomista, as novas lóxicas e as linguas clásicas cristalizaron na chamada Escuela de Salamanca. Das súas achegas destaca a reflexión...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Universidade privada con orixe común á de Salamanca. A boa relación entre a igrexa e a Universidad de Salamanca sufriu profundos cambios cos gobernos liberais de España no s XIX que excluíron da universidade as facultades de Teoloxía e Dereito Canónico, pero en 1940 Pío XII, a petición do episcopado español, restaurou estas dúas facultades na que se chamou Universidad Pontificia de Salamanca. A Universidad Pontificia considérase así herdeira tamén da primeira universidade salmantina, real e pontificia á vez. Conta con dous campus universitarios, un en Salamanca e outro en Madrid.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (1.596 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Sevilla, Andalucía, ao SO da capital provincial (3.607 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO